Skip to Content

Portal Educación Xunta

Distribuir contido
Actualizado: hace 16 horas 15 min

Resolución do 7 de outubro de 2019 pola que se regulan, para o curso 2019/2020, os contratos-programa dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria

Xov, 10/10/2019 - 20:03
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 7 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan os contratos-programa e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o curso 2019/20.

  • O prazo de presentación de solicitudes vai do 11 ao 25 de outubro de 2019.
     
File:  Resolución do 7 de outubro de 2019Servizo relacionado: Contratos-programa Tema: Contratos-programaEnsinanza: Educación infantilEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaColectivo: ProfesoradoAlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas Xunta

Resolución do 9 de outubro de 2019 de avaliación da fase de estadía das axudas posdoutorais, modalidade A, da convocatoria de 2017

Xov, 10/10/2019 - 10:31
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de outubro de 2019 pola que se informa favorablemente a fase de estadía, segundo o disposto na Orde conxunta da Consellería de Cultura, Educación e ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria.
 

Anuncio principal: Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego para o ano 2017Tema: BolsasEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica UniversitariaColectivo: Alumnado
Categorías: Novas Xunta

Establecido o calendario para celebrar as eleccións de constitución do consello escolar en centros escolares de nova creación e outros sostidos con fondos públicos

Xov, 10/10/2019 - 08:05
Idioma Gallego

Resolución do 30 de setembro de 2019, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para celebrar as eleccións de constitución do consello escolar en centros escolares de nova creación e outros sostidos con fondos públicos.

 

File:  Resolución do 30 de setembro de 2019 (DOG)Tema: Consellos escolaresEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaDirección Xeral de Centros e Recursos HumanosColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Novas Xunta

Apertura de listas para impartir docencia nas especialidades instrumentos de corda pulsada, do renacemento e do barroco, danza española, danza clásica e danza contemporánea

Mér, 09/10/2019 - 14:29
Idioma Gallego

Resolución do 8 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas (594), especialidades instrumentos de corda pulsada, do renacement o e do barroco (417), danza española (435), danza clásica (436) e danza contemporánea (437).

  • O prazo para formular solicitudes será de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal de Internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional www.edu.xunta.gal
     

 

File:  Resolución do 8 de outubro de 2019 Modelo de solicitude Modelo de alegación de méritosServizo relacionado: Listas de substituciónsTema: Programas e plansEnsinanza: Ensinanzas de danzaEnsinanzas superiores de músicaDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas Xunta

Apertura de listas para impartir docencia no corpo de profesores de Artes plásticas e deseño (595), especialidades de deseño Gráfico, fotografía, historia da arte, medios audiovisuais e medios informáticos

Mér, 09/10/2019 - 12:47
Idioma Gallego

Resolución do 8 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de Artes plásticas e deseño (595), especialidades de deseño Gráfico (512), fotografía (515), historia da arte (516), medios audiovisuais (521) e medios informáticos (522).

  • O prazo para formular solicitudes será de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal de Internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional www.edu.xunta.gal
     
File:  Resolución do 8 de outubro de 2019 Modelo de solicitude Modelo de alegación de méritosServizo relacionado: Listas de substituciónsTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseñoDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas Xunta

Un total de 31 centros educativos de Galicia imparten o STEMbach no curso 2019/2020

Mér, 09/10/2019 - 12:19
Summary: A conselleira e o delegado da Xunta na provincia da Coruña visitaron esta mañá o IES Lamas de Abade, un dos que se incorpora a este modeloDuplícase o Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, coa incorporación de 16 novos centros Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e o delegado da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, visitaron esta mañá o compostelán IES Lamas de Abade, un dos centros educativos que este curso 2019/2020 comezan a impartir o Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMBach). En Galicia serán un total de 31 centros educativos, dos que 16 son de nova incorporación, os que conten con esta modalidade de Bacharelato, que se implantou por primeira vez en Galicia no curso 2018/19 como experiencia piloto. O pasado curso un total de 200 alumnos de 15 centros educativos cursaron estas ensinanzas.

Pomar salientou a oportunidade que esta iniciativa supón para o alumnado, dado que lle permite achegarse a un modelo educativo máis apegado á Universidade. Así mesmo, amosouse satisfeita polo feito de que o ano pasado a porcentaxe de rapazas que cursou estes estudos foi do 50%, igualada polo tanto coa de homes. Tal e como sinalou, isto supón avanzar de xeito satisfactorio nun dos principais obxectivos da estratexia STEM do seu departamento: fomentar as vocacións científico tecnolóxicas de xeito especial entre as mulleres.

