|
|
|
Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra. ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667
|
|
|
|
Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra. ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667
|
O Departamento de Orientación e a Vicedirección coordinaron a visita guiada para o alumnado de 2ºBAC ao campus da Universidade de Vigo. 114 alumnos/as percorrieron ás instalacións e seguiron as explicacións polos distintos itinerarios tecnolóxico, científico, humanístico e xurídico e económico.Ver fotos.
Estes días estivemos preparando cun taller de origami a chegada do Samaín. O 31 de outubro o centro vestiuse de terror e medo con diversas actividades para festexar o Samaín.
Co gallo do bicentenario da morte de Lord Byron, alumnado de 1º BAC da materia Literatura universal, foi ás aulas de 1º e 2º ESO a expoñer os seus traballos sobre a relación do poeta con Polidori e a creación do mito do vampiro tal e como o coñecemos hoxe.
Ademais todo o alumnado da ESO tivo unha hora de lecturas terroríficas ao longo da mañá.
No centro puidemos ver o cemiterio romano creado polo alumnado de latín de 1º de bacharelato. Contamos tamén coa exposición dos traballos do alumnado de 1º ESO feito na materia de ciencias sobre os vampiros reais acompañados das cabazas decoradas e talladas polo alumnado. A exposición de novidades da biblioteca estivo chea de propostas literarias de terror da man do propio Byron.
Durante o recreo, no salón de actos, proxectáronse curtas de terror no noso salón de actos engalanado con moito acerto para a ocasión pola ANPA. Moitas grazas pola vosa colaboración!!!
⚠️ 1ª Reunión informativa celebrada o 26 de outubro ás 18:30. 2ª Reunión informativa celebrada o 8 de xaneiro ás 18:45. Todas aquelas persoas que non puideron asistir deberán informarse a través da seguinte ligazón.
☞ Preme para acceder a toda a información + Preme para acceder ao formulario de recollida de datos
Acceso, tamén, a través da sección "Actividades escolares" - "3º ESO"
O pasado 5 de outubre, como ven sendo habitual, o alumnado de 1º ESO fixo unha actividade na que percorreron a ría de Vigo en barco, pasando por debaixo da ponte de Rande e o museo de Meirande. Recibiron explicacións sobre todo o acontecido na Batalla de Rande e visitaron as illas de San Simón e San Antón onde coñeceron de primeira man a historia do seu monasterio, hospital-lazareto, orfanato e prisión na Guerra Civil española. A actividade organizada polo departamento de Xeografía e Historia foi capitaneada polo profesor Javier Portas. Preme para ver fotos
Representantes do "Vigo Stick" pasaron polo centro para dar a coñecer este deporte e presentar as actividades de este clube de recente creación.
O hóckey herba é un deporte colectivo que ten a súa orixe en Inglaterra e que se xoga sobre herba natural ou artificial. É un deporte moi dinámico e emocionante que require habilidade, velocidade e precisión. O obxectivo do xogo é marcar máis goles que o equipo contrario. Unha das principais características do hóckey herba é que se xoga en equipo, o que fomenta o traballo en conxunto, a cooperación e a comunicación entre os xogadores. Esta dinámica fai que os participantes aprendan a confiar uns nos outros e a desenvolver habilidades de liderado e colaboración. Ademais, o hockey herba require un bo nivel de condición física, xa que os xogadores deben ser rápidos e ter resistencia para moverse polo campo de xogo e participar activamente no xogo. Isto promove un estilo de vida saudable e activo na xuventude, axudando a mellorar a súa saúde cardiovascular e a súa forma física en xeral.
A práctica do hockey herba tamén desenvolve habilidades técnicas como o control do balón, o pase preciso e o golpeo. Estas habilidades poden ser transferidas a outros aspectos da vida, como o traballo en equipo no ámbito educativo ou laboral, ou a toma de decisións rápidas e precisas. Ademais, o hockey herba é un deporte inclusivo, xa que pode ser xogado por homes e mulleres de todas as idades e habilidades. Isto fomenta a igualdade e o respecto entre os xogadores, promovendo un ambiente de inclusión e diversidade.
En resumo, o hockey herba ten unha gran influencia positiva na xuventude, tanto a nivel físico como a nivel persoal. Fomenta valores como o traballo en equipo, a disciplina e a superación persoal. Ademais, axuda a mellorar a condición física e a desenvolver habilidades técnicas. É un deporte que promove a inclusión e a igualdade, contribuíndo ao crecemento e ao desenvolvemento dos xóvenes.
No taller de tecnoloxía, os alumnos e as alumnas de 2ºESO embarcáronse nun proxecto creativo e práctico: a fabricación de lapiseiros de madeira. Armados con ferramentas como a serra de marquetería eléctrica, o cuter, serruchos e outras ferramentas, os estudantes demostraron a súa habilidade e destreza manual. Guiados pola súa profesora, os alumnos aprenderon a manexar correctamente as ferramentas e a traballar con seguridade. Con paciencia e atención ao detalle, cortaron e deron forma á madeira para crear lapiseiros únicos e funcionais. Algúns estudantes optaron por deseños simples e elegantes, mentres que outros experimentaron con formas máis orixinais e creativas. Despois de dar forma aos lapiseiros, os alumnos dedicaron tempo a lixar coidadosamente a madeira, asegurándose de que estivese suave e sen achas. Unha vez que os lapiseiros estiveron preparados, chegou o momento da fase final: a pintura. Os estudantes aplicaron cores vibrantes e creativas, personalizando cada lapiseiro segundo o seu estilo e preferencias. O resultado final foi unha gran variedade de lapiseiros de madeira, cada un co seu propio toque distintivo. Os estudantes se enorgulleceron das súas creacións e compartiron os seus traballos nunha exposición dentro do instituto. Este proxecto non só permitiu aos estudantes desenvolver as súas habilidades técnicas, senón que tamén lles brindou unha oportunidade para expresar a súa creatividade e experimentar co deseño. Ademais, fomentou o traballo en equipo e a aprendizaxe práctica, mentres espertaba un interese renovado pola tecnoloxía e a artesanía. O próximo mes de xuño realizarase unha exposición dos lapiseiros na entrada do Instituto.
