Skip to Content

Portal Educación Xunta

Distribuir contido
Actualizado: hace 10 horas 4 min

A Xunta licita por máis de 1,1 M€ a terceira fase da rehabilitación integral do colexio CEIP Froebel de Pontevedra

Xov, 15/02/2024 - 12:30

Summary: 

Cúmprense así os prazos previstos e, para axilizar os trámites, solicitouse xa ao Concello de Pontevedra a licenza de obra

O xefe territorial da Consellería de Educación en Pontevedra, César Pérez, desprázase ao centro para informar a comunidade educativa da licitación

O proxecto inclúe a renovación de case 1.500m² de cubertas, a mellora do illamento térmico e a instalación de novos falsos teitos, luminarias, alicatado e portas

A maiores, renóvanse as instalacións de electricidade, fontanería, calefacción e protección contra incendios en toda a área de actuación desta terceira fase

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia acaba de licitar a terceira fase da rehabilitación integral do Colexio CEIP Froebel, cumprindo os prazos previstos e unha vez completados todos os trámites administrativos. O orzamento de licitación ascende a 1.170.948,58€ e o prazo de execución das obras é de seis meses. Para axilizar os trámites e a obra, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades remitiu xa ao Concello de Pontevedra o proxecto básico e de execución para que se tramite e conceda a licenza de obras no prazo máis breve posible.

Con motivo desta licitación, o xefe territorial da consellería de Cultura, Educación FP e Universidades na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares, desprázase hoxe ao centro para informar á comunidade educativa sobre a licitación e os detalles do proxecto, que xa foran avanzados polo conselleiro, Román Rodríguez, ao director do centro nunha xuntanza mantida o pasado mes de decembro.

Melloras en cubertas e aulario

O programa de necesidades inclúe tanto as necesidades iniciais detectadas pola Unidade Técnica como melloras suxeridas polo propio centro e ocúpase da parte do colexio que aínda non foi reformado, que se corresponde coa parte do volume central que dá á rúa Xeral Martitegui, incluíndo as aulas de Primaria e a zona cuberta do patio central, así como o distribuidor que rodea todo o patio central.

Deste xeito, o proxecto contempla a renovación das cubertas que aínda non foron mudadas, cunha superficie total de case 1.500m², unha actuación que se completará co reforzo estrutural das cerchas e a renovación dos correspondentes canlóns e baixantes. Incorporarase, ademais, illamento térmico nas novas cubertas, de xeito que se reduzan as perdas de calor e colocarase un pararraios.

Así mesmo, colocarase trasdosado de xeso interiores en fachadas exteriores para incrementar o illamento térmico e melloraranse os acabados interiores, co cambio de falsos teitos, alicatados, luminarias e portas, tanto en zonas comúns como en aulas. No que atinxe aos aseos, acometerase a remodelación dos situados na torre central.

A maiores, renovaranse as instalacións de electricidade, fontanería, calefacción e protección contra incendios en toda a área de actuación desta terceira fase.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas Xunta

Cursos AFD. Convocatoria 2024

Xov, 15/02/2024 - 11:04
Idioma Gallego

Información da oferta de accións formativas do Plan Formativo para o emprego (cursos AFD), dos lugares e condicións para a súa realización unha vez establecido o Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para a coordinación das ofertas de formación profesional nos centros que impartan ensinanzas de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, infórmase da oferta de cursos AFD, dos lugares e condicións para a súa realización.

Máis información.

Tema: 

Información xeral Cursos

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación Profesional

Colectivo: 

Alumnado
Categorías: Novas Xunta

Resolución provisional de adxudicación e de persoas excluídas do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas dependentes desta consellería

Xov, 15/02/2024 - 10:03
Idioma Gallego

Xúntanse as Resolucións do 14 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados específico entre o persoal docente funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres e do corpo de catedráticos de ensino secundario, funcionario de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional ou renuncia á participación obrigatoriamente por medios electrónicos mediante os trámites activados para estes efectos na Carpeta cidadá no prazo comprendido entre o día 16 de febreiro ata o 29 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

  • Para formular RECLAMACIÓNS deberá proceder do seguinte xeito:

a) para reclamar ao baremo provisional

Nota: Cómpre revisar previamente as puntuacións outorgadas que se refliten na lapela de baremo da súa solicitude presentada no enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/cxt/

1.-Unha vez feita esta comprobación, acceder a www.edu.xunta.gal/cxt

2.-Na opción Participación do menú poderá ver a súa solicitude validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna Prazo reclamación resolución provisional e abrirase unha nova xanela.