Os centros de nova incorporación ao STEMbach no curso 21019/20, tal e como publicou o Diario Oficial de Galicia onte, son os que seguen:

Provincia

Concello

Nome do centro

A Coruña

A Coruña

IES Salvador de Madariaga

A Coruña

Betanzos

CPR Plurilingüe Ntra. Sra. Del Carmen

A Coruña

Ferrol

CPR Tirso de Molina

A Coruña

Ferrol

IES Concepción Arenal

A Coruña

Santiago de Compostela

CPR Plurilingüe Compañía de María

A Coruña

Santiago de Compostela

IES Lamas de Abade

A Coruña

Culleredo

CPR Plurilingüe Rías Altas

A Coruña

Cambre

IES David Buján

A Coruña

Oleiros

IES Miraflores

Ourense

Ourense

IES As Lagoas

Pontevedra

Tui

IES San Paio

Pontevedra

Vigo

CPR Plurilingüe Miralba

Pontevedra

Pontevedra

IES A Xunqueira II

Pontevedra

Moaña

IES As Barxas

Pontevedra

Pontevedra

IES Gonzalo Torrente Ballester

Pontevedra

Bueu

IES Johan Carballeira

 

Centros docentes de continuidade no STEMbach:

Provincia

Concello

Nome do centro

A Coruña

A Coruña

CPR Plurilingüe Compañía de María

A Coruña

A Coruña

IES Agra do Orzán

A Coruña

Ferrol

IES Sofía Casanova

A Coruña

Santiago de Compostela

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

A Coruña

Santiago de Compostela

IES Arcebispo Xelmírez II

A Coruña

Oleiros

IES María Casares

Lugo

Lugo

IES Lucus Augusti

Lugo

Lugo

IES Nosa Sra. Dos Ollos Grandes

Lugo

Monforte de Lemos

IES Francisco Daviña Rey

Ourense

Ourense

IES Eduardo Blanco Amor

Pontevedra

Cambados

IES Ramón Cabanillas

Pontevedra

Lalín

IES Ramón Mª Aller Uloa

Pontevedra

Moaña

IES Plurilingüe A Paralaia

Pontevedra

Vigo

IES República Oriental de Uruguay

Pontevedra

A Guarda

IES A Sangriña

 

Características do STEMBach

O obxectivo deste bacharelato -enmarcado na Estratexia Galega para a Educación Dixital, Edudixital 2020- é promover a vocación do alumnado cara á investigación científica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e adaptación á ensinanza universitaria, e tendo en conta a perspectiva de xénero. Ademais, favorécese unha mentalidade científica, rigorosa, ordenada e crítica; así como o desenvolvemento da creatividade, do sentido da iniciativa ou do emprendemento e da resolución de problemas.

O alumnado que curse este bacharelato, -ben sexa na modalidade de Humanidades, na de Ciencias ou na de Ciencias ou Artes-, no segundo ano deberá desenvolver un proxecto de investigación individual ou colectivo con posterior defensa pública. Este proxecto, similar ao traballo de fin de grao, será co-dirixido por un docente dun departamento universitario ou dun centro de investigación de prestixio do Sistema Universitario de Galicia (SUG), e será titorizado polos profesores que impartan a materia de afondamento STEM.

Así mesmo cursará unha materia extracurricular semanal, de dúas ou tres horas, de afondamento relacionada co ámbito de materias STEM e cunha orientación ao traballo na mellora das competencias comunicativas e dixitais. Esta materia será a mesma nos dous cursos coa correspondente secuenciación curricular.

O bacharelato complétase con actividades de formación -organizadas polo centro en colaboración con universidades, entidades ou organismos investigadores, ou con persoas investigadoras de recoñecida competencia- como conferencias, obradoiros ou proxectos.

Ao final da etapa, e tras a avaliación positiva tanto da materia de afondamento STEM extracurricular como da defensa do proxecto de investigación, o alumnado recibirá unha credencial da dirección do centro de que realizou os estudos correspondentes a este programa.

Información xeralBacharelatoConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Novas Xunta

Carmen Pomar aposta polo impulso das vocacións científicas desde idades temperás e a investigación universitaria de excelencia

Mar, 08/10/2019 - 12:45
Idioma GallegoSummary: A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional participou no acto con motivo da conmemoración do Día da Ciencia en Galicia, que nesta edición homenaxea ao científico Tomás Batuecas Marugán

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, subliñou a importancia de promover e incentivar as vocacións científicas entre as nenas e os nenos desde as idades temperás a través da escola e xa, nun chanzo superior, a aposta por un sistema de investigación universitaria de excelencia. Así o asegurou esta mañá durante a súa intervención con motivo dos actos de celebración do Día da Ciencia en Galicia 2019, organizados pola Real Academia Galega de Ciencias e nos que nesta edición se honra ao científico Tomás Batuecas Marugán.

