|
|
|
Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra. ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667
|
|
|
|
Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra. ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667
|
Do 10 ao 23 de maio temos no noso IES a exposición itinerante Apúntate á compostaxe! do Programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra, que se inclúe dentro do Contrato Programa Innova-Sostenibilidad concedido o presente curso e coordinado polo departamento de bioloxía e xeoloxía.
Na exposición móstrase a gran importancia que ten hoxe en día a xestión selectiva de residuos e a compostaxe como práctica activa da sostibilidade.
O alumnado de PMAR xunto coa súa profesora Soraya visitaron dous centros educativos da contorna (EEI Vilalaura e EI O Castro) para concienciar aos máis pequenos sobre a importancia de ler e que lles lean. Con este obxectivo adaptaron un conto infantil que explica a lenda de San Jordi e, ademais de narralo, crearon hologramas que deixaron aos máis cativos impresionadas. Parabéns polo voso traballo! Seguide así!
Nove alumnos de 2º ESO do IES San Tomé modificaron e aprenderon a voar un dron en tan só cinco meses.
Os días 3 e 4 de maio o alumnado de 4º da ESO acompañados polos profesores Xosé Álvarez e Mateo Carrera desprazáronse ao Cebreiro (Camiño de Santiago ) para comezar unha ruta de 48 horas rematando no Mosteiro de Samos. A viaxe organizada polo EDLG do IES San Tomé de Freixeiro foi patrocinada polo PROXECTOTERRA “Intercambio territorial Camiño de Santiago “ curso 2022-23 . O alumnado visitou no Cebreiro unha Palloza-museo, a igrexa e o conxunto da aldea. Pola tarde dese mesmo día rutearon dende o Alto de Poio ata Triacastela ( 9 Km de andaina) . No segundo día visitaron o taller “Artelar “ onde presenciaron unha actividade demostración de tecido”.Aproveitaron tamén para visitar o albergue da Xunta e ver o conxunto rehabilitado. Visitaron un muíño e logo o Mosