Informática

Software libre

 

Na web mancomun.org podes descargar todo o software libre, en galego, que está dispoñible ata o momento: 

O IES Xulián Magariños de Negreira permítenos descargar dende a súa páxina web unha recopilación de software libre chamada MAGASI CD  que contén:

  • Programas baseada nos seguintes criterios:
    • Open Source.
    • Alta calidade.
    • Utilidade para a comunidade educativa.
    • Versións para Microsoft Windows©.
    • Versións en galego cando existan.
  •  Ligazóns relativos ó software libre e a educación.

Tamén está dispoñible o MAGASIX:

  • Un sistema operativo moderno, funcional, gratuíto, rápido, seguro, …
  • Unha distribución Linux coas seguintes características:
    • Baseada en Ubuntu. Unha das distros máis activas do momento.
    • Permite traballar en modo live: arrincamos o equipo co MAGASIX no DVD e sen ter que instalar nada no equipo xa podemos traballar cun cento de aplicacións.
    • Permite instalar o sistema operativo no equipo dun xeito moi sinxelo.
    • Ten unha gran cantidade de aplicacións instaladas de interese educativo, dende primaria ata ciclos formativos e universidade.
    • O navegador de Internet posúe unha colección de ligazóns e organizadas en categorías:
      • Educación.
      • Cultura e lingua galega.
      • Software libre.
      • Consellería de Educación e O.U.
      • Lexislación.
      • Xornais.
      • etc.
    • Ten cargado o soporte para traballar en galego, castelán, catalán, euskera, francés, alemán, inglés e portugués; aínda que, é moi sinxelo engadir novos idiomas.

 

Recursos libres na rede

 

Para as túas presentacións e traballos, convén que empregues imaxes, vídeos ou música que poidas descargar da rede, de xeito libre e gratuíto. Aquí tes algúns sitios web:

IMAXES

 

SONS

IMAXE EN MOVEMENTO

 

VideoDownloader

  • Podes instalar este plugin para Firefox que permite descargar directamente videos de internet de páxinas como Youtube, ifilm, video google e outras.
  • Na seguinte ligazón tes un video do procedemento de descarga.
  • Free FLV Converter é un programa que nos permite descargar vídeos de páxinas tipo YouTube (en formato FLV) e convertilos a outros formatos.
  • Video STREAMING en Drupal

  • SUPER é un programa gratuíto que nos pasará prácticamente calquera formato de video a FLV con son mp3.
  • AnyFlvPlayer é outra aplicación gratuíta que nos creará os arquivos necesarios para servir o video en streaming.
  • FlashSpring programa para convertir as túas presentacións de Power Point en vídeo flash.
  • E.M. Free PowerPoint Video Converter transforma as túas presentacións en vídeos con distintos formatos. 

  •  

    Distribuir contido


    Feito con Drupal (ver. 5.7)

     


    Proxecto Webs dinámicas

    Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2011