A titular de Educación do Goberno galego sinalou que a promoción da vocación científica entre a mocidade é “crucial” para acadar unha sociedade “máis informada, máis culta e, polo tanto, máis libre e preparada”. A este obxectivo responden unha serie de iniciativas que se están levando a cabo nos centros educativos galegos como é a impartición de materias como Robótica e Programación, os Clubs de Ciencia, ou o STEMbach, entre outros, que teñen como finalidade ofrecer unha formación específica que responda aos novos retos científicos e tecnolóxicos da sociedade.

Xa no eido universitario Carmen Pomar lembrou o “apoio permanente” co que a Xunta de Galicia sostén a investigación universitaria, tanto no eido de recurso humanos como na creación de agrupacións científicas que favorecen a competitividade e o acceso a fontes de financiación, así como a mellora da calidade e do impacto da produción científica.

Na edición deste ano, o Día da Ciencia en Galicia está dedicado á figura de Tomás Batuecas Marugán, que foi un referente internacional no estudo das investigación en torno aos pesos atómicos. Batuecas logrou a primeira cátedra de Química Física habilitada en España que foi a da Universidade de Santiago de Compostela, no ano 1932.

Do decurso do acto tamén se fixo entrega dos Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo, e das Medallas de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias.

Información xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Categorías: Novas Xunta

Resolución da convocatoria do programa "Radio na biblio" para o curso 2019/2020

Lun, 07/10/2019 - 14:57
Idioma GallegoAnuncio principal:  Convocatoria do proxecto Radio na biblio, para centros públicos integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares no curso 2019/2020

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publica a Resolución de 7 de outubro de 2019 pola que se dá a coñecer a relación de centros que se incorporan ao programa "Radio na biblio" para o curso 2019/2020, así como os centros que continúan no programa xunto coas asignacións concedidas para o desenvolvemento das actuacións previstas na convocatoria de 3 de setembro de 2019.

 

Tema: Plan LÍABibliotecas escolaresEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosSubdirección Xeral de CentrosColectivo: ProfesoradoCentros
Categorías: Novas Xunta

Un total de 79 centros públicos desenvolverán este curso o programa Biblioteca Creativa

Lun, 07/10/2019 - 12:41
Summary: A Consellería de Educación acaba de publicar a resolución pola que se incorporan 25 novos centros e se dá continuidade á participación doutros 54 Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar a resolución cos novos centros que se incorporan ao programa Biblioteca Creativa, en concreto 25 centros. Deste xeito, un total de 79 centros galegos desenvolverán ao longo do curso 2019/20 esta iniciativa, que ten como obxectivo estimular a iniciación do alumnado de infantil e primaria no campo da robótica e na linguaxe da programación.

Nova incorporación

Os 25 centros públicos de infantil e primaria de nova incorporación recibirán os materiais necesarios para a construción dun mínimo de catro Escornabots, así como outros materiais precisos para a posta en marcha da iniciativa. Cómpre aclarar que os Escornabots son pequenos robots construídos sobre Arduino, a plataforma de robótica máis estendida a nivel educativo e profesional, que conta cunha ampla comunidade de persoas usuarias e desenvolvedoras, o que facilita o acceso a unha importante base de documentación para os proxectos que se realicen nas bibliotecas.

Ademais todo o software, hardware e o deseño do robot son libres. De feito, o programa realízase en colaboración cos integrantes do proxecto Escornabot, integrado en Bricolabs, asociación de fomento de investigación en tecnoloxías libres.

Os centros que se suman este curso ao programa son os reflectidos no seguinte cadro:

