Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Tecnoloxía

O IES San Tomé de Freixeiro na liga MakerDrone

O IES San Tomé de Freixeiro puido gozar este venres da xornada de introdución que serve de punto de partida para a súa participación na liga MakerDrone, unha competición estudantil promovida pola Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia na que o alumnado debe deseñar e programar un dron que resolva un problema social de actualidade. Participarán nesta segunda edición da liga MakerDrone 18 equipos de estudantes de 2ºESO (14-15 anos de idade) seleccionados entre centros de toda Galicia. Esta iniciativa promove así a educación científica e técnica da cidadanía futura, conciencia da relevancia da tecnoloxía aplicándoa a situacións da vida cotiá á vez que estimula o interese, a creatividade e autonomía do alumnado.

Durante a xornada introdución, que se celebrou no Pavillón Municipal do Carme por mor das obras de remodelación que están a ter lugar no instituto, o alumnado puido participar en talleres de programación e robótica, deseño e impresión 3D, prototipado rápido, simulación de pilotaxe con realidade virtual e mesmo manexaron un dron baixo a supervisión dun piloto profesional.

O alcalde Abel Caballero visitou os talleres e animou o alumnado para gozar desta experiencia, agradecendo a iniciativa aos organizadores. Dirixiuse á directora, María del Carmen Vélez, en nome do equipo que representará ao IES San Tomé de Freixeiro, e desexou a mellor das sortes durante a competición ao seu alumnado á vez que destacou o peso da industria e a tecnoloxía na cidade.

       

Máis información neste enlace