3.-Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións.

4.-Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".

5.- Na ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar e descargar o informe coa reclamación no buzón de informes.

6.-Unha vez descargado e gardado o informe pdf de reclamación, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso de traslados específico de adultos (PR004A) do ano 2023 e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións”.

7.-Cubra o formulario de “Alegacións” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Reclamacións xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.

IMPORTANTE: Consigne no apartado de ASUNTO RELACIONADO: RECLAMACIÓN AO CONCURSO DE ADULTOS (PRIMARIA ou SECUNDARIA segundo corresponda)

8.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa reclamación premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a reclamación como o recibo de presentación desta.

 

b) para reclamar á exclusión provisional

Deberá reclamar accedendo directamente á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/), localizando o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso de traslados específico de adultos (PR004A) do ano 2023, premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións” de conformidade cos pasos descritos no punto anterior.

IMPORTANTE: Consigne no apartado de ASUNTO RELACIONADO: RECLAMACIÓN Á EXCLUSIÓN DO CONCURSO DE ADULTOS (PRIMARIA ou SECUNDARIA segundo corresponda)

  • Para formular RENUNCIA deberá proceder do seguinte xeito:

1.-Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt

2.-Opción "Participación" do menú, na parte inferior da páxina está a opción de Renuncia ao concurso.

3.-Marcar o recadro Renuncia ao concurso no corpo de participación e premer no botón "Renunciar".

4.-Descargar o documento PDF que está ao lado do recadro que acaba de marcar.

5.-Unha vez descargado e gardado o informe pdf de renuncia, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso de traslados específico de adultos (PR004A) do ano 2023 e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Renuncia”.

6.-Cubra o formulario de “Renuncia” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Renuncia xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.

IMPORTANTE: Consigne no apartado de ASUNTO RELACIONADO: RENUNCIA AO CONCURSO DE ADULTOS (PRIMARIA ou SECUNDARIA segundo corresponda)

7.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa renuncia premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa renuncia estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a renuncia como o recibo de presentación desta.

 

Anuncio principal: 

Concurso de traslados específico, entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos PES e mestres, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas

Servizo relacionado: 

CXT

Tema: 

Concurso de traslados

Ensinanza: 

Educación de persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Resolución provisional de adxudicación e de persoas excluídas do concurso de traslados entre persoal funcionario docente non universitario

Xov, 15/02/2024 - 09:30
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 14 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A).

O persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional ou renuncia á participación obrigatoriamente por medios electrónicos mediante os trámites activados para estes efectos na Carpeta cidadá no prazo comprendido entre o día 16 de febreiro ata o 29 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

  • Para formular RECLAMACIÓNS deberá proceder do seguinte xeito:

a) para reclamar ao baremo provisional

Nota: Cómpre revisar previamente as puntuacións outorgadas que se refliten na lapela de baremo da súa solicitude presentada no enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/cxt/

1.-Unha vez feita esta comprobación, acceder a www.edu.xunta.gal/cxt

2.-Na opción Participación do menú poderá ver a súa solicitude validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna Prazo reclamación resolución provisional e abrirase unha nova xanela.

3.-Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións.

4.-Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".

5.- Na ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar e descargar o informe coa reclamación no buzón de informes.

6.-Unha vez descargado e gardado o informe pdf de reclamación, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) do ano 2023 e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións”.

7.-Cubra o formulario de “Alegacións” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Reclamacións xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.

8.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa reclamación premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a reclamación como o recibo de presentación desta.

 

b) para reclamar á exclusión provisional

Deberá reclamar accedendo directamente á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/), localizando o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) do ano 2023, premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións” de conformidade cos pasos descritos no punto anterior.

  • Para formular RENUNCIA deberá proceder do seguinte xeito:

1.-Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt

2.-Opción "Participación" do menú, na parte inferior da páxina está a opción de Renuncia ao concurso.

3.-Marcar o recadro Renuncia ao concurso no corpo de participación e premer no botón "Renunciar".

4.-Descargar o documento PDF que está ao lado do recadro que acaba de marcar.

5.-Unha vez descargado e gardado o informe pdf de renuncia, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) do ano 2023 e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Renuncia”.

6.-Cubra o formulario de “Renuncia” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Renuncia xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.

