Máis de 54.000 persoas presentan solicitudes para cursar FP o próximo curso, con especial demanda nos másteres e na modalidade dual intensiva
Confírmase de novo un máximo histórico de peticións que avala o interese destas ensinanzas en Galicia
O 56% dos 821 ciclos ofertados xa están completos na primeira adxudicación de prazas que se vén de resolver
As persoas adxudicatarias teñen de prazo ata o día 22 para confirmar a matrícula
Un total de 54.151 persoas veñen de presentar solicitude para cursar algunha modalidade de Formación Profesional en Galicia o vindeiro curso, o que representa un incremento do 5,24% (2.697 solicitudes máis) con respecto ao curso 2023-24. Estas cifras supoñen acadar de novo un máximo histórico que confirma o interese que espertan estas ensinanzas entre os cidadáns en Galicia, con 2.697 solicitudes máis.
Os datos recabados pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, logo da primeira adxudicación de prazas que dá dereito a matrícula, constatan unha suba xeneralizada en todas as modalidades, tanto ciclos ordinarios como FP Dual Intensiva, FP Básica, FP a distancia ou másteres e especializacións. Os incrementos máis acusados concéntranse nos másteres de FP, que medran preto dun 60% (1.050 solicitudes recibidas) e nos ciclos de FP Dual Intensiva (a nova denominación da antiga FP Dual), cun crecemento do 20,49% de solicitudes ata acadar as 3.376. Destaca tamén o crecemento de peticións na modalidade semipresencial e a distancia, cun 13,43% máis (14.486 en total recibidas).
Dos 821 ciclos totais ofertados en réxime ordinario xa están completos 457 (o 55,66%), mentres que en outros 364 quedan prazas vacantes. No caso dos ciclos de grao medio esgotaron prazas un total de 208 ciclos (51,49%) mentres que outros 196 aínda dispoñen de prazas. En grao superior, 249 (55,66%) cubriron prazas mentres que outros 364 aínda dispoñen de vacantes para as sucesivas adxudicacións.
Réxime ordinario |
Grao Medio |
Grao Superior |
TOTAL |
---|---|---|---|
Ciclos completos |
208 (51,49%) |
249 (59,71%) |
457 (55,66%) |
Ciclos con vacantes |
196 (48,51%) |
168 (40,29%) |
364 (44,34%) |
TOTAL |
404 |
417 |
821 |
Reparto por provincias
|
Grao Medio |
Grao Superior |
Total |
||
---|---|---|---|---|---|
PROVINCIA |
Ciclos completos |
Ciclos con vacantes |
Ciclos completos |
Ciclos con vacantes |
|
A Coruña |
89 |
68 |
120 |
55 |
332 |
Lugo |
14 |
43 |
17 |
36 |
110 |
Ourense |
18 |
26 |
18 |
20 |
82 |
Pontevedra |
87 |
59 |
94 |
57 |
297 |
TOTAL |
208 (51,49%) |
196 (48,51%) |
249 (59,71%) |
168 (40,29%) |
821 |
Cómpre ter en conta que cada persoa pode presentar solicitude ata en catro prazas en ciclos ordinarios, FP Básica e másteres. No réxime de persoas adultas, tanto presencial como a distancia, pode haber ata catro peticións por centro e ciclo con ata 10 módulos cada unha.
Familias máis demandadas
Entre os ciclos máis demandados atópanse os da familia de Sanidade, onde o cen por cen das prazas xa foron cubertas nesta primeira adxudicación, de Actividades físicas e deportivas, Imaxe e son e Téxtil, confección e pel.
Matrícula
Desde hoxe ata o 22 xullo ás 13,00 horas o alumnado deberá confirmar ou renunciar a praza adxudicada, xa que de non facelo quedará excluído do procedemento. Froito desta posibles renuncias, é posible que ciclos que neste momento figuran como completos, a partir do día 22 pasen a dispoñer de prazas dispoñibles, aínda que a maioría dispoñe de persoas en listaxe de agarda.
Do 24 ao 31 de xullo terá lugar a segunda fase de adxudicación e matriculación, que seguirá un proceso similar. Unha vez concluída a terceira fase xa en setembro, haberá unha adxudicación continuada por chamamentos individualizados.