Skip to Content

Novas Xunta

Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2019/2020 do corpo, de PES, PT de formación profesional, profesores de EOIs e profesores de música e artes escénicas

Portal Educación Xunta - Mar, 12/11/2019 - 13:28
Idioma GallegoAnuncio principal: Modificación do punto vixésimo primeiro, engadido un novo punto vixésimo segundo e engadido un punto 5 á disposición adicional primeira do Acordo polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal interino e substituto

Xúntanse as Resolucións do 12 de novembro de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións provisionais de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2019-2020 correspondentes ao corpo  de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficias de idiomas e profesores de música e artes escénicas

  • As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 con dereito á incorporación na lista poderán formular alegacións ás listaxes provisionais ante á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo de 5 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidade por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  • Non se admitirán as alegacións formuladas mediante o correo electrónico.
     

 

Servizo relacionado: Listas de substituciónsTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Educación secundaria obrigatoriaBacharelatoFormación Profesional inicialEnsinanzas de réxime especialDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas Xunta

Listaxe definitiva de admitidos e excluídos das axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro

Portal Educación Xunta - Lun, 11/11/2019 - 10:11
Idioma Gallego

Xúntase a Listaxe definitiva de admitidos e excluídos das axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.
 

Anuncio principal: Convocadas as axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucroTema: BolsasEnsinanza: Ensinanzas de músicaDepartamento: Servizo de Ensinanzas de Réxime EspecialColectivo: Centros
Categorías: Novas Xunta

Modificación parcial da Resolución 9 de maio de 2019 pola que se adxudican as axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, do ano 2019

Portal Educación Xunta - Lun, 11/11/2019 - 09:02
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 18 de outubro de 2019 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 9 de maio de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se adxudican as axudas da Orde do 31 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019.
 

Anuncio principal: Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, para o ano 2019Tema: BolsasEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica UniversitariaColectivo: Alumnado
Categorías: Novas Xunta

Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas das axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do SUG no curso académico 2019/2020

Portal Educación Xunta - Ven, 08/11/2019 - 14:45
Idioma Gallego

Xúntase a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión das axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do SUG no curso académico 2019/2020.

As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dez días e, durante ese prazo, poderán emendar erros e a falta de documentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada) accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada (emenda ao requirimento) achegando, se é o caso, a documentación necesaria.

  • Prazo de presentación da documentación do 11 ao 22 de novembro de 2019
     

 

Anuncio principal: Convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do SUG no curso académico 2019/2020Tema: BolsasMásterEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Universidades Colectivo: Alumnado
Categorías: Novas Xunta

Carmen Pomar sinala como retos da investigación universitaria o posicionamento e captación de proxectos europeos e a transferencia de coñecemento á industria galega

Portal Educación Xunta - Ven, 08/11/2019 - 13:53
Summary: A conselleira participou na apertura da segunda edición do Programa formativo en xestión estratéxica de centros e unidades de investigación de excelencia (GESCI) Idioma Gallego

A mellora do posicionamento, o impulso na captación de proxectos europeos para o Sistema Universitario Galego (SUG) e a implementación de procesos que axuden a detectar e avaliar tecnoloxías ou investigacións que poidan ter unha transferencia directa para a industria galega son -en palabras da Carmen Pomar- algúns dos principais retos de futuro da investigación universitaria galega.

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional inaugurou esta mañá a segunda edición do Programa formativo en xestión estratéxica de centros e unidades de investigación de excelencia (GESCI), un curso de formación específica tanto en xestión estratéxica como en xestión operativa (GOSCI) dirixida a directores e investigadores dos Centros de Investigación e das Agrupacións Estratéxicas de Galicia.

Carmen Pomar sinalou que a día de hoxe as grandes estruturas de investigación de Galicia acadaron un nivel de madurez e de prestixio que agora require de avanzar un chanzo no eido da excelencia. Con este fin, a Consellería de Educación lanzou este ano unha convocatoria de axudas dotada con 20 millóns de euros, para os axentes de investigación universitaria máis punteiro de Galicia que inclúe a integración dos Centros Singulares e as Agrupacións Estratéxicas nunha única escala de Centros de Investigación que redundará nunha estrutura de I+D+i máis forte e competitiva a nivel estatal e europeo.

