Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Contra-publicidade. Apuntámonos a non beber!

Como produto final do Plan Proxecta Apuntámonos a non beber! concedido ao noso IES, o alumnado de 1ºESO deseñou varias campañas de contrapublicidade para concienciar á sociedade, especialmente á mocidade, dos perigos e consecuencias que ten o consumo de alcohol sen responsabilidade e a unha idade precoz.

 

Aquí tedes as contrapublicidades:

 

https://sites.google.com/santomevigo.net/aputamonosanonbeber

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/kSScta8k5LwaNYA

 

Visita da escritora Sonia Mirón ao IES San Tomé

Sonia Mirón visitounos o pasado 15 de maio e deu unha interesante charla sobre as súas novelas aos alumnos de 2º e 3 º de ESO. Pasou a formar parte do noso Paseo da fama."

Visita da escritora Iria Misa ao IES San Tomé

O Paseo da Fama (actividade promovida polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura)  segue a medrar. O 29 de maio visitounos Iria Misa, como colofón do club de lectura LGTBI, e deixou aquí a súa pegada. Grazas pola visita!

Plan Proxecta: "Apuntámonos a non beber". Charla para familias.

O mércores 24 de maio celebrouse no noso IES unha charla formativa dirixida ás familias sobre o consumo de alcol e outras sustancias aditivas dentro do "Plan Proxecta / Apuntámonos a non beber!" coordinado por Silvia Barja Fernández do departamento de Bioloxía-Xeoloxía e o departamento de Orientación. A charla foi impartida por Maria Nogueira da Asociación Érguete.

A finalidade é previr o consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas no noso alumnado e desnormalizar a conducta de consumir alcol na mocidade.

Grazas a todas as familias asistentes pola vosa presenza e colaboración.

 

Cristina Juncal Vázquez, gañadora provincial da 62ª edición do concurso de "Jóvenes talentos de relato corto. Fundación Coca Cola"

O noso alumnado segue destacando polo seu talento. O relato en castelán de Cristina Juncal Vázquez, de 2 ESO B converteuna en gañadora provincial (Pontevedra) da 62ª edición do Concurso de Jóvenes talentos de relato corto da Fundación Coca Cola. Parabéns, Cristina! Non deixes nunca de plasmar a túa maxia no papel!

Máis información

Saúl José Hernández Cortez gaña o concurso de deseño do cartel publicitario Pilabot 2023

Estamos de parabén, pois o alumno Saúl José Hernández Cortez (2ºPMAR) alzouse co primeiro premio na categoría "Alumnado de 1º ciclo de educación secundaria" do concurso de Deseño de cartel publicitario de Pilabot 2023. O seu cartel Únete. Recicla polo planeta  é unha mostra do seu talento, que se viu recoñecido neste concurso. Parabéns, Saúl! Non deixes nunca de ter ese amor pola arte!

 

Creatividade en Acción: Estudantes de 2º ESO deseñan e fabrican lapiseiros no Taller de Tecnoloxía

No taller de tecnoloxía, os alumnos e as alumnas de 2ºESO embarcáronse nun proxecto creativo e práctico: a fabricación de lapiseiros de madeira. Armados con ferramentas como a serra de marquetería eléctrica, o cuter, serruchos e outras ferramentas, os estudantes demostraron a súa habilidade e destreza manual. Guiados pola súa profesora, os alumnos aprenderon a manexar correctamente as ferramentas e a traballar con seguridade. Con paciencia e atención ao detalle, cortaron e deron forma á madeira para crear lapiseiros únicos e funcionais. Algúns estudantes optaron por deseños simples e elegantes, mentres que outros experimentaron con formas máis orixinais e creativas. Despois de dar forma aos lapiseiros, os alumnos dedicaron tempo a lixar coidadosamente a madeira, asegurándose de que estivese suave e sen achas. Unha vez que os lapiseiros estiveron preparados, chegou o momento da fase final: a pintura. Os estudantes aplicaron cores vibrantes e creativas, personalizando cada lapiseiro segundo o seu estilo e preferencias. O resultado final foi unha gran variedade de lapiseiros de madeira, cada un co seu propio toque distintivo. Os estudantes se enorgulleceron das súas creacións e compartiron os seus traballos nunha exposición dentro do instituto. Este proxecto non só permitiu aos estudantes desenvolver as súas habilidades técnicas, senón que tamén lles brindou unha oportunidade para expresar a súa creatividade e experimentar co deseño. Ademais, fomentou o traballo en equipo e a aprendizaxe práctica, mentres espertaba un interese renovado pola tecnoloxía e a artesanía. O próximo mes de xuño realizarase unha exposición dos lapiseiros na entrada do Instituto.

Ver fotos

Plan Proxecta+ 2º ESO

O alumnado de 2º ESO participou no programa Consumópolis incluído no plan Proxecta+ 2022/23 coordinado pola profesora de tecnoloxía Luisa Alonso e en colaboración cos tutores deste curso.

Consumópolis é un concurso escolar sobre consumo responsable e calidade de vida, promovido polo Ministerio de Consumo e organizado na Comunidade Autónoma polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

A participación no concurso materializouse a través das actividades que o alumnado desenvolveu na cidade virtual de Consumópolis (premer no enlace) na primeira parte, e na segunda parte elaboraron un vídeo dun traballo colaborativo en equipo.

Un total de 6 equipos pasaron á fase do concurso autonómico, 3 equipos de 2º ESO E, un equipo de 2º ESO B, un de 2º ESO PMAR e un de 2º ESO A. 

Desexámoslles moita sorte na eliminatoria!

FOTO

 

Excursión a Muros

O pasado 5 de maio de 2023, os/as alumnos/as de 2º ESO realizaron unha excursión pola zona de Muros, A Coruña, organizada polo departamento de tecnoloxía.

Despois de asistir á exhibición como apoio ao equipo que participou na 2ª edición da Liga Maker Drone, realizaron un percorrido pola costa da morte. Visitaron A Fervenza do Ézaro, o Hórreo de Lira e remataron dándose un baño na praia de San Francisco en Muros.

Foi unha xornada emocionante e enriquecedora na que os estudantes puideron gozar dunha natureza impresionante. A Fervenza do Ézaro sorprenderon a todos co seu impresionante caudal de auga, creando un espectáculo natural impresionante. A visita ao hórreo de Lira permitiulles coñecer e apreciar a arquitectura tradicional galega, un símbolo da nosa cultura.

Para rematar a excursión, os alumnos puideron relaxarse e desfrutar dun mergullo na praia de San Francisco en Muros. A auga cristalina e a beleza da praia fixeron deste momento unha experiencia inesquecible.

Foi un día cheo de aprendizaxe, diversión e conexión coa nosa contorna natural.

FOTO

Matemáticas con M de muller

O alumnado de 2º B PMAR e de Métodos Estatísticos e Numéricos de 2º Bach elaborou un cartel sobre algunhas das matemáticas máis relevantes ao longo da historia, co gallo do Día Internacional das Mulleres Matemáticas.

O obxectivo desta actividade é dar visiblidade ao papel das mulleres nas matemáticas e así ofrecer referentes femininos ao noso alumnado (premer na foto)