7.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa renuncia premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa renuncia estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a renuncia como o recibo de presentación desta.

 

Anuncio principal: 

Concurso xeral de traslados dos corpos de persoal docente non universitario dependente da Consellería competente en materia de educación 2023

Servizo relacionado: 

CXT

Tema: 

Concurso de traslados

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Resolución provisional de adxudicación e de persoas excluídas do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación

Xov, 15/02/2024 - 09:11
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 14 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (código de procedemento ED013A).

 

O persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional ou renuncia á participación obrigatoriamente por medios electrónicos mediante os trámites activados para estes efectos na Carpeta cidadá no prazo comprendido entre o día 16 de febreiro ata o 29 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

  • Para formular RECLAMACIÓNS deberá proceder do seguinte xeito:

a) para reclamar ao baremo provisional

Nota: Cómpre revisar previamente as puntuacións outorgadas que se refliten na lapela de baremo da súa instancia presentada no enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/cxt/

1.-Unha vez feita esta comprobación, acceder a www.edu.xunta.gal/cxt

2.-Escolla o concurso de orientación e na opción Participación do menú poderá ver a súa solicitude validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna Prazo reclamación resolución provisional e abrirase unha nova xanela.

3.-Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións.

4.-Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".

5.- Na ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar e descargar o informe coa reclamación no buzón de informes.

6.-Unha vez descargado e gardado o informe pdf de reclamación, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED013A) do ano 2023 e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións”.

7.-Cubra o formulario de “Alegacións” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Reclamacións xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.

8.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa reclamación premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a reclamación como o recibo de presentación desta.

b) para reclamar á exclusión provisional

Deberá reclamar accedendo directamente á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/), localizando o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso específico de Orientación (ED013A) do ano 2023, premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións” de conformidade cos pasos descritos no punto anterior.

  • Para formular RENUNCIA deberá proceder do seguinte xeito:

1.-Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt

2.-Opción "Participación" do menú, na parte inferior da páxina está a opción de Renuncia ao concurso.

3.-Marcar o recadro Renuncia ao concurso no corpo de participación e premer no botón "Renunciar".

4.-Descargar o documento PDF que está ao lado do recadro que acaba de marcar.

5.-Unha vez descargado e gardado o informe pdf de renuncia, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso específico de Orientación (ED013A) do ano 2023 e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Renuncia”.

6.-Cubra o formulario de “Renuncia” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Renuncia xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.

7.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa renuncia premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa renuncia estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a renuncia como o recibo de presentación desta.

 

Anuncio principal: 

Concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial

Servizo relacionado: 

CXT

Tema: 

Concurso de traslados

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Educación infantil Educación primaria

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Composición do tribunal. Convocatoria 2024

Mér, 14/02/2024 - 13:27
Idioma Gallego

Publicada a Resolución do 6 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se nomea e se fai pública o composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2024.

Tema: 

Escolarización

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación Profesional

Colectivo: 

Alumnado
Categorías: Novas Xunta

A Xunta abre o prazo para inscribirse nas oposicións de educación con 1.743 prazas ata o 6 de marzo

Mér, 14/02/2024 - 12:30

Summary: 

O prazo de presentación de solicitudes, que deberá facerse por medios electrónicos, está aberto desde mañá, 15 de febreiro

As probas desenvolveranse a partir do 22 de xuño en diferentes localidades, que se concretarán nas vindeiras semanas

Os requirimentos de titulación para cada un dos corpos, a documentación necesaria, o baremo e todo o procedemento relativo á presentación de solicitudes e posterior desenvolvemento do proceso pode consultarse nas bases da convocatoria

Idioma Gallego

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das oposicións de educación para este ano 2024, cuxas probas se desenvolverán a partir do 22 de xuño, e que contan con 1.743 prazas.

A convocatoria das oposicións de educación para este ano 2024, cuxas probas se desenvolverán a partir do 22 de xuño, e que contan con 1.743 prazas.

As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia. Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365. Así mesmo, deberá procederse ao pagamento da taxa vixente no momento da presentación electrónica da solicitude. O prazo está aberto ata o 6 de marzo. 

Como é habitual, o persoal interino e substituto, que presta servizos no ensino público galego, deberá participar no procedemento selectivo, sempre que se convoquen prazas da súa especialidade, para manter os seus dereitos nas listas.