Impulsado en colaboración con FEUGA, este Programa formativo -que é único en todo o Estado- ten como obxectivo fortalecer a capacidade de liderado e de xestión dos centros de investigación galegos para adaptarse en contornas complexas, cambiantes e moi competitivas. “O noso ambicioso obxectivo é que os centros galegos obteñan maiores cotas de financiamento, que capten e reteñan máis talento investigador, que poidan transferir as tecnoloxías e coñecementos que desenvolven ás administracións e empresas do país e, en definitiva, que vaian acadando o lugar que lles corresponde no panorama nacional e internacional”, abondou a conselleira.

Ademais da conselleira, nesta sesión inaugural da segunda edición do Programa, participa como ponente o investigador xaponés Toshiyasu Ichioka, director do RIKEN Europe Office, e un dos investigadores actuais máis relevante.

Información xeralFormaciónUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSecretaría Xeral de UniversidadesProfesoradoAlumnado
Categorías: Novas Xunta

Resolución das axudas (modalidade B) de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego para o ano 2019

Portal Educación Xunta - Ven, 08/11/2019 - 09:00
Idioma Gallego

Achégase a Resolución do 29 de outubro de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se adxudican as axudas do anexo II, modalidade B, da Orde do 28 de maio de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, modificada pola Orde do 30 de setembro de 2019.
 

Anuncio principal: Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego para o ano 2019Tema: BolsasEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica UniversitariaServizo de Planificación e Estruturación de InvestigaciónColectivo: Alumnado
Categorías: Novas Xunta

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas para impartir docencia nas especialidades instrumentos de corda pulsada, do renacemento e do barroco, danza española, danza clásica e danza contemporánea

Portal Educación Xunta - Xov, 07/11/2019 - 15:55
Idioma GallegoAnuncio principal: Apertura de listas para impartir docencia nas especialidades instrumentos de corda pulsada, do renacemento e do barroco, danza española, danza clásica e danza contemporánea

Publicada a Resolución do 7 de novembro de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas (594), especialidades instrumentos de corda pulsada, do renacemento e do barroco (417), danza española (435), danza clásica (436) e danza contemporánea (437).

  • Prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución pra formular reclamacións.
     
Servizo relacionado: Listas de substituciónsTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Ensinanzas de danzaEnsinanzas superiores de músicaDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas Xunta

Resolución provisional do programa de innovación educativa “Club de Letras” para centros docentes públicos durante o curso 2019/2020

Portal Educación Xunta - Xov, 07/11/2019 - 11:37
Idioma GallegoAnuncio principal: Convocada a participación no programa de innovación educativa “Club de Letras” para centros docentes públicos durante o curso 2019/2020

Xúntase a Resolución provisional dos centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa “Club de Letras” para centros docentes públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional o curso 2019/20.

  • Prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación nesta web, para realizar reclamacións ou renuncias.
     
Tema: Plans e actuacións en innovación educativa Ensinanza: Educación primariaEducación secundaria obrigatoriaBacharelatoColectivo: ProfesoradoAlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletínInnovación
Categorías: Novas Xunta

Resolución provisional dos proxectos admitidos para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2019/2020

Portal Educación Xunta - Xov, 07/11/2019 - 09:25
Idioma GallegoAnuncio principal: Resolución do 23 de setembro de 2019 pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta Consellería durante o curso escolar 2019/2020

Publícase a listaxe provisional dos proxectos admitidos en cada programa educativo para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2019/20.

Tal e como se establece no apartado 10.2 da Resolución do 23 de setembro de 2019 que regula o Plan Proxecta, ábrese un prazo de 10 días naturais (ata o 17 de novembro de 2019, inclusive) para efectuar reclamacións e/ou renuncias a esta listaxe provisional, que deberán presentarse no enderezo electrónico planproxecta@edu.xunta.es.

Achégase un modelo orientativo de reclamacións ou renuncias.