Provincia

Concello

Centro

A Coruña

A Coruña

CEIP Emilia Pardo Bazán

A Coruña

Cambre

CEIP Plurilingüe Graxal

A Coruña

Cerdido

CEIP da Barqueira

A Coruña

Culleredo

CEIP Sofía Casanova

A Coruña

Ferrol

CEIP de Pazos

A Coruña

Monfero

CPI Plurilingüe Virxe da Cela

A Coruña

Oleiros

CEIP Juana de Vega

A Coruña

Rianxo

CRA de Rianxo

A Coruña

Santiago de Compostela

CEIP Lamas de Abade

A Coruña

Zas

CEIP Labarta Pose

Lugo

Baralla

CPI Luís Díaz Moreno

Lugo

Foz

CEIP de Foz nº 1

Lugo

Viveiro

CEP Luís Tobío

Ourense

Ourense

CEIP Vistahermosa

Pontevedra

Bueu

CEIP Plurilingüe Montemogos

Pontevedra

O Porriño

CEIP Plurilingüe Antonio Palacios

Pontevedra

O Porriño

CEIP Plurilingüe da Ribeira

Pontevedra

O Rosal

CPI Manuel Suárez Marquier

Pontevedra

O Rosal

CRA María Zambrano

Pontevedra

Vigo

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Pontevedra

Vigo

CEIP Escultor Acuña

Pontevedra

Vigo

CEIP O Sello

Pontevedra

Vigo

CEIP Seis do Nadal

Pontevedra

Vigo

CEIP Virxe do Rocío

Pontevedra

Vila de Cruces

CEIP de Cerdeiriñas

 

Continuación

Pola súa banda os 54 centros que renovan a súa participación recibirán unha asignación para ampliar o proxecto, ben sexa coa dotación dun recuncho creativo dentro da biblioteca con recursos de robótica e impresión 3D; coa adquisición de materiais que faciliten a investigación, a experimentación e a creación de forma creativa, ou a través da formación do alumnado a través de obradoiros relacionados coa creación audiovisual ou outros ámbitos relacionados co programa impartidos por profesionais do eido.

Os centros que renovan a súa participación son os que se reflicten no seguinte cadro:

Provincia

Concello

Nome

A Coruña

Abegondo

CEIP Plurilingüe San Marcos

A Coruña

Arteixo

EEI de Barrionovo

A Coruña

Bergondo

CPI de Cruz do Sar

A Coruña

Cedeira

CEIP Nicolás del Río

A Coruña

Coristanco

CEIP Canosa-Rus

A Coruña

Culleredo

CRA de Culleredo

A Coruña

Fene

CEIP Plurilingüe Os Casais

A Coruña

Malpica de Bergantiños

CEIP Milladoiro

A Coruña

Mazaricos

CPI Plurilingüe da Picota

A Coruña

Miño

CPI Castro Baxoi

A Coruña

Moeche

CEIP de San Ramón

A Coruña

Mugardos

CEIP Santiago Apóstolo

A Coruña

Rianxo

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

A Coruña

Rianxo

CEP Xosé María Brea Segade

A Coruña

San Sadurniño

CPI de San Sadurniño

A Coruña

Santa Comba

CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña

A Coruña

Vilasantar

CEIP de Présaras

A Coruña

Vimianzo

CEIP Baíñas

Lugo

A Pobra do Brollón

CEIP da Pobra de Brollón

Lugo

A Pontenova

CEIP Plurilingüe da Pontenova

Lugo

Castro de Rei

CEIP Ramón Falcón

Lugo

Castroverde

CPI Plurilingüe de Castroverde

Lugo

Cervo

CEIP de Cervo

Lugo

O Valadouro

CEIP Santa María do Valadouro

Lugo

Quiroga

CEIP de Quiroga

Lugo

Sober

CEIP Plurilingüe Virxe do Carme

Ourense

A Pobra de Trives

CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso

Ourense

Avión

CEIP Virxe de Guadalupe

Ourense

Celanova

CEIP Plurilingüe Curros Enríquez

Ourense

O Barco de Valdeorras

CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa

Ourense

O Carballiño

CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo

Ourense

O Pereiro de Aguiar

CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey

Ourense

Vilar de Barrio

CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio

Ourense

Xinzo de Limia

CEIP Rosalía de Castro

Pontevedra

A Estrada

CEIP de Figueiroa

Pontevedra

A Estrada

CEIP do Foxo

Pontevedra

A Guarda

CEIP Plurilingüe As Solanas - Nicolás Gutiérrez Campo

Pontevedra

A Lama

CEIP A Lama

Pontevedra

Bueu

CEIP Plurilingüe da Torre-Cela

Pontevedra

Cambados

CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro

Pontevedra

Cerdedo-Cotobade

CEIP Plurilingüe de Carballedo

Pontevedra

Gondomar

CEIP Serra-Vincios

Pontevedra

Marín

CEIP de Seixo

Pontevedra

Meaño

CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas

Pontevedra

Moaña

CEIP de Quintela

Pontevedra

Moaña

CEIP de Seara

Pontevedra

Mos

CEIP Pena de Francia

Pontevedra

O Grove

CEIP Valle-Inclán

Pontevedra

Poio

CEIP de Lourido

Pontevedra

Portas

CPI Domingo Fontán

Pontevedra

Salvaterra de Miño

CEIP de Leirado

Pontevedra

Silleda

CEIP Ramón de Valenzuela

Pontevedra

Tui

CEIP de Rebordáns

Pontevedra

Tui

CRA Mestra Clara Torres

 

