Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Contrato-Programa Innova. Modalidade Edusostibilidade.

Os alumnos de 1º de ESO participaron durante o curso 2023-24 na plantación de unha horta (tomates e amorodos) e un xardín de plantas aromáticas. Tamén fixeron unha recuperación con plantas de interior e sombra de xardineiras. Ver fotos

Xornada de Portas Abertas

Celebrouse a Xornada de Portas Abertas organizadas por vicedirección e orientación para recibir ao alumnado de 6º EP dos centros Altamar e Lope de Vega.

Fotos

Intercambio francés co Lycée Fénélon (Clermont-Ferrand) con "escapada" a París

Un ano máis o noso alumnado tivo a ocasión de facer unha actividade tan completa como é un intercambio educativo. Neses días coñeceron de preto a forma de vida nunha familia francesa e logo ademais, por segundo ano consecutivo, cpuideron empaparse da cultura francesa cunha escapada á capital francesa: París. 

Na viaxe de volta recibimos ao alumnado francés que tan ben nos coidou na nosa visita e fixemos con eles a visita a Santiago. Ademais de ter clase no noso centro e de agasallalos cunha merenda (ofrecida pola ANPA e polo centro) e varias cancións, este ano foron recibidos polo alcalde e puideron facer unha visita a cidade grazas a que puñeron desde alcaldía o bus turístico ao seu dispor. 

Coñecendo á matemática María Josefa Wonenburger Planells

María Josefa Wonenburger Planells foi unha matemática galega que tivo que superar numerosos obstáculos ata chegar a converterse nun referente mundial na álxebra. Olvidada durante décadas, desenvolveu a súa carreira nos Estados Unidos e Canadá.

A súa emocionante biografía é o guión deste vídeo realizado polo equipo de Polos Creativos do IES San Tomé de Freixeiro. 

O noso agradecemento  ao alumnado que colaborou na narración e na creación dos retratos.

Premer na imaxe para ver o video