|
|
|
Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra. ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667
|
|
|
|
Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra. ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667
|
O Departamento de Orientación organizou á visita á Unversidade de Vigo. O alumnado percorreu as facultades de Filoloxía, Traducción e Interpretación, Económicas, Dereito e as Enxeñerías de Minas eTelecomunicacións.
Alumnado de 1ºESO colocando o composteiro e contenedores para a separación dos residuos.
As alumnas Nerea Silva Lorenzo de 1º Bacharelato e Nadía-Lía Fernández de 2ª Bacharelato gañaron o 1º e o 2º premio de Bacharelato do concurso “Cambiemos o conto”.
O concurso celebrouse en xaneiro co obxectivo de incentivar entre a mocidade o pensamento crítico, sensibilizala na igualdade e na loita contra as violencias machistas e fomentar a súa creatividade.
A recollida dos premios foi no Pazo da Deputación, o día 14 de marzo en Pontevedra, día no que acudiron acompañadas dos seus compañeiros.
O alumnado de 1º de Bacharelato asistiu o pasado 10 de marzo á Sala Ártika á representación teatral da obra Pirolíticos, do grupo Mofa e Befa. Foron 90 minutos de sketchs, ou petiscos, como eles lles chamaron, que abordaron o feminismo e propuxeron unha reflexión social e persoal sobre o tema valéndose da ironía e o humor.
Aquí tes máis fotos
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio Vivenda da Xunta de Galicia, en colaboración cos Xestores de pilas autorizados na Comunidade - Ecopilas, ERP e Ecolec-, levou a cabo a cuarta edición da campaña para fomentar a recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles. Nesta ocasión, a iniciativa levouse a cabo en 150 centros educativos de primaria e secundaria en Galicia.
No noso centro educativo, o IES San Tomé de Freixeiro, o alumnado de secundaria, xunto coa profesora de Tecnoloxía, Luísa Alonso Costoya, como coordinadora do proxecto no centro, temos participado no concurso PILABOT, que comezou o 12 de xaneiro e tivo unha duración de 6 semanas lectivas co obxectivo de recoller o maior número de pilas e baterías para o seu posterior tratamento e reciclaxe. O concurso finalizou o 28 de febreiro e, grazas ao esforzo realizado por todos os participantes, temos logrado recoller un total de 305 kg de pilas e baterías usadas. Este è un logro importante que contribúe a reducir o impacto negativo que estes residuos teñen sobre o noso entorno e a nosa saúde.
É importante salientar que o concurso PILABOT continúa ata o 14 de abril para todos os centros participantes e, no mes de maio, entregaranse os premios aos gañadores. Esta iniciativa é unha excelente oportunidade para fomentar a educación ambiental e a conciencia sobre a importancia de reciclar e reducir o impacto negativo que xeramos no noso entorno.
O Departamento de Orientación fai visible, grazas á colaboración de Cruz Vermella, a importancia da violencia machista. O noso lema é "Non escales a pirámide da violencia, mantén os pes no chan”. Tamén se fai ver a importancia de ter en conta a todas as mulleres mediante unha actividade sobre o novidoso concepto da "interseccionalidade"
O pasado 23 de febreiro o alumnado de 2º ESO participou nunha actividade organizada polo departamento de francés aproveitando a cercanía das datas do Entroido. Nesta época é habitual facer e comer as crêpes e les fixeron o mesmo d aman de Jérémy e o seu food truck. Primeiro asistiron a unha expliación sobre o orixe das crêpes e da rexión da Bretaña, da que son orixinarias, ademais do propoio Jérémy. Logo fixeron un xogo de rol e pideron e consumieron os doces. Tamén tiveron a oportunidade de subir ao camión e de cociñar a súa propia crêpe. Unha forma divertida e deliciosa de praticar a lingua francesa e aprender.
Segundo o último censo, ten 5.766 veciños. Antiguamente, a zona estaba atravesada polos catro principais viais que tiña a cidade a comezos do XX: Regueiro, Pozo Peinado, Os Anxeles e Seara. A realización da Gran Vía, que discorre a través de boa parte da parroquia, supuxo o gran proxecto municipal de mediados do século pasado,reflectindo o vertixinoso crecemento económico e social deses anos. Formando xa case parte do entramado das Travesas podemos observar o magnífico Pazo da Pastora ou Santhomé do século XIV. Chamouse antigamente Torre de Busteu e foi o seu señor Pedro Álvarez de Soutomaior, aculmado Pedro Madruga. Construcción rectangular con dúas torres ás beiras que, ó igual có Pazo de Castrelos, non presenta a tradicional escaleira exterior.
Moi próximo tópase o Museo Liste constituído o 15 de xuño do 1999, froito dun convenio entre o Concello de Vigo e D. Olimpio Liste Regueiro. Ten a súa sede nunha vivenda unifamiliar de mediados do século XX, con finca circundante, propiedade do concello.
O instituto de ensino medio leva o nome da parroquia, San Tomé de Freixeiro, e tamén hai rexistradas varias organizacións cidadás, dúas asociacións de veciños ou a Asociación Freixeiro de Axuda ao Necesitado.
Situado na Gran Vía, dende 1962 o IES San Tomé de Freixeiro desenvolveu actividade educativa ata a actualidade. Antigamente coñecido como “Nuestra señora da Guia”, exclusivo para mulleres.
No año 1981 convirtiuse en instituto mixto e adoptou o nome de “instituto de bacharerato Santo Tomé do Freixeiro”. Nun intento de darlle unha denominación axustada o centro pasou a chamarse “ IES San Tome do Freixeiro”.
O instituto tal como o coñecemos hoxe en día edificouse en duas etapas nun primer momento construiuse a parte orientada de cara a Gran Vía, coñecida como “parte vella”. Mais tarde, nos anos 1971-72, e para incrementar o número de aulas, construíuse a parte interior orientada hacia o centro polideportivo ”pavillón do Carme”
|
Copyright © 2003-2022 Proxecto Webs Dinámicas.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Aviso legal
|