Plan LÍA

Biblioteca Creativa é un programa enmarcado no Plan LÍA 2016/2020 de Bibliotecas Escolares da Consellería, que ten entre os seus obxectivos xerais o de facilitar recursos e oportunidades para a incorporación de metodoloxías activas e para a integración nos centros das tecnoloxías emerxentes. Neste sentido, un dos desafíos do Plan é o de crear nas bibliotecas un centro creativo de aprendizaxes no que o alumnado poda experimentar e investigar con todo tipo de ferramentas e recursos.

Así mesmo, entre os retos do LÍA 2019/2020 está o de favorecer a alfabetización múltiple, neste caso a través da introdución nas bibliotecas da linguaxe da programación e da cultura maker (faino por ti mesmo) en actividades destinadas a mellorar a comunicación lingüística do alumnado, a expresión oral, o razoamento lóxico, a creatividade, o traballo colaborativo e a aprendizaxe manipulativa.

 

Plan LÍABibliotecas escolaresEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSubdirección Xeral de CentrosProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Novas Xunta

Listaxes coas puntuacións definitivas das persoas solicitantes admitidas e excluídas, período extraordinario, das prazas nos centros residenciais docentes da Coruña e Ourense para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2019/2020

Lun, 07/10/2019 - 12:10
Idioma Gallego

Resolución do 7 de outubro de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a listaxe coas puntuacións definitivas das persoas admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación definitiva de  persoas excluídas, indicando a causa de exclusión; así mesmo, a relación de persoas adxudicatarias con indicación do centro docente no que están matriculadas, e a relación de suplentes, de ser o caso, correspondentes ao período extraordinario, de acordo co previsto no artigo 31 da Orde do 28 de maio de 2019 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2019/20 (DOG núm. 108, do 10 de xuño de 2019).

Prazo para interpoñer recurso de alzada: 1 mes (entre os días 8 de outubro e 7 de novembro de 2019), ante a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional.

 

Anuncio principal: Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2019/2020Tema: BolsasEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosSubdirección Xeral de CentrosColectivo: AlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Novas Xunta

Aberto o prazo para presentarse aos premios extraordinarios de ensinanzas artísticas profesionais

Dom, 06/10/2019 - 08:00
Summary: A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional establece un total de seis galardóns, a razón de dous para a modalidade de Música, outros dous na modalidade de Artes plásticas e Deseño e un na modalidade de Danza Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, vén de abrir o prazo para presentarse aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes plásticas e Deseño. Tal como publicou o Diario Oficial de Galicia, o prazo de presentación de solicitudes para optar a estes galardóns rematará o día 4 de novembro.

O obxectivo destes premios é recoñecer e valorar publicamente os méritos académicos e artísticos excepcionais baseados no esforzo e no traballo de seis alumnas e alumnos que remataron os seus estudos no pasado curso 2018/19 cun excelente resultado académico. Para tal fin habilítanse 2 premios na modalidade de Música, outros dous na modalidade de Artes plásticas e Deseño e un na modalidade de Danza.

As persoas que resulten galardoadas obterán unha dotación económica de 850 euros e un diploma acreditativo, ademais da posibilidade de concorrer ao correspondente premio nacional.

Entre outros requisitos que se poden consultar no DOG, para optar a estes premios as persoas aspirantes deben contar cunha nota media igual  ou  superior  a  8,75  nos  dous  últimos  cursos  das  ensinanzas profesionais, nas modalidades de Música e Danza, ou no ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño cursado.

Ademais, na modalidade de Música terán que realizar unha interpretación como solista e presentar unha copia dunha gravación de vídeo na cal interpretase tres pezas de diferentes estilos, dunha dificultade non inferior ao nivel de sexto curso de ensinanzas profesionais de Música. No caso dos estudantes de Danza, teñen que presentar unha copia dunha gravación  de  vídeo na que interpreten dúas obras da especialidade, dunha dificultade non inferior ao nivel de sexto curso das ensinanzas profesionais de Danza. Pola súa banda as persoas aspirantes na modalidade de Artes Plásticas e Deseño deben presentar a memoria e documentación gráfica do proxecto integrado ou proxecto final do ciclo formativo de grao superior polo cal concorren.