O alumnado de 2º ESO participou no programa Consumópolis incluído no plan Proxecta+ 2022/23 coordinado pola profesora de tecnoloxía Luisa Alonso e en colaboración cos tutores deste curso.
Consumópolis é un concurso escolar sobre consumo responsable e calidade de vida, promovido polo Ministerio de Consumo e organizado na Comunidade Autónoma polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
A participación no concurso materializouse a través das actividades que o alumnado desenvolveu na cidade virtual de Consumópolis (premer no enlace) na primeira parte, e na segunda parte elaboraron un vídeo dun traballo colaborativo en equipo.
Un total de 6 equipos pasaron á fase do concurso autonómico, 3 equipos de 2º ESO E, un equipo de 2º ESO B, un de 2º ESO PMAR e un de 2º ESO A.
Desexámoslles moita sorte na eliminatoria!
O pasado 5 de maio de 2023, os/as alumnos/as de 2º ESO realizaron unha excursión pola zona de Muros, A Coruña, organizada polo departamento de tecnoloxía.
Despois de asistir á exhibición como apoio ao equipo que participou na 2ª edición da Liga Maker Drone, realizaron un percorrido pola costa da morte. Visitaron A Fervenza do Ézaro, o Hórreo de Lira e remataron dándose un baño na praia de San Francisco en Muros.
Foi unha xornada emocionante e enriquecedora na que os estudantes puideron gozar dunha natureza impresionante. A Fervenza do Ézaro sorprenderon a todos co seu impresionante caudal de auga, creando un espectáculo natural impresionante. A visita ao hórreo de Lira permitiulles coñecer e apreciar a arquitectura tradicional galega, un símbolo da nosa cultura.
Para rematar a excursión, os alumnos puideron relaxarse e desfrutar dun mergullo na praia de San Francisco en Muros. A auga cristalina e a beleza da praia fixeron deste momento unha experiencia inesquecible.
Foi un día cheo de aprendizaxe, diversión e conexión coa nosa contorna natural.
O alumnado de 2º B PMAR e de Métodos Estatísticos e Numéricos de 2º Bach elaborou un cartel sobre algunhas das matemáticas máis relevantes ao longo da historia, co gallo do Día Internacional das Mulleres Matemáticas.
O obxectivo desta actividade é dar visiblidade ao papel das mulleres nas matemáticas e así ofrecer referentes femininos ao noso alumnado (premer na foto)
Do 10 ao 23 de maio temos no noso IES a exposición itinerante Apúntate á compostaxe! do Programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra, que se inclúe dentro do Contrato Programa Innova-Sostenibilidad concedido o presente curso e coordinado polo departamento de bioloxía e xeoloxía.
Na exposición móstrase a gran importancia que ten hoxe en día a xestión selectiva de residuos e a compostaxe como práctica activa da sostibilidade.
Segundo o último censo, ten 5.766 veciños. Antiguamente, a zona estaba atravesada polos catro principais viais que tiña a cidade a comezos do XX: Regueiro, Pozo Peinado, Os Anxeles e Seara. A realización da Gran Vía, que discorre a través de boa parte da parroquia, supuxo o gran proxecto municipal de mediados do século pasado,reflectindo o vertixinoso crecemento económico e social deses anos. Formando xa case parte do entramado das Travesas podemos observar o magnífico Pazo da Pastora ou Santhomé do século XIV. Chamouse antigamente Torre de Busteu e foi o seu señor Pedro Álvarez de Soutomaior, aculmado Pedro Madruga. Construcción rectangular con dúas torres ás beiras que, ó igual có Pazo de Castrelos, non presenta a tradicional escaleira exterior.
Moi próximo tópase o Museo Liste constituído o 15 de xuño do 1999, froito dun convenio entre o Concello de Vigo e D. Olimpio Liste Regueiro. Ten a súa sede nunha vivenda unifamiliar de mediados do século XX, con finca circundante, propiedade do concello.
O instituto de ensino medio leva o nome da parroquia, San Tomé de Freixeiro, e tamén hai rexistradas varias organizacións cidadás, dúas asociacións de veciños ou a Asociación Freixeiro de Axuda ao Necesitado.
Situado na Gran Vía, dende 1962 o IES San Tomé de Freixeiro desenvolveu actividade educativa ata a actualidade. Antigamente coñecido como “Nuestra señora da Guia”, exclusivo para mulleres.
No año 1981 convirtiuse en instituto mixto e adoptou o nome de “instituto de bacharerato Santo Tomé do Freixeiro”. Nun intento de darlle unha denominación axustada o centro pasou a chamarse “ IES San Tome do Freixeiro”.
O instituto tal como o coñecemos hoxe en día edificouse en duas etapas nun primer momento construiuse a parte orientada de cara a Gran Vía, coñecida como “parte vella”. Mais tarde, nos anos 1971-72, e para incrementar o número de aulas, construíuse a parte interior orientada hacia o centro polideportivo ”pavillón do Carme”
|
Copyright © 2003-2022 Proxecto Webs Dinámicas.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Aviso legal
|