As probas desenvolveranse a partir do 22 de xuño en diferentes localidades, que se concretarán nas vindeiras semanas e que se publicarán no Portal Educativo. Os requirimentos de titulación para cada un dos corpos, a documentación necesaria, o baremo e todo o procedemento relativo á presentación de solicitudes e posterior desenvolvemento do proceso pode consultarse na convocatoria.

Estabilidade e carreira docente

O obxectivo é consolidar a estabilidade do que é o piar do sistema educativo público, os docentes. Das 1.743 prazas, un total de 1.512, o 86%, son de novo ingreso. Delas, 520 son para o corpo de mestres, 875 para o de profesores de ensino secundario, 84 do novo corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP e 33 de escolas oficiais de idiomas. 

A maiores, as oposicións permiten ao profesorado avanzar na súa carreira docente. Deste xeito, as 231 prazas restante son para que funcionarios docentes poidan acceder ao corpo de profesores de ensino secundario (220) ou ao de inspectores de educación (11).

A distribución das prazas por especialidades é a reflectida nas seguintes táboas:

Corpo de mestres

520 prazas, oito especialidades

Especialidades

Prazas

Educación Infantil

50

Lingua Estranxeira: Inglés

65

Lingua Estranxeira: Francés

50

Educación Física

40

Música

20

Pedagoxía Terapéutica

110

Audición e Linguaxe

80

Educación Primaria

105

Corpo de profesores de ensino secundario

875 prazas, 34 especialidades

Especialidades

Prazas

Filosofía

24

Latín

10

Lingua Castelá e Literatura

36

Xeografía e Historia

29

Matemáticas

24

Física e Química

20

Bioloxía e Xeoloxía

10

Debuxo

15

Francés

10

Inglés

80

 Música

10

Educación Física

46

Orientación Educativa

21

Tecnoloxía

60

Lingua Galega e Literatura

80

Economía

22

Administracións de Empresas

15

Formación e Orientación Laboral

20

Informática

50

Intervención sociocomunitaria

22

Organización e Xestión Comercial

17

Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos

19

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

20

Procesos de produción agraria

11

Sistemas Electrotécnicos e Automáticos

16

Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos

10

Instalacións electrotécnicas

18

Operacións e equipamentos de produción agraria

10

Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico

13

Procedementos sanitarios e asistenciais

18

Procesos comerciais

11

Procesos de xestión administrativa

25

Sistemas e aplicacións informáticas

65

Equipos electrónicos

18

Corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP

84 prazas en cinco especialidades

Especialidades

Prazas

Cociña e pastelería

10

Fabricación e instalación de carpintería e moble

11

Mantemento de vehículos

25

Mecanizado e mantemento de máquinas

28

Soldadura

10

 

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

33 prazas en tres especialidades

Especialidades

Prazas

Francés

9

Galego

7

Inglés

13

Portugués

4

Acceso ao corpo de Inspectores de Educación

Especialidade

Prazas

Inspección Educativa

11

Acceso do Subgrupo A2 ao Subgrupo A1 ao corpo de profesores de ensino secundario

220 prazas en 34 especialidades

Especialidades

Prazas

Filosofía

6

Latín

2

Lingua Castelá e Literatura

9

Xeografía e Historia

7

Matemáticas

6

Física e Química

5

Bioloxía e Xeoloxía

2

Debuxo

4

Francés

2

Inglés

20

Música

2

Educación Física

12

Orientación Educativa

5

Tecnoloxía

15

Lingua Galega e Literatura

20

Economía

6

Administracións de Empresas

4

Formación e Orientación Laboral

5

Informática

13

 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas Xunta

Publicación da Orde do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de corpos de persoal docente non universitario (ED001A)

Mér, 14/02/2024 - 09:05
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

  • O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 15 de febreiro de 2024 ata o día 6 de marzo de 2024, ambos incluídos.

A presentación da solicitude deberá ser obrigatoriamente por medios electrónicos mediante o procedemento normalizado ED001A. Nesta convocatoria o pago da taxa deberá realizarse na sede electrónica con anterioridade á presentación telemática da solicitude (máis información en https://www.edu.xunta.gal/oposicions/).

 

File: 

Orde do 31 de xaneiro de 2024 (DOG)

Servizo relacionado: 

Oposicións

Tema: 

Programas e plans Oposicións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas Xunta

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de PES (590)

Mar, 13/02/2024 - 15:55
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 13 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590)(Código de procedemento ED003A).

 

  • As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
  • Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
  • Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas.

 

Anuncio principal: 

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A)

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas Xunta

A Xunta convoca 648 prazas de estadías lingüísticas de verán no estranxeiro para o alumnado de Bacharelato

Mar, 13/02/2024 - 15:08

Summary: 

O Diario oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria, que ten como obxectivo que os estudantes galegos melloren as súas competencias idiomáticas

Poderán facerse en Canadá, Reino Unido, Francia, Portugal e Alemaña, en réxime residencial ou familiar, e o prazo de solicitude estará aberto ata o 12 de marzo

O Goberno galego destina preto de 2M€ a esta actividade, de tal xeito que se subvenciona ata o 92% da mesma

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia vén de convocar un total de 648 prazas dirixidas ao alumnado de Bacharelato para realizar durante este verán estadías lingüísticas no estranxeiro co fin de mellorar as súas competencias nos idiomas inglés, francés, portugués e alemán, tal e como pode consultarse no Diario Oficial de Galicia.

O alumnado que resulte seleccionado disporá de tres semanas en réxime residencial ou familiar en Reino Unido, Francia, Portugal, Canadá e Alemaña no período estival, entre xullo e agosto. A relación de prazas é a reflectida na seguinte táboa:

 

 

Curso

Modalidade

Prazas

2º Bacharelato

Inglés en Canadá

90

2º Bacharelato

Inglés no Reino Unido

120

2º Bacharelato

Francés en Francia

20

2º Bacharelato

Portugués en Portugal

3

2º Bacharelato

Alemán en Alemaña

5

1º Bacharelato

Inglés en Canadá

140

1º Bacharelato

Inglés no Reino Unido

219

1º Bacharelato

Francés en Francia

40

1º Bacharelato

Portugués en Portugal

3

1º Bacharelato

Alemán en Alemaña

5

 

O Goberno galego destina preto de 2M€ a esta actividade, de tal xeito que se subvenciona entre o 92% e o 62% do custo das estancias dos estudantes en Canadá, Reino Unido, Francia, Portugal e Alemaña. Con cargo a esta partida, a Xunta sufraga parte dos gastos de contratación dos monitores que acompañan a cada grupo, mantemento e aloxamento, traslados para actividades, docencia e material escolar, actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos, seguros de accidentes e certificado de realización do curso.

O prazo para tramitar as solicitudes permanecerá aberto ata o 12 de marzo, e poderán formalizarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Requisitos e baremación

Para obter as bolsas os candidatos terán que estar cursando, no réxime xeral, 1º ou 2º de Bacharelato, en centros de Galicia sostidos con fondos públicos, durante o curso 2023-2024; ter acadado unha nota mínima na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía de 6 no curso 2022/23, así como ter superadas todas as materias nese mesmo ano académico.

Os criterios para o baremo, puntuación e determinación das achegas familiares serán a nota media do expediente académico no curso 2022/23 (ata dez puntos) e a renda per cápita da unidade familiar (ata 20 puntos). Ademais, terase en conta o feito de pertencer a unha familia numerosa (dous puntos), contar cun membro cunha discapacidade igual ou superior ao 33% ou pensionista de grande invalidez (dous puntos), ou non ter sido beneficiario dunha axuda destas características na convocatoria do ano pasado (un punto).

Contacto idiomático e cultural

O propósito desta iniciativa, enmarcada na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras Edulingüe 2030, non é só que o alumnado asistente aprenda un idioma estranxeiro, senón tamén entrar en contacto con outras linguas, persoas, culturas e realidades nun contexto de inmersión ou integración nun país estranxeiro. Deste modo, favorécese o acceso a un mercado laboral cambiante e contribúese de xeito moi significativo ao desenvolvemento académico e persoal do alumnado.

O coñecemento dun idioma estranxeiro converteuse nun dos obxectivos básicos do sistema educativo, porque contribúe, por unha banda, á formación integral do alumnado e, por outro, porque é un valioso medio para o achegamento aos diferentes ambientes culturais-sociais. A estadía no país correspondente é un complemento perfecto ao estudo realizado durante o curso académico.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas Xunta

Corrección de erros da Orde do 27 de decembro de 2023. Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, para 2024

Mar, 13/02/2024 - 12:17
Idioma Gallego

Xúntase a CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 27 de decembro de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2024 (códigos de procedemento ED431C, IN607A, ED431B, IN607B, ED431F e IN607D).