Tema: Plan ProxectaEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralColectivo: ProfesoradoCentrosSección: BoletínPortada de boletínInnovación
Categorías: Novas Xunta

Carmen Pomar salienta a traxectoria do IES O Ribeiro como centro de referencia na comarca durante máis de medio século

Portal Educación Xunta - Mér, 06/11/2019 - 16:33
Summary: Interesouse polo funcionamento do Bacharelato de Artes, que se implantou este ano por primeira vez no centro Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou hoxe o IES O Ribeiro, do que salientou a súa ampla traxectoria, de máis de medio século, como centro de referencia na comarca. De feito, este mesmo ano o instituto incorporou o Bacharelato de Artes, que permite que o alumnado da zona que desexe cursar estas ensinanzas non se teña que desprazar a Ourense ou Vigo.

A titular do departamento educativo da Xunta destacou tamén a estreita relación do centro coa realidade socioeconómica da contorna. Non en balde, o IES O Ribeiro é un dos dous centros de ensino galegos que oferta o ciclo de grao medio de Formación Profesional en Aceites de oliva e viños e un dos catro que imparte o de grao superior en Vitivinicultura. Así mesmo, conta na súa oferta cos graos básicos de Industrias alimentarias e de Mantemento de vehículos e co grao medio en Electromecánica de vehículos automóbiles, o que permite configurar un itinerario completo para o alumnado de FP nunha destas dúas familias profesionais.

Carmen Pomar felicitou ademais á comunidade educativa pola súa implicación en diferentes programas como o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) ou os Clubs de Lectura. Así mesmo, o IES incorporouse ao proxecto de libro dixital E-Dixgal no curso 18/19 e desenvolveu o programa Paisaxe e sustentabilidade, do Plan Proxecta.

Información xeralEnsinanzas de réxime xeralProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Novas Xunta

Arredor de 300 directores e directoras participan nunha xornada de formación sobre a función directiva nos centros escolares

Portal Educación Xunta - Mér, 06/11/2019 - 12:44
Summary: A conselleira Carmen Pomar deulles a benvida aos participantes, dos que destacou o traballo de xestión e liderado que exercen desde os centros a prol da excelencia e a calidade educativa Idioma Gallego

Arredor de 300 directores e directoras de centros escolares participan en Santiago nunha xornada de formación continua impulsada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional na que se afondará sobre cuestións de interese para a comunidade educativa, como son o uso das redes sociais e a imaxe tanto dentro como fóra do centro escolar, o papel das familias ou servizos coma os comedores escolares e a mellora das infraestruturas e equipamentos educativos.

A conselleira Carmen Pomar achegouse ao Palacio de Congresos e Exposicións, onde ten lugar a xornada, para darlles a benvida aos participantes e poñer en valor o traballo de xestión e liderado que exercen nos centros escolares. “A vosa implicación é clave para incrementar a calidade e os resultados da formación, o éxito do noso alumnado”, subliñou a conselleira, que avogou por traballar dun xeito coordinado entre os centros, a administración educativa e as familias, “xa que -dixo- a busca da excelencia e a mellora da calidade educativa son os nosos obxectivos comúns”.

Pomar lembrou o compromiso do departamento que dirixe cos grandes retos da educación do século XXI, que pasan pola innovación e a adaptación a un mundo globalizado e, sobre todo, por unha maior aposta na atención á diversidade.

XornadasDirectores/asConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoCentros
Categorías: Novas Xunta

Carmen Pomar visita a biblioteca escolar do CEIP de Caión (A Laracha)

Portal Educación Xunta - Mar, 05/11/2019 - 12:31
Summary: O alumnado presentoulle á conselleira as melloras realizadas ao abeiro da participación no PLAMBEA conselleira felicitou a comunidade educativa pola súa implicación no crecemento deste espazo, que representa o corazón dos centros de ensino Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou hoxe o CEIP de Caión (A Laracha), onde docentes e alumnado lle presentaron as melloras realizadas o pasado curso na biblioteca do centro, ao abeiro da súa participación no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).

A conselleira felicitou a comunidade educativa pola súa implicación no crecemento deste espazo, que representa o corazón dos centros de ensino. Así mesmo, convidounos a continuar solicitando a participación noutras convocatorias dirixidas a convertela nun centro creativo de aprendizaxes.

Carmen Pomar percorreu as instalacións do CEIP que, ademais de levar no PLAMBE desde o curso 2018/19, se incorporou tamén o pasado ano ao proxecto de libro dixital E-Dixgal, a través do que o alumnado de 5º e 6º de Primaria emprega libros dixitais gratuítos para as familias. Así mesmo o curso pasado o centro desenvolveu dúas iniciativas do Plan Proxecta, en concreto o  Proxecto Deportivo de Centro. Centros activos e saudables e Recíclate con SOGAMA.

