Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Quen somos

ANPA SAN TOMÉ

Estimados pais e nais:

 

A Xunta Directiva da ANPA Santomé quere agradecer o apoio dos pais e nais que xa formaron parte desta asociación. Tamén quere invitar o resto dos pais, e especialmente aos que son novos no centro, a asociarse.

Desde a ANPA pensamos que a participación activa das familias na vida do centro contribúe ao fortalecemento da comunidade educativa, onde o traballo dos profesores e das nais e pais vaian orientados á procura dun desenvolvemento integral dos alumnos no seu camiño para chegar a ser membros adultos da sociedade. Nesta tarefa cremos que a ANPA ten un papel importante, xa que mellora as canles de información e comunicación entre os membros da comunidade: os pais e nais, a dirección, os docentes e o resto do persoal.

A Xunta Directiva ten como obxectivo principal representar os intereses das familias, e transmitir o seu sentir e opinión no marco xeral da educación dos alumnos. Para isto desenvolverá as seguintes actividades:

- Potenciará a comunicación coas familias, especialmente por medio das canles electrónicas. - Promoverá a participación e participará activamente nos órganos do centro: consello escolar, comisións etc. - Proporá medidas para implicar as familias na educación: reunións de curso, entrevistas cos titores etc. - Informará as familias das novidades acontecidas no centro: actividades escolares, resultados etc. - Organizará actividades para os pais (charlas, relatorios etc) e os alumnos (deportes, apoio ao estudo, etc.). - Bonificará os socios nas actividades que teñan custo: axenda escolar, uso de armarios taquillas etc.

 

Agardamos o voso apoio e participación.

 

Asinado: A Xunta Directiva.

 

________________________________________________

 

DATOS DE CONTACTO:

 

Correo electrónico:

anpa.santome@gmail.com

Enderezo en internet:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iessantomefreixeiro (No menú "ANPA" na columna dereita)

ou tamén

https://sites.google.com/site/anpasantome/home

Teléfono:

986 29 37 30 - 667 644 848

Caixa de correo:

No centro, ao lado de conserxería

Enderezo :

Instituto de Educación Secundaria San Tomé de Freixeiro

Gran Vía s/n.

36210 Vigo (Pontevedra)

 

Local da ANPA:

No ximnasio, preguntar na conserxería

 

Membros da Xunta Directiva :

  Presidenta - Paula María Fernández Morán

  Vicepresidenta - Andrea Otero Rouco

  Secretaria - Susana Robles Rodríguez

  Tesoureira - Claudia Ileana Pozo Hernández

  Vocal - Constante Giraldez Carballo