 

Anuncio principal: 

Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para o 2024

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Universidade

Departamento: 

Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación

Colectivo: 

Alumnado
Categorías: Novas Xunta

Convocatoria para a solicitude de RENOVACIÓN das persoas auxiliares de conversa para o curso 2024/2025. Centros públicos

Mar, 13/02/2024 - 11:07
Idioma Gallego

Información en galego, castelán e inglés relativa ao proceso de renovación no Programa de Auxiliares de Conversa en Galicia. Contén ligazóns á plataforma de solicitude e á información.

Estas instrucións van dirixidas ás persoas participantes no programa de auxiliares de conversa durante o curso 2023/2024 que desexen solicitar a renovación no programa durante o curso 2024/2025.

A ter en conta:

  • Non é posible participar no programa de auxiliares de conversa en Galicia máis de tres cursos escolares consecutivos.

  • É obrigatorio realizar a formación didáctica específica para persoas auxiliares de conversa.

  • Prazo de solicitudes: desde o 12 de febreiro de 2024 ata o 5 de abril de 2024.

 

File: 

Información da convocatoria (galego, castelán e inglés) Informes de centros

Tema: 

Lingua estranxeira Programas e plans Auxiliares de conversa

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas Educativos

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín Linguas estranxeiras
Categorías: Novas Xunta

Convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso 2024/2025. Solicitude de NOVAS persoas candidatas

Mar, 13/02/2024 - 10:57
Idioma Gallego

Desde o 12 de febreiro de 2024 ata o 5 de abril de 2024, o Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes abre a convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso escolar 2024/2025.

Convócanse prazas de Auxiliares de Conversa de lingua alemá, chinesa, francesa, inglesa, italiana e portuguesa.

Axudas dirixidas a persoas graduadas e estudantes universitarias, como mínimo de segundo curso (ao peche da convocatoria), dos seguintes países:

Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria (inglés), Canadá (francés ou inglés), China (inglés ou chinés), Costa de Marfil (francés), Dinamarca (inglés), Estados Unidos, Filipinas (inglés), Finlandia (inglés), Francia, Hungría (inglés), Irlanda, India (inglés), Italia, Luxemburgo (inglés), Malta, Marrocos (francés), Noruega (inglés), Nova Zelandia, Países Baixos (inglés), Países de Oceanía (Fixi, Illas Salomón, Tonga e Vanuatu), Polonia (inglés), Portugal, Reino Unido, República Checa (inglés), Singapur (inglés), Suecia (inglés), Suíza (alemán ou francés) e Túnez (francés).
 

Ligazón á convocatoria:

https://www.educacionyfp.gob.es/eu/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/99/998188/ficha/998188-2024.html

 

Información:

  • Persoas candidatas de Alemaña, Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria, Costa de Marfil, Dinamarca, Finlandia, Francia, Hungría, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Malta, Marrocos, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Suecia, Suíza e Túnez: auxiliares.conv@educacion.gob.es.

  • Persoas candidatas de Australia, Canadá, China, EEUU, Filipinas, India, Nova Zelandia, Países oceánicos e Singapur: auxiliares.extra@educacion.gob.es.

  • Apoio ás consultas de tipo informático da aplicación Profex 2.0: profex.soporte@educacion.gob.es.

 

Tema: 

Lingua estranxeira Programas e plans Auxiliares de conversa

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Entidades nacionais

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín Linguas estranxeiras
Categorías: Novas Xunta

Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva

Lun, 12/02/2024 - 15:52
Idioma Gallego

Publicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa en centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 12/02/2024).

A solicitude destas axudas iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

 

File: 

Orde do 29 de xaneiro de 2024 (DOG) Extracto da Orde do 29 de xaneiro de 2024 (DOG)

Tema: 

Bolsas Lingua estranxeira Programas e plans Axudasle

Ensinanza: 

Bacharelato

Departamento: 

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Alumnado Familias Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas Xunta

Resolución definitiva do 9 de febreiro de 2024 pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para participar na 2º convocatoria do curso 2023/24 no programa educativo "Que non te líen, ti elixes"

Lun, 12/02/2024 - 15:43
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución definitiva do 9 de febreiro de 2024 pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para participar na 2º convocatoria do curso 2023/24 no programa educativo "Que non te líen, ti elixes".