Bibliotecas escolaresEducación infantilEducación primariaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Novas Xunta

A Xunta convoca o programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2019-2020

Portal Educación Xunta - Mar, 05/11/2019 - 11:43
Summary: A iniciativa desenvólvese en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca o programa Bibliotecas Escolares Solidarias, que ten como obxectivo estimular o voluntariado cultural en relación coas bibliotecas e a lectura entre o alumnado e recoñecer os esforzos das comunidades educativas por conformar bibliotecas escolares inclusivas, que axuden a paliar as desigualdades no acceso ao coñecemento e ao uso dos recursos culturais e de aprendizaxe, por calquera das causas posibles.

A iniciativa, que se desenvolve en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, estrutúrase en tres accións: a concesión do Selo Biblioteca Escolar Solidaria, o Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria) e o Voluntariado de lectura-A (Primaria). A primeira delas, un distintivo de calidade de traballo solidario a favor da comunidade escolar, ten como obxectivo recoñecer o labor das bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar.

Poderán optar a este selo aquelas bibliotecas que propician especificamente valores de xustiza e solidariedade, e procuran de forma destacada a compensación de desigualdades, poñendo os recursos ao servizo de toda a comunidade educativa, dando resposta ás necesidades de todo o alumnado e favorecendo o uso dos seus recursos e oportunidades con formación e con fórmulas de aproveitamento axeitadas, mediante un programa específico de medidas estruturais e sistemáticas. Trátase de valorar aquelas iniciativas que poñen especial atención en atender ás necesidades en materia de lectura e de acceso á información do alumnado e as familias que máis o precisan, por carecer de biblioteca familiar ou estar afastados doutros centros culturais (bibliotecas públicas municipais ou outras). Así mesmo valorarase que conten cun equipo de colaboradores formado por alumnado voluntario ou con familias voluntarias que colaboran na xestión e dinamización da biblioteca escolar. Neste curso valoraranse especialmente aquelas prácticas da biblioteca escolar relacionadas coa difusión dos Obxectivos da Axenda 2030 da ONU para o Desenvolvemento Sustentable.

Voluntariado na biblioteca escolar

Pola súa banda Voluntariado na biblioteca escolar vai dirixido a centros que imparten ensinanzas de ESO, Bacharelato, FP ou ensinanzas de réxime especial que contan con grupos formalizados de alumnado colaborador. Esta iniciativa pretende favorecer a formación de actitudes de colaboración e  de solidariedade entre o alumnado galego, especialmente no ámbito cultural, o que poderá materializarse en actividades de colaboración na biblioteca escolar ou a través de actividades de lectura compartida ou de traballo coa información, organizadas pola biblioteca, dentro ou fóra do centro. Estas actividades deberán contribuír á educar  ao alumnado para a solidariedade e poderán orientarse, así mesmo, en liña cos obxectivos da Axenda 2030.

A través da súa participación nesta iniciativa o alumnado poderá ver recoñecido o seu labor mediante un diploma (no caso dos menores) ou un certificado de horas de voluntariado na biblioteca escolar (no caso dos maiores de idade).

Voluntariado de lectura-A

No caso da acción Voluntariado de lectura-A, dirixida a centros que matriculan alumnado de 5º e 6º cursos de ensino primario, o obxectivo é estimular o voluntariado cultural en relación coa lectura, favorecendo a formación de actitudes de colaboración e  de solidariedade entre o alumnado, especialmente no ámbito cultural. Isto poderá artellarse a través de actividades de colaboración na biblioteca escolar ou a través de actividades de lectura compartida organizadas pola biblioteca, dentro ou fóra do centro, e nas que poderán participar, así mesmo, outros sectores da comunidade educativa. Estas actividades deberán contribuír á educar  ao alumnado para a solidariedade e, igualmente, poderán traballar os obxectivos da Axenda 2030 da ONU para o Desenvolvemento Sustentable.

Esta acción intégrase, así mesmo, como iniciativa de voluntariado nos programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, polo que o alumnado directamente implicado nas actividades programadas polos centros poderán recibir un diploma da súa colaboración como acción de voluntariado cultural.