Premios autonómicosEnsinanzas de danzaEnsinanzas profesionais de artes plásticas e deseñoEnsinanzas de músicaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalServizo de Ensinanzas de Réxime EspecialAlumnadoCentros
Categorías: Novas Xunta

Carmen Pomar agradece a contribución dos docentes ao progreso e desenvolvemento de Galicia

Sáb, 05/10/2019 - 11:30
Summary: A consellería de Educación presidiu o acto do Día Mundial dos Docentes Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presidiu hoxe o acto do Día do Docente, no que se homenaxeou a todo o profesorado en xeral e, en particular, aos 40 docentes que se xubilan este 2019 con máis anos de servizo prestados. A cerimonia celebrouse no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) en Santiago de Compostela.

A titular do departamento educativo da Xunta de Galicia lembrou que a transmisión de coñecementos e valores aos máis novos é unha tarefa esixente, que require enfocar cada xornada dun xeito creativo. “Require tamén curiosidade, formación continua, flexibilidade e adaptación; require paciencia, empatía e esixencia, persoal e cos demais”.

Carmen Pomar agradeceu o labor dos docentes que se xubilan este ano, “no nome de toda a sociedade galega, por contribuír ao progreso e o desenvolvemento do noso país, formando as mentes da nosa mocidade”. Neste sentido salientou a súa capacidade de educar, “de buscar lugares de entendemento coas vosas alumnas e alumnos, espazos de coñecemento compartido que iluminaron e retaron a súa intelixencia, construíndo o seu coñecemento dun xeito significativo e útil”. “A vós, os que personificades ao docente con maiúsculas, quero expresarvos a miña admiración e recoñecemento pola misión que tedes cumprido nos colexios e institutos”, dixo.

Así mesmo a conselleira quixo facer tamén extensivo o agradecemento a todos os docentes, “aos que empezan, cheos de ganas e ilusión; e aos que levan algún tempo, superaron xa dificultades e seguen, traballando para ser aínda mellores mestres, mellores profesores”.

A UNESCO celebra desde o ano 1994 cada 5 de outubro o Día Mundial dos Docentes, que conmemora o aniversario da subscrición da Recomendación da Organización Internacional do Traballo (OIT) e da propia UNESCO en relación á Situación do Persoal Docente (1966). Esta Recomendación establece criterios de referencia no referido aos dereitos e responsabilidades dos docentes, ás normas para a súa formación inicial e perfeccionamento, á contratación, ao emprego e ás condicións de ensinanza e aprendizaxe. O seu obxectivo é homenaxear aos docentes, facer balance dos logros educativos e abordar algunhas das cuestións fundamentais arredor desta profesión.

Información xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesorado
Categorías: Novas Xunta

Carmen Pomar visita o CEIP Pedro Barrié de la Maza (Sada)

Ven, 04/10/2019 - 12:36
Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou esta mañá o CEIP Pedro Barrié de la Maza, en Sada, un centro que vén de renovar a axuda vinculada á súa participación no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). Durante o seu percorrido polo centro, Pomar animou o equipo directivo e docente a concorrer á nova convocatoria do Plan Proxecta, que se acaba de publicar. De feito, o pasado curso o CEIP desenvolveu os programas Proxecto Deportivo de Centro. Centros Activos e saudables e Protexe os animais.

A titular do departamento educativo da Xunta de Galicia interesouse, así mesmo polo funcionamento neste colexio dos contratos-programa, dos que o curso pasado desenvolveron as liñas 1, 2 e 3. Neste sentido cómpre lembrar que a primeira liña, de Reforzo, orientación e apoio (PROA), busca mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades, a través do traballo ou apoio organizado para a adquisición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materia; mentres que a liña 2 está centrada nas accións para a Mellora das competencias clave, en especial da matemática. A liña 3, de Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros, inclúe todas aquelas accións que repercutan e interveñan na mellora do clima escolar e das relacións entre os membros da comunidade educativa.

O CEIP Pedro Barrié de la Maza, en colaboración con outros da zona, acaba tamén de empezar a desenvolver o blog Octopus’s Garden, un banco de recursos para as nenas e nenos de Infantil.

Información xeralEducación infantilEducación primariaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Novas Xunta

Resolución definitiva dos centros docentes públicos para participar na Semana STEM 2019 dirixida a alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO

Ven, 04/10/2019 - 12:25
Idioma GallegoAnuncio principal: Convocatoria para a selección de centros docentes públicos para participar na actividade "Semana STEM" 2019 dirixida a alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO

Xúntase a Resolución definitiva dos centros docentes admitidos para participar na actividade "Semana STEM" dirixida a alumnado de quinto e sexto cursos de educación primaria e primeiro e segundo cursos de educación secundaria obrigatoria.
 