 

Anuncio principal: 

Convocatoria do programa educativo “Que non te líen, ti elixes”

Tema: 

Programas e plans

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia

Colectivo: 

Alumnado Centros
Categorías: Novas Xunta

Xunta e Concello de Ferrol acordan unha folla de ruta para a mellora das instalacións deportivas en dez colexios da cidade

Lun, 12/02/2024 - 13:17

Summary: 

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o alcalde, José Manuel Rey, subscriben un acordo de colaboración administrativa

A Consellería destinará 500.000 euros a financiar a metade do custo das actuacións

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol acordan unha folla de ruta para a mellora das instalacións deportivas de dez colexios da cidade, tal e como queda reflectido no acordo de colaboración administrativa asinado hoxe entre o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o alcalde, José Manuel Rey Varela.

Así pois, ao abeiro deste acordo, está previsto que se leven a cabo intervencións de mellora nos colexios CEIP de Pazos, CEIP Plurilingüe A Laxe, CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira, CEIP Almirante Juan de Lángara y Huarte, CEIP Cruceiro de Canido, CEIP Plurilingüe Ángela Ruiz Robles, CEIP de Ponzos, CEIP de Esteiro, CEIP Isaac Peral e CEIP Ledicia.

No caso da Xunta de Galicia, a Consellería achegará un total de 500.000 euros a financiar a metade do custo das actuacións. Pola súa banda, o Concello de Ferrol encargarase de redactar e aprobar os proxectos de obra e tramitar os permisos, licenzas e autorizacións pertinentes para levalas a cabo. Ademais, unha vez realizadas, tamén se encargará do mantemento e conservación das infraestruturas obxecto deste acordo.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas Xunta

A Xunta convoca as axudas para que os universitarios melloren as súas competencias en linguas estranxeiras con estadías no estranxeiro no verán

Lun, 12/02/2024 - 13:15

Summary: 

A dotación económica asignada a cada beneficiario será de 1.200€ para estadías realizadas en países de Europa e de 1.500€ para estadías no resto do mundo

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de marzo

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia ten aberta  a convocatoria das axudas para que o alumnado das universidades públicas galegas realicen estadías noutros países durante o verán de 2024, tal e como pode consultarse no Diario Oficial de Galicia. O obxectivo é que os estudantes melloren as súas competencias en linguas estranxeiras e, como consecuencia, a súa cualificación.

As persoas solicitantes deberán acreditar que van realizar un curso de idiomas presencialmente no período comprendido entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2024, ambos inclusive, cun mínimo de 45 horas lectivas. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co oficial do país elixido e ser diferente do español.

O orzamento total da convocatoria é de 228.000€ e a dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será de 1.200€ para estadías realizadas en países de Europa e de 1.500€ para estadías no resto do mundo.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de marzo e deberán facerse obrigatoriamente por medios telemáticos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

As persoas solicitantes deben estar matriculadas no curso 2023/24 en como mínimo 50 créditos (excluídos os recoñecidos, convalidados ou adaptados) de estudos de grao nas universidades públicas galegas. Ademais, deben ter superado 60 créditos a data do 30 de setembro de 2023, excluídos tamén, os recoñecidos, convalidados ou adaptados.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas Xunta

A Xunta abre a convocatoria do Plan Eduemprende para fomentar estas habilidades entre o alumnado e facilitarlles a transición ao mundo laboral

Dom, 11/02/2024 - 13:26

Summary: 

Dividido en tres liñas de actuación e 12 programas, diríxese ao alumnado das diferentes etapas educativas

Organízanse actividades prácticas como visitas a empresas e centros tecnolóxicos, concursos de ideas, iniciativas de mentorización ou relatorios

Os centros poden presentar as súas solicitudes ata o 21 de febreiro

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia vén de publicar a convocatoria de programas do Plan de Emprendemento do Sistema Educativo de Galicia, Eduemprende, que ten como obxectivo principal promover a cultura do emprendemento entre o alumnado, proporcionándolles ferramentas que permitan avanzar neste sentido e facilitarlles a transición da vida académica á laboral

Os distintos programas do Plan Eduemprende están dirixidos a alumnado de diferentes ensinanzas, etapas e niveis educativos, co obxectivo de traballar e potenciar as súas habilidades emprendedoras. Para isto, establécense unha serie de programas de carácter práctico, como visitas a empresas e centros tecnolóxicos, relatorios, formacións, concursos de ideas, actividades de orientación e mentorización, etc.

