Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Francés

DEFLF 2024 - INFORMACIÓN

 

O IES San Tomé de Freixeiro a través do Departamento de

 

Francés, como centro Oficial do Delf (Diploma de Estudo de Lingua

 

Francesa) presenta as probas do DELF 2024.

 

Poderedes atopar no arquivo adxunto (PDF) toda a información

relativa as probas que terán lugar no noso centro.

 

Para resolver calquer dúbida podedes contactar no departamento

de Francés.

INTERCAMBIO FRANCIA 2023 2024

INTERCAMBIO A FRANCIA - 2023 2024

O departamento de Francés do IES San Tomé, como ven facendo dende fai moitos anos, organiza un intercambio co Collège-Lycée Fénelon da cidade francesa de Clermont-Ferrand. O alumnado de francés de 1º e 2º idioma dende 1º de bacharelato ata 3º da ESO. teñen a posibilidade de participar nesta actividade. O límite son 35 prazas. 

Este intercambio consiste nunha estancia de 5 días en Clermont-Ferrand, onde o alumno estará en contacto directo co alumnado francés. E logo nunha visita de 2 días e medio a cidade de París, onde poderedes admirar e coñocer os principais monumentos da cidade parisina. 

Por razóns obvias e de capacidade, teñen prioridade os cursos máis altos, e os alumnos de 1º idioma.

Podedes consultar toda esta información nos arquivos adxuntos.

Si tedes dúbidas podedes falar con calquer profesor do departamento.

 Cordialmente, os membros do departamento de Francés.

INFORMATION ET INSCRIPTION DELF 2023

Bonjour, voilà toute l'information dont vous avez besoin pour l'incription au Delf 2023.

Pour toute autre information veuillez contacter les enseignants du département.

Amicalement, Luis Sanjurjo. 

INFORMACIÓN PENDENTES 2022 2023

INFORMACIÓN PARA OS ALUMNOS QUE TEÑEN A MATERIA PENDENTE DE FRANCÉS:

Para recuperar a materia de francés os alumnos poderán optar por:

a)  

Entregar, nas datas sinaladas, os boletíns de exercicios propostos polo profesor responsable do programa de recuperación e realizar os exames parciais. Neste caso, a porcentaxe acordada ao boletín de exercicios será do 60% (6 puntos) e a do exame parcial, o 40%. (4 puntos).

b)  

Presentarse só aos exames parciais. Cada parcial se cualifica sobre 10 puntos. Será necesario acadar unha media de 5 puntos entre os dous parciais para recuperar a materia. Non se fará media se nun dos exames a nota é inferior a un 3.

Datas de entrega de boletíns de exercicios e datas de exames parciais:

Primeira avaliación:

        

Boletín de exercicios, data límite: luns 14 de novembro 2022.

         1º exame parcial: luns 21 de novembro ás 18h30. Lugar: Departamento de Francés (4º andar)

 

Segunda avaliación:

 

       Boletín de exercicios, data límite: venres 10 febreiro 2023

       2º exame parcial: luns 27 febreiro 2023. Lugar: Departamento de Francés (4º andar)

 

Consideracións:

-    

Os alumnos que non superasen a materia durante o curso, terían que realizar un exame final en maio, nas datas sinaladas por xefatura de estudos. Dito exame será cualificado sobre 10 puntos, sendo necesario acadar 5 puntos para superar a materia.

-    

Tanto os exames parcias, como o final de maio, constarán de exercicios de gramatica, de vocabulario e de actividades de comprensión e de expresion escrita, de deseño moi similar as actividades propostas nos boletíns de exercicios.

Para resolver calquer dúbida podedes contactar con calquer profesor do departamento de Francés.

XD: Asdo. Luis Sanjurjo Villanueva.

DELF 2023

DELF SCOLAIRE 2023

BONJOUR !!!

Como moitos saberedes o IES San Tomé é o centro de REFERENCIA do DELF (DIPLÔME d'ÉTUDES en LANGUE FRANÇAISE)  en Vigo e dos poucos centros nos que se imparte Francés 1ª Lingua. Dende fai uns anos as e os alumnas/os matriculados teñen a posibilidade de presentarse ao título oficial do DELF, niveis B1 e B2.