Tema: Plans e actuacións en innovación educativa Ensinanza: Educación primariaEducación secundaria obrigatoriaColectivo: ProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Novas Xunta

Relación provisional de centros seleccionados da convocatoria para participar no proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent, durante o curso 2019/2020

Ven, 04/10/2019 - 11:30
Idioma GallegoAnuncio principal: Convocado o proceso de selección de centros para participar no proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent, durante o curso 2019/2020

 

Xúntase a Relación provisional de centros seleccionados da convocatoria para participar no proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent, durante o curso 2019/2020.

 

  • Os centros disporán de prazo ata as 14:00 do vindeiro xoves 10 de outubro de 2019 para efectuar as alegacións, reclamacións ou renuncias a esta resolución que consideren procedentes. Aos efectos de axilizar o proceso, debe remitirse copia escaneada da reclamación ou renuncia e da documentación presentada nos rexistros establecidos a dirección de correo electrónico digicraft@edu.xunta.gal
Tema: Programas e plansEnsinanza: Educación primariaColectivo: ProfesoradoAlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas Xunta

Proxectos de formación para o profesorado de FP 2019/2020

Ven, 04/10/2019 - 11:05
Idioma Gallego

Publicada a convocatoria de proxectos de formación do profesorado de formación profesional que se van implantar no curso 2019 – 2020 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Advertido erro na convocatoria publicada no anterior aviso, cómpre realizar a seguinte corrección:

No apartado 5, onde di: “Os proxectos de formación terán unha duración mínima de oito horas”, debe dicir: “Os proxectos de formación terán unha duración mínima de vinte horas”.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, como responsable da planificación da formación do profesorado, convoca proxectos de formación específicos para o profesorado que imparte docencia nas ensinanzas de formación profesional en centros públicos para o curso 2019-2020.

  • Que son? 

Esta modalidade de formación desenvólvese nos propios centros educativos, favorece e estimula o traballo en equipo do profesorado e propicia a innovación, a mellora da práctica docente e a actualización científico-técnica, de modo que incida na mellora da educación.

  • Convocatoria

Convócanse proxectos de formación do profesorado de formación profe­sional, nos centros educativos de niveis non universitarios que impartan estas ensinanzas.

Cada proxecto deberá contar cun coordinador ou cunha coordinadora e poderá incorporar profesorado de diferentes centros que compartan a súa necesidade de formación, coa finalidade de acadar o óptimo aproveitamento dos recursos.

  • Destinatarios

Poderá participar nesta convocatoria o profesorado que teña atribución docente nas ensinanzas de formación profesional, ou que exerza a xefatura dos departamentos de Orientación ou de Información e Orientación Profesional, e que estea destinado nalgún centro público dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ou noutros pero que forme parte do cadro de persoal desta consellería.

  • Obxectivos
    • Dar resposta ás necesidades de formación do profesorado de formación profesional, e facilitarlle ao resto do profesorado o acceso á información obtida mediante a elaboración e a difusión de actividades de aplicación directa a aula.

    • Fomentar a súa formación nas competencias profesionais para abordar con eficacia todas as situacións do proceso de ensino e aprendizaxe, e no desenvolvemento das funcións que o profesorado debe desempeñar nunha sociedade complexa e en permanente cambio.

    • Potenciar a relación entre o profesorado de formación profesional e as empresas para, deste xeito, ofrecerlle unha mellor orientación ao alumnado de formación profesional.

    • Establecer liñas de traballo e de toma de decisións para a mellora consensuada da educación do alumnado e do funcionamento dos centros, así como para a posta en práctica e a avaliación de accións que repercutan na mellora da calidade dos procesos curriculares e organizativos.

    • Promover a formación e a actualización metodolóxica e científico-tecnolóxica dos equipos docentes a través do traballo colaborativo e do fomento da súa autonomía, partindo da experiencia e da capacidade do profesorado.

 

  • Liñas de traballo
  1. Innovación tecnolóxica e científica
  2. Innovación didáctica
  3. Deseño e desenvolvemento curricular no marco do modelo competencial
  4. Orientación profesional, xestión do talento e emprendemento
  5. Plurilingüismo na formación profesional
  6. Atención á diversidade, convivencia, equidade e igualdade de xénero nas ensinanzas de FP
  7. Organización e xestión.
  8. Actualización científica e didáctica do profesorado de formación profesional.