Unha ducia de iniciativas

O plan divídese en tres liñas de actuación, cunha ducia de programas. A primeira delas, de fomento da cultura emprendedora, busca motivar ao alumnado para desenvolver habilidades como a creatividade, a innovación e a iniciativa para xerar ideas e proxectos. Nela enmárcanse os programas Actúa, Eduinspira e Eduindustria.

A segunda liña de actuación, de desenvolvemento de habilidades empresariais, céntrase en ensinar conceptos fundamentais de negocios, xestión, márketing, finanzas e outras áreas clave para emprender con éxito. Desenvólvese a través dos programas Finanzas para mortais, Grand Prix Financeiro, Prepárate para o salto, Seguramente, A tola aventura do aforro e Simula.

Finalmente, a terceira liña está centrada na conexión co mundo empresarial e busca establecer vínculos co mundo empresarial, ofrecendo oportunidades de mentorización e colaboracións con empresas para brindar ao alumnado unha visión máis realista e práctica da contorna empresarial. Forman parte dela os programas Atrévete, EduTecEmprende e Mentoring FP.

Os centros poden consultar o detalle de cada un dos programas no anexo da convocatoria.

A través destas iniciativas sensibilízase á comunidade educativa sobre a importancia de fomentar unha cultura emprendedora dinámica e fomentar o seu desenvolvemento, integrando estes valores nos centros. Desta forma incúlcase esta mentalidade e habilidades ao alumnado, facilitando a súa transición desde a contorna educativa cara ao ámbito laboral, preparándoo para a súa inserción profesional.

Ademais, resáltase e valórase a contribución das persoas emprendedoras en Galicia e divúlganse as boas prácticas e iniciativas neste sentido. Así mesmo, recoñécese a importancia crucial da innovación e a creatividade no proceso emprendedor.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 21 de febreiro de 2024. Os centros interesados deberán presentala na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do formulario correspondente.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas Xunta

Román Rodríguez anima a gozar do primeiro Entroido declarado como ben de interese cultural

Ven, 09/02/2024 - 18:48
Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asistiu hoxe ás actividades escolares do Entroido en Xinzo de Limia que nesta edición, debido ás condicións climatolóxicas, desenvolvéronse no Colexio CEIP Carlos Casares da localidade.

O representante da Xunta animou aos escolares a gozar ao máximo destes días de lecer cunha celebración da que salientou que é “unha das maiores riquezas culturais que temos en Galicia”. Non en balde, o Goberno galego vén de iniciar a tramitación desta esta tradición como Ben de Interese Cultural (BIC).

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas Xunta

A Xunta salienta a diversificada oferta de FP do instituto Castro da Uz, nas Pontes, que este curso reforzará accións formativas para desempregados

Ven, 09/02/2024 - 16:38

Summary: 

A directora xeral de FP visita o centro con motivo da cesión dun aeroxerador por parte da empresa Invenergy Service Huso ao servizo do ciclo dual de Mecatrónica industrial

Idioma Gallego

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe o Instituto IES Plurilingüe Castro da Uz, onde salientou a diversificada oferta de Formación Profesional deste centro nas familias de Administración e finanzas, Fabricación Mecánica, Informática e comunicacións, Instalación e mantemento e por último Transporte e mantemento de vehículos, que dá cobertura ás demandas tanto do alumnado como das empresas da contorna.

Ademais, tal e como avanzou a representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, este ano o centro vai ofertar dous cursos de accións formativas para desempregados, Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG e Operacións auxiliares de mantemento en electromecánica de vehículos, contribuíndo, deste xeito, á inserción laboral e actualización dos traballadores da zona. Neste senso, quixo subliñar o importante compromiso do equipo directivo e do profesorado do centro polo reforzo da súa oferta.

Eugenia Pérez visitou o instituto con motivo da cesión dun aeroxerador por parte da empresa Invenergy Service Huso no marco da colaboración para o desenvolvemento do ciclo superior de Mecatrónica industrial en modalidade dual. Este equipamento permitirá a que o alumando teña unha formación máis especializada e axustada as necesidades do sector produtivo.

Precisamente no ámbito dual, este curso iniciou novos proxectos como o mencionado ciclo superior de Mecatrónica industrial, un ciclo de grao medio de Soldadura e caldeiraría e continúa co ciclo superior de Desenvolvemento de aplicacións web. Todo isto é posible “grazas a implicación activa dunha vintena de empresas da contorna á que temos que agradecer o seu interese”, subliñou a directora xeral de FP.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas Xunta


by Dr. Radut