Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Claustro

Competencias do claustro de profesorado

Competencias do claustro:
 
  1. Elevar ó equipo directivo propostas para a elaboración dos proxectos educativos e curricular do centro e da programación xeral anual.
  2. Aprobar e avalia-los proxectos curriculares e os aspectos docentes da programación xeral anual, conforme ó proxecto educativo do centro.
  3. Promover iniciativas no ámbito da experimentación e da investigación pedagóxica e na formación do profesorado do centro.
  4. Promover iniciativas no ámbito da experimentación e da investigación pedagóxica e na formación do profesorado do centro.
  5. Elixir ós seus representantes no Consello Escolar do instituto e no consello directivo do centro de formación continuada do profesorado.
  6. Propoñer todo tipo de iniciativas que tendan a mellora-lo funcionamento do centro en calquera dos seus aspectos.
  7. Aprobar os criterios pedagóxicos para a elaboración dos horarios dos alumnos.
  8. Aprobar a planificación xeral das sesións de avaliación e cualificación e calendario dos exames ou probas extraordinarias.
  9. Analizar e valorar o rendemento escolar do centro mediante os resultados das avaliacións e outros parámetros que se consideren pertinentes.
  10. Coñecer as candidaturas á dirección e os programas presentados polos candidatos.
  11. Coordinar as funcións referentes a orientación, titoría, avaliación e recuperación dos alumnos e alumnas.
  12. Analizar e valorar os resultados da avaliación que do centro realice a Administración educativa ou calquera informe referente do centro.