 

File:  Convocatoria Anexos I, II e III Anexo IVServizo relacionado: FPROFETema: Proxectos de formación do profesorado de formación profesionalEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Ordenación e Formación ProfesionalColectivo: ProfesoradoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas Xunta

A Xunta de Galicia concede 46 axudas de apoio á etapa posdoutoral no Sistema Universitario de Galicia e noutras entidades

Ven, 04/10/2019 - 09:30
Summary: O importe total adxudicado ascende a 5.729.000 euros Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se adxudican as axudas da modalidade A de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego deste ano 2019. As axudas son concedidas pola Consellería de Educación e pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Son 46 axudas cun orzamento total de 5.729.000 euros, cun importe máximo de 49.900 euros anuais cada unha delas, con contías variables en función do destino dos dous primeiros anos de estadía. Ademais, as axudas destinadas ás persoas investigadoras que obteñan a condición de bolseiras Fulbright terán unha dotación complementaria de 5.000 euros en cada ano de estadía. Acadaron esta condición dúas persoas investigadoras da Universidade de Santiago de Compostela que van desenvolver os dous anos de estadía nos Estados Unidos, en concreto Xabier García Feal e Gonzalo Pérez de Lis Castro.

No referido ás universidades, ao abeiro da resolución publicada hoxe reciben un total de 40 axudas (26 para persoas investigadoras na Universidade de Santiago de Compostela, 13 na Universidade de Vigo e 1 na Universidade da Coruña), por importe total de 4.967.520 euros. No caso das demais entidades, outórganse 3 axudas para persoas investigadoras no Instituto de Ciencias de Patrimonio (INCIPIT) do CSIC, unha para o Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, unha para a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela e outra para a Fundación Profesor Novoa Santos. O importe total neste caso ascende a 761.480 euros.

Cómpre sinalar que esta convocatoria quere contribuír a reducir o desequilibrio entre mulleres e homes dedicados á investigación na formación posdoutoral no Sistema de I+D+i galego, polo que á hora de conceder as axudas tívose en consideración o peso relativo das mulleres nas propostas presentadas, de maneira que se potencie o seu número e a calidade do seu traballo. Deste xeito, das 46 axudas concedidas 25 son para mulleres.

Obxecto

O obxecto do Programa de apoio á etapa posdoutoral é outorgarlles axudas ás universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e ao IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutores e doutoras nos seus centros.

As axudas convócanse en dúas modalidades diferentes, todas elas enmarcadas no Plan de Financiamento Universitario de Galicia 2016/20. Neste caso, a modalidade A consiste nun contrato de dous anos de duración para a realización de estadías no estranxeiro e un contrato de retorno dun ano en Galicia. Ademais, as solicitudes que propoñan persoas candidatas de nacionalidade española que presenten un plan de estadías de dous anos en Estados Unidos optarán a contar co apoio da Comisión Fulbright e ter a condición de bolseiras Fulbright.

O importe das axudas nesta modalidade destinarase a pagamento dos contratos, custos sociais e complementos a cada entidade beneficiaria por persoa contratada. Ademais, unha dotación complementaria para aquelas solicitudes correspondentes a persoas investigadoras que consigan a condición de bolseiros Fulbright durante os dous anos de estadía nos EEUU.

BolsasUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSecretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica UniversitariaAlumnado
Categorías: Novas Xunta

Resolución da convocatoria do programa "Biblioteca Creativa" para o curso 2019/2020

Xov, 03/10/2019 - 15:41
Idioma GallegoAnuncio principal: Convocatoria do proxecto Biblioteca Creativa

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publica a Resolución de 3 de outubro de 2019 pola que se dá a coñecer a relación de centros que se incorporan ao programa "Biblioteca Creativa" para o curso 2019/2020, así como os centros que continúan no programa xunto coas asignacións concedidas para o desenvolvemento das actuacións específicas, no seu caso, segundo o recollido na convocatoria de 3 de setembro de 2019.

 

Tema: Plan LÍABibliotecas escolaresEnsinanza: Educación infantilEducación primariaDepartamento: Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosSubdirección Xeral de CentrosColectivo: ProfesoradoCentros
Categorías: Novas Xunta

Listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído dos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2018/2019

Xov, 03/10/2019 - 09:16
Idioma GallegoAnuncio principal: Convocados os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2018/2019

Xúntanse as listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído dos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2018/19.
 

Servizo relacionado: Premios ao alumnadoTema: Premios autonómicosEnsinanza: Educación secundaria obrigatoriaDepartamento: Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema EducativoColectivo: AlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Novas Xunta


by Dr. Radut