Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Entroido no San Tomé

Este ano cunha temática medieval pero cun entorno de comparsas e disfraces moi variados celebramos o noso Entroido. Malia a metoeroloxía desfavorable que non impediu desfilar nos patios, a festa foi aclamada por toda a corte. Preme no enlace para ver as fotos.

Teatro en Inglés

O pasado 31 de Xaneiro estivo no noso centro a compañía británica English Theater Company, representando a obra Digital Twin. Eiquí tendes o enlace para ver algunhas imaxes.

2024-2025 ☞ Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros educativos sostidos con fondos públicos + Oferta de vacantes

Achéganse documentos que detallan o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes para o próximo curso e a oferta de vacantes para o curso 2024-2025

Normativa de aplicación

DECRETO 13/2022, de 3 de febrero, por el que se regula la admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_es.pdf

 ORDEN de 21 de octubre de 2022 por la que se desarrolla el Decreto 13/2022, de 3 de febrero , y se regula el procedimiento de admisión del alumnado en los centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación (códigos de procedimiento ED550A, ED550B y ED550C).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_es.html

Atención! Actualización de vacantes con datos de 24 de abril de 2024

Admisión no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Para a admisión no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte é requisito previo a superación dunha proba física, que recibe cualificación de Apto/Non apto. Ata o de agora, a Universidade de Vigo recoñecía o resultado da proba da Universidade da Coruña, pero non se daba reciprocidade. Para a admisión do próximo curso, os resultados das probas físicas levadas a cabo por ámbalas universidades na ABAU 2024 serán recoñecidos en todo o Sistema Universitario Galego (SUG).

Xadrez no instituto

Dende o xoves 11 temos taboleiros de xadrez a disposición do alumnado para poder xogar durante o recreo. A actividade levarase ao cabo durante todo o 2º trimestre e estará dirixida polo Xadrez Galego e o Club Lucena. Ademais, grazas á colaboración da ANPA, ao rematar o trimestre o alumnado poderá disfrutar dun xadrez xigante.

Enlaza Vigo contra a violencia de xénero

O Departamento de Orientación e Vicedirección traballaron nas titorías de 3º e 4º no Programa EnlazaVigo do Concello. Asistimos ás charlas e actividades no Auditorio Mar de Vigo.

Configuración de abalarMobil

Lembramos a toda a comunidade educativa que nas normas e organización e funcionamento do centro (NOF) establécese que

As vías preferentes para transmitir información ás familias serán  Abalar: abalarMobil e Espazoabalar e a páxina web do centro”. O uso e configuración axeitada da app abalarMobil facilita unha comunicación fluída entre centro educativo e familias. 

☞ Guía do alumnado e das familias (Páxina 25)

Sesións de cinema francés para alumnado de 3º e 4º da ESO e de Bacharelato

Un ano máis e grazas a iniciativa da Alianza francesa de Vigo, o alumnado de francés do noso instituto acudíu a unha sesión de cinema francés no auditorio do concello. Primeriro foi o alumnado de 3º ESO primeiro idioma e o de 4º de ESO quen asistíu o día 8 de novembro para ver Seuls, película distópica onde uns adolescentes quedan sós no mundo. O día 16 de novembro foi o turno do alumnado de bacharelato que animouse a ver La traversée que narra a viaxe inciática duns nenos que inician o camiño do exilio. Grazas a todos por participar!!

Folga de estudantes convocada para o día 24 de novembro

Lémbrase que:

  • Soamente o alumnado a partir de 3º curso pode adoptar decisións colectivas de inasistencia a clase. 
  • O alumnado participante na xornada de folga deberá xustificar a súa ausencia do xeito tradicional ☞ Motivo ➟ Outros: Participación en xornada de folga.
  • O alumnado que desexe saír no recreo para participar na manifestación deberá entregar autorización firmada polos proxenitores. Achégase comunicación/autorización para saír no recreo. Esta comunicación/autorización para saír no recreo tamén pode ser recollida na conserxería do instituto.