Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Dinamización lingüística

2014. Ano de Xosé María Díaz Castro

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

 

 

Nimbos (de Nimbos, 1961)

 

SI é que o poema é só un nimbo de lus

         que os ollos cegos póñenlles ás cousas

soñadas, ou amadas nas teebras,

 

das cousas que xa foron e se foron

pro siguen sendo e non se van xa máis,

das sombras que, xogando cos meus ollos,

na miña vida en lume se enxeriron,

 

eu deixo equí os nimbos, coma cinza

de rosas que onte encheron de perfume

o mundo, morto xove, dalgún soño.

 

Gústanos!

O Concello de Vigo, a Universidade de Vigo, a Fundación Celta de Vigo, o Real Club Celta de Vigo e o EDLG do IES San Tomé de Freixeiro estarían encantados de que participásedes nesta iniciativa a prol da defensa da nosa lingua.

Gústanos...  a iniciativa. Fai dela todo un éxito!!!! 

 


 

 

LETRAS GALEGAS 2013. V CERTAME XOSÉ MANUEL ENRÍQUEZ

LETRAS GALEGAS 2013

 

V CERTAME XOSÉ MANUEL ENRÍQUEZ

 

INFORMACIÓN AQUÍ 

REGUEIFANDO

               

 

OBRADOIRO DE REGUEIFAS 2013

Organizan: Concellería de Normalización Lingüística do Concello e o EDLG do IES            San Tomé de Freixeiro

Datas:    os mércores 6 e 20 de febreiro


Lugar:    salón de actos

Hora:      ás 9.30 h

Duración:   1 h 30 min

 

Profesores encargados: MIGUEL DOIRO TABOADA

                            MANUEL QUEVEDO RODRÍGUEZ               

 

ALUMNOS PARTICIPANTES:

 


1º A ESO

Liñares Faro, Antía

Rey Alonso, Diego

 

1º B ESO

Cabaleiro Crespo, Carmen

Ferreira Francisco, Eva

 

1º C ESO

Emily Gonçalves Ferreira

González González, Laura

Rocha Grandal, David

Veiga Mosquera, Sabela

 

1º D ESO

Porrit Marchena Esther

 

2º B ESO

Campos Álvarez, André

Casas Bernárdez, Pablo

 

2º C ESO

De Castro-Melo Lourenço, Ana Laura

González Cons, María Raquel

Nieto Domínguez, María

2º D ESO

Mancebo Bettremieux, María

Philippon Loureiro, Carla

 

3º B ESO

Bernal del Olmo, Lucía

Castelao Bargiela, Pedro

Covelo Santeiro, Nerea

Heleno Fernández, Jesús

Otero Fernández, Andrea

Pedreira Almeida, María Chantal

Rodríguez Gil, Diana

Rodríguez Pagador, Félix

Rodríguez Rodríguez, Tomás

 

3º C ESO

Fernández Fernández, Iago

Guntín Alonso, Sandra

Iglesias Carballeira, Sandra

Leirós Nieves, Irene

Manzano Pazos, Inés

Murga de Martino, María de los Milagros

Nogueira Rubianes, Ana

Novo Costas, Daniel

Pérez López, Shara

Piñeiro Lago, Sara

Prada Mena, Diego

Raposo Graña, Lara

Rivas García, Sara

Termenón Paniagua, Áurea

Termenón Paniagua, Irene

Vázquez Rocha, Adrián

 

4º A ESO

Domínguez Cosquet, Alexis

Piñeiro Lago, Paula

 

4º C ESO

Alonso Vázquez, Marina

2º A bacharelato

Albardonedo Varela, Carlota

 

2º B bacharelato

Otero López, Irene

Toucedo Bárcena, Alicia Fátima

 

2º C bacharelato

Porrit Marchena, Sara

 

2º D bacharelato

Pérez Monje, Beatriz

Rodríguez Díaz, Alba María


 

 

 

 

certame DE REGUEIFAS 2013 

 

 

 

O certame de regueifas, no que participarán os alumnos elixidos despois da celebración dos obradoiros, está previsto para o venres 1 de marzo a partir das 10.00 horas no CVC de Valadares (camiño do Pedregal. 6), no que intervirán rapaces e rapazas de varios centros de Vigo.

Está previsto o desprazamento en autobús posto a disposición do alumnado do centro pola Concellaría de Normalización Lingüística do Exmo. Concello de Vigo.

 

Gústame... o galego

Aquí vos deixamos este enlace, que agardamos que vos guste.

A nós... gústanos o galego!!!!

 

 VÍDEO

FELICITACIÓN NAVIDEÑA

O EDLG do IES San Tomé de Freixeiro e a Concellalía de Normalización Lingüística nestas datas aproveitamos para agradecer a todos aqueles que manteñen acesa a chama da ilusión pola normalización do galego coas súas colaboracións e o seu exemplo un moi bo Nadal e un ano 2013 xeneroso e ventureiro.

EXPOSICIÓN DE PANXOLIÑAS

O departamento de Debuxo, coa modesta colaboración do EDLG, organiza unha exposición de láminas de alumnos de 4º de ESO inspiradas nas tradicionais panxoliñas. O evento terá lugar durante a semana do 17 ó 21 de decembro no vestíbulo do IES San Tomé de Freixeiro. Agardamos que visitedes a exposición e, se vos animades... cantedes unha panxoliña! 


Esta noite non se dorme

imos cantar as xaneiras*

cheira a cravos, cheira a rosas

cheira á flor das laranxeiras.

 

Aquí mora xente honrada

en casa dun labradore

que ten a muller bonita

e a filla coma unha flore.

 

Oh que linda estrela *brila

alén dos lagos do norte

a esa moi nobre casa

Deus lle dea unha boa sorte.

 

Alegraivos compañeiras

xa vexo a luz da candea

a filla do labradore

vaivos convidar pra cea.

 

* "cántigas populares que se cantan na véspera do Aninovo, para desexar un bo ano"

As panxoliñas

Chega o Nadal e con el toda unha restra de actividades, costumes, ritos e celebracións. Non estaría de máis lembrarmos que en Galicia e en galego nestas datas a tradición conserva aínda hoxe un pequeno tesouro musical e literario: as panxoliñas.

Sobre a orixe e significado da palabra "panxoliña", así como outras cuestións relacionadas co tema, trata este capítulo 112 do coñecido programa televisivo Ben falado, un interesante e entretido microespazo televisivo dirixido e presentado polo académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xesús Ferro Ruibal. Esperamos que aprendades e gocedes coas panxoliñas!!!

O EDLG deséxalle a toda a comunidade escolar do IES San Tomé de Freixeiro un BO NADAL e un benévolo ANINOVO. 

 

http://www.youtube.com/watch?v=bIMlUhxsPtM&feature=player_embedded