Plan LÍA

Bibliotecas Escolares Solidarias enmárcase no Plan LÍA de Bibliotecas Escolares, que  contempla entre os seus obxectivos para o período 2016-2020 o de “avanzar na consecución dunha biblioteca escolar inclusiva”, así como o de “incentivar o uso das bibliotecas escolares por parte das comunidades educativas”.  Entre os retos que cómpre afrontar, esta nova fase do Plan LÍA contempla o de “pensar a biblioteca escolar como biblioteca inclusiva para unha mellor atención da diversidade” e, tamén, o de “ampliar as iniciativas destinadas á implicación das familias na formación lectora dos máis novos”.

O programa ten como obxectivo, así mesmo, fortalecer unha das funcións máis importantes da biblioteca escolar, a de axudar a paliar as desigualdades no acceso aos recursos culturais e de acceso ao coñecemento, poñendo a disposición de todo o alumnado, independentemente da súa situación socioeconómica, todas as ferramentas precisas para avanzar na súa formación como lector crítico e como usuario e produtor de información, competencias clave na actual sociedade da información.

Plan LÍABibliotecas escolaresEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSubdirección Xeral de CentrosEntidades autonómicasProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Novas Xunta

Modificación da resolución da apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de catedráticos de música e artes escénicas especialidades de arpa, canto, clarinete, clave, composición, contrabaixo, dirección de ....

Portal Educación Xunta - Lun, 04/11/2019 - 16:51
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 4 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se modifica a Resolución do 17 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de catedráticos de música e artes escénicas especialidades de arpa (003), canto (006), clarinete (008), clave (009), composición (010), contrabaixo (014), dirección de orquestra (023), fagot (030), frauta travesa (032), óboe (052), pedagoxía (057), percusión (058), saxofón (066), trombón (072), trompa (074), trompeta (075), violoncello (079), instrumentos de corda pulsada do Renacemento e do Barroco (092), instrumentos históricos de corda fretada (095), tecnoloxía musical (100), viola de gamba (102) e produción e xestión de música e artes escénicas (115).
 

Anuncio principal: Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de catedráticos de música e artes escénicas especialidades de arpa, canto, clarinete, clave, composición, contrabaixo, dirección de orquesta, fagot, frauta travesa...Tema: Interinidades e substituciónsEnsinanza: Ensinanzas superiores de músicaDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2019/2020

Portal Educación Xunta - Lun, 04/11/2019 - 14:00
Idioma Gallego

Achégase arquivo coa Resolución de 4 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" para o curso 2019/2020. Esta iniciativa, que se leva a cabo coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, contempla tres posibles actuacións que se resumen no seguinte cadro, no que se detallen, así mesmo, as datas de presentación de solicitude en cada caso.

 

 

Iniciativa

Finalidade

Características

1

Concesión do Selo “Biblioteca Escolar Solidaria”

Recoñecer a bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan ovoluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar. 

-  Convocatoria anual.

-   Presentación de memorias por parte dos centros interesados: 10 de maio de 2020.

-   Concesión dos selos (un máximo de 15 selos por curso escolar)

-  As candidaturas deberán responder aos obxectivos da Axenda 2030 da ONU, de desenvolvemento sustentable.

2

Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria)

-  Recoñecemento de horas de voluntariado na biblioteca escolar, para o alumnado colaborador, mediante a emisión de diplomas de acción voluntaria correspondentes.

-  Destinado a alumnado de ESO, BAC, FP ou ensinanzas de réxime especial.

-  As bibliotecas escolares deberán adherirse ao programa no momento que se estipule e levar rexistro das actividades do alumnado (data límite: 30/11/2019).

-  Remitir datos alumnado  (data límite: 28/05/2020)

3

Voluntariado de lectura – A

(Primaria)

Estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura entre o alumnado de 5º e 6º de primaria.

-  Inscrición con data límite 30/11/2019

-  Os centros inscritos presentarán memoria de actividades (data límite 27/04/2020).

-  Seleccionaranse  un mínimo de 10 experiencias.Concreción en convocatoria complementaria (febreiro 2020)

 

File:  ConvocatoriaTema: Plan LÍABibliotecas escolaresEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosSubdirección Xeral de CentrosServizo de Xestión de Programas EducativosColectivo: ProfesoradoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas Xunta
Distribuir contido


by Dr. Radut