Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

4º ESO

PROXECTOTERRA “Intercambio territorial Camiño de Santiago “ curso 2022-23

Os días 3 e 4 de maio o alumnado de 4º da ESO acompañados polos profesores Xosé Álvarez e Mateo Carrera desprazáronse ao Cebreiro (Camiño de Santiago ) para comezar unha ruta de 48 horas rematando no Mosteiro de Samos. A viaxe organizada polo EDLG do IES San Tomé de Freixeiro foi patrocinada polo PROXECTOTERRA “Intercambio territorial Camiño de Santiago “ curso 2022-23 . O alumnado visitou no Cebreiro unha Palloza-museo, a igrexa e o conxunto da aldea. Pola tarde dese mesmo día rutearon dende o Alto de Poio ata Triacastela ( 9 Km de andaina) . No segundo día visitaron o taller “Artelar “ onde presenciaron unha actividade demostración de tecido”.Aproveitaron tamén para visitar o albergue da Xunta e ver o conxunto rehabilitado. Visitaron un muíño e logo o Mosteiro de Samos. Non só traballaron nunha aprendizaxe activa , tamén houbo tempo de partillar, gozar e rir. Esperamos repetir o curso vindeiro despois dunha experiencia tan positiva para alumnado e profesorado. Mil grazas a todos e todas por facela posible , e sobre todo a @Proxectoterra.

Vídeo

Comentario de texto

Aquí vos deixo unhas nocións sobre como facer un comentario literario dun texto. Hai moitas maneiras de facelo, esta non é máis que un exemplo.