O prazo de matrícula para o DELF Scolaire estará aberto dende 1 ao 25 de febreiro 2023. 

No arquivo anexo vos vai a información facilitada pola Alianza Francesa.

No caso de necesitar máis información podedes con calquer membro do Departamento de Francés.

Un saúdo.

 

Novas do departamento de Francés: Resultados dos exames DELF e bolsas do concello de Vigo

Boas novas!! No departamento de francés do instituto estamos de celebración! Xa temos os resultados dos exames DELF que expide o Ministerio de Educación francés.  E como vén sendo habitual, cuns resultados magníficos. Nesta ocasión o 100% do noso alumnado presentado certifica o nivel B1 ou o B2. No instituto ademais de preparalos para estas probas, somos centro examinador para a cidade de Vigo e a  súa contorna. E grazas a un acordo entre a Xunta de Galicia e a Alliance Française,    o custo destas probas está en parte sufragado polo goberno autonómico.


 

Pero, as boas novas, din, nunca veñen soas. Hoxe mesmo fíxose público a nova oportunidade que terá o alumnado de francés de aproveitar as bolsas para mellorar   o seu nivel de coñecementos en francés que outorgará proximamente o Concello de Vigo, do mesmo xeito que ven facendo, desde hai anos, co inglés. Unha iniciativa dunha profesora que pasou polo noso centro e que foi apoiada de xeito activo polo profesorado do noso departamento.


 

 

Aquí podedes ver a Begoña Montenegro (a impulsora desta iniciativa), a nosa compañeira Monique e outras dúas profesoras reunidas co Alcalde.

Para máis información podedes premer no enlace e ler a noticia no xornal: Enlace

INTERCAMBIO A FRANCIA CO LYCÉE FÉNELON DE CLERMONT-FERRAND CURSO 21-22

Logo do parón debido á pandemia, este ano puidemos por fin retomar o intercambio. Nesta volta viaxamos a Francia cun grupo de 35 alumnos e alumnas de 4º da ESO e de 1º de BAC. Durante o percorrido de ida visitamos as covas de Lascaux e a vila de Sarlat-la-Canéda. Logo o alumnado foi recibido polos seus "corres" e as súas familias cos que conviviron durante uns días nos que tamén aproveitamos para visitar a cidade e a contorna. Nesa mórea de actividades, fumos ver curtametraxes, volcáns, igrexas, o museo Michelín... e ata fixemos un anaco de camiño de Santiago. 

Na viaxe de volta, aproveitamos e fixemos dúas paradas para coñecer Avignon e Carcassonne. 

Foi unha experiencia formidable segundo os propios protagonistas contaran no artigo del que foron protagonistas nun xornal local, onde mesmo fomos portada! 

Unhas semanas despois, recibimos ao alumnado francés que aproveitou con moitas visitas e actividades a súa viaxe. Entre todos, voltamos a vivir experiencias ilusionantes e formativas que dan sentido ao esforzo que pola aprendizaxe do francés fai o noso alumando. 

Logo do éxito de esta edición, xa estamos traballando para organizar a próxima!

Premer aquí para ver todas as fotos

 
 
 


PROGRAMACIÓN DO DEPARTAMENTO FRANCÉS 2021 2022

Bonjour !!!

Aquí podedes consultar a programación do DEPARTAMENTO DE FRANCÉS do curso 2021 2022.

Un saúdo.

MOT DE BIENVENUE !!!

Bonjour!. Soyez les bienvenus à notre site!.

No noso centro podedes estudar francés como primeira ou como segunda lingua en todos os cursos de ESO e en 1º de BacharelatoPara contaxiarvos o noso entusiasmo pola lingua e cultura francesas, imos utilizar todos os recursos que poidamos. Esperemos que vos  "descubra" moitas cousas e vos resulte amena.  

C'est parti! 

 

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO 2021 - DEPARTAMENTO DE FRANCÉS - INFORMACIÓN

Remito toda a información relacionada coa proba extraordinaria de setembro 2021 da materia de FRANCÉS.