Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Localización e horario de apertura

O centro: Localización e horario de apertura

 IES San Tomé de Freixeiro

 

Fachada del IES Santo Tomé de Freixeiro vista desde la calle Gran Vía

Historia

O Instituto funciona dende o curso 1962-63. Inicialmente era un Instituto só feminino, baixo a denominación de Instituto Nacional Feminino "Nuestra Señora de la Guía".
En 1981, transformouse en Instituto Mixto adoptando como nome o da parroquia viguesa do Freixeiro na que está situado "Instituto de Bacharelato Santo Tomé de Freixeiro"; nun afán de galeguizar axeitadamente a súa denominación, transfórmase no IES "San Tomé de Freixeiro".
O Instituto tal e como o coñecemos hoxe, edificouse en dúas etapas. Nun primeiro momento levantouse a parte que dá á Gran Vía -a parte máis nobre, denominada "parte vella" polos da casa- seguindo planos dun centro educativo sueco de ensino medio (este feito pode explicar a búsca de luminosidade con cristaleiras así como a amplitude do "hall" de entrada e paraninfo). Posteriormente, xa nos anos 1971-72, para incrementar o número de aulas, constrúese a parte interior, orientada cara ó Centro Deportivo Municipal Pavillón do Carme.

 

Ubicación
Gran Vía, 191 C.P:36210 Vigo, Pontevedra.

Contacto
Teléfono: 986.231.667
Fax: 986 213 969
Correo-e: ies.santome.freixeiro@edu.xunta.es

Horario xeral: 

  • Apertura do centro:  Durante os días lectivos o centro permanece aberto ininterrompidamente dende as 8.15 ás 20.00 horas. 
  • O horario de atención ao público da Secretaría do centro abrangue dende 9.00 e as 14.00 horas