Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

1º ESO

Viaxe pola historia da nosa ría: de Rande a San Simón

O pasado 5 de outubre, como ven sendo habitual, o alumnado de 1º ESO fixo unha actividade na que percorreron a ría de Vigo en barco, pasando por debaixo da ponte de Rande e o museo de Meirande. Recibiron explicacións sobre todo o acontecido na Batalla de Rande e visitaron as illas de San Simón e San Antón onde coñeceron de primeira man a historia do seu monasterio, hospital-lazareto, orfanato e prisión na Guerra Civil española. A actividade organizada polo departamento de Xeografía e Historia foi capitaneada polo profesor Javier Portas. Preme para ver fotos

Contra-publicidade. Apuntámonos a non beber!

Como produto final do Plan Proxecta Apuntámonos a non beber! concedido ao noso IES, o alumnado de 1ºESO deseñou varias campañas de contrapublicidade para concienciar á sociedade, especialmente á mocidade, dos perigos e consecuencias que ten o consumo de alcohol sen responsabilidade e a unha idade precoz.

 

Aquí tedes as contrapublicidades:

 

https://sites.google.com/santomevigo.net/aputamonosanonbeber

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/kSScta8k5LwaNYA

 

POSTA A PUNTO DA HORTA SAN TOME!

O departamento de bioloxía e alumnado de 1ºESO pon a punto a horta realizando unha plantación de diferentes especies vexetais como plántulas de tomates, cebola, leituga e fresas. A finalidade do proxecto é concienciar ao alumnado na sostenibilidade, no coidado do medio ambiente, e na práctica de hábitos alimentarios saudables.

Fotos

O IES San Tomé co medio ambiente e a xestión sostible de residuos!

Alumnado de 1ºESO colocando o composteiro e contenedores para a separación dos residuos.

Ver máis fotos

Plan proxecta "Apuntámonos a non beber". Continua a participación do alumnado de 1º ESO

O martes 31 de xaneiro o alumnado de 1ºESO comezou a súa participación na segunda intervención no plan proxecta “Apuntámonos a non beber!”, intervención realizada por persoal experto do departamento de prevención e condutas aditivas da Consellería de Sanidade.

O obxectivo do proxecto é previr o inicio do consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas no noso alumnado e “desnormalizar” a conduta de beber alcohol durante a mocidade.

Neste caso, os contidos das charlas foron dar a coñecer ao noso alumnado os efectos e a presión que ten a publicidade na sociedade, especialmente na sociedade adolescente, facendo fincapé na publicidade subliminar. Analizouse criticamente a publicidade de bebidas alcohólicas e como procura persoas mozas consumidoras. Ademais, explicóuselle ao alumnado que é a “contrapublicidade”, xa que o produto final do plan proxecta é que cada clase elabore unha campaña de prevención de consumo de bebidas alcohólicas.