|
|
|
Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra. ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667
|
|
|
|
Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra. ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667
|
Lembramos a toda a comunidade educativa que nas normas e organización e funcionamento do centro (NOF) establécese que
“As vías preferentes para transmitir información ás familias serán Abalar: abalarMobil e Espazoabalar e a páxina web do centro”. O uso e configuración axeitada da app abalarMobil facilita unha comunicación fluída entre centro educativo e familias.
☞ Guía do alumnado e das familias (Páxina 25)
Un ano máis e grazas a iniciativa da Alianza francesa de Vigo, o alumnado de francés do noso instituto acudíu a unha sesión de cinema francés no auditorio do concello. Primeriro foi o alumnado de 3º ESO primeiro idioma e o de 4º de ESO quen asistíu o día 8 de novembro para ver Seuls, película distópica onde uns adolescentes quedan sós no mundo. O día 16 de novembro foi o turno do alumnado de bacharelato que animouse a ver La traversée que narra a viaxe inciática duns nenos que inician o camiño do exilio. Grazas a todos por participar!!
Lémbrase que:
Lémbrase que:
Estes días estivemos preparando cun taller de origami a chegada do Samaín. O 31 de outubro o centro vestiuse de terror e medo con diversas actividades para festexar o Samaín.
Co gallo do bicentenario da morte de Lord Byron, alumnado de 1º BAC da materia Literatura universal, foi ás aulas de 1º e 2º ESO a expoñer os seus traballos sobre a relación do poeta con Polidori e a creación do mito do vampiro tal e como o coñecemos hoxe.
Ademais todo o alumnado da ESO tivo unha hora de lecturas terroríficas ao longo da mañá.
No centro puidemos ver o cemiterio romano creado polo alumnado de latín de 1º de bacharelato. Contamos tamén coa exposición dos traballos do alumnado de 1º ESO feito na materia de ciencias sobre os vampiros reais acompañados das cabazas decoradas e talladas polo alumnado. A exposición de novidades da biblioteca estivo chea de propostas literarias de terror da man do propio Byron.
Durante o recreo, no salón de actos, proxectáronse curtas de terror no noso salón de actos engalanado con moito acerto para a ocasión pola ANPA. Moitas grazas pola vosa colaboración!!!
Achéganse instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establecen para o curso 2023/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa
2º ESO puido gozar de unha vista organizada polo departamento de historia ao Monte de O Castro visitando os seus túneles e o seu Castro en Vigo.
![]() |
Segundo o último censo, ten 5.766 veciños. Antiguamente, a zona estaba atravesada polos catro principais viais que tiña a cidade a comezos do XX: Regueiro, Pozo Peinado, Os Anxeles e Seara. A realización da Gran Vía, que discorre a través de boa parte da parroquia, supuxo o gran proxecto municipal de mediados do século pasado,reflectindo o vertixinoso crecemento económico e social deses anos. Formando xa case parte do entramado das Travesas podemos observar o magnífico Pazo da Pastora ou Santhomé do século XIV. Chamouse antigamente Torre de Busteu e foi o seu señor Pedro Álvarez de Soutomaior, aculmado Pedro Madruga. Construcción rectangular con dúas torres ás beiras que, ó igual có Pazo de Castrelos, non presenta a tradicional escaleira exterior.
Moi próximo tópase o Museo Liste constituído o 15 de xuño do 1999, froito dun convenio entre o Concello de Vigo e D. Olimpio Liste Regueiro. Ten a súa sede nunha vivenda unifamiliar de mediados do século XX, con finca circundante, propiedade do concello.
O instituto de ensino medio leva o nome da parroquia, San Tomé de Freixeiro, e tamén hai rexistradas varias organizacións cidadás, dúas asociacións de veciños ou a Asociación Freixeiro de Axuda ao Necesitado.
Situado na Gran Vía, dende 1962 o IES San Tomé de Freixeiro desenvolveu actividade educativa ata a actualidade. Antigamente coñecido como “Nuestra señora da Guia”, exclusivo para mulleres.
No año 1981 convirtiuse en instituto mixto e adoptou o nome de “instituto de bacharerato Santo Tomé do Freixeiro”. Nun intento de darlle unha denominación axustada o centro pasou a chamarse “ IES San Tome do Freixeiro”.
O instituto tal como o coñecemos hoxe en día edificouse en duas etapas nun primer momento construiuse a parte orientada de cara a Gran Vía, coñecida como “parte vella”. Mais tarde, nos anos 1971-72, e para incrementar o número de aulas, construíuse a parte interior orientada hacia o centro polideportivo ”pavillón do Carme”
|
Copyright © 2003-2022 Proxecto Webs Dinámicas.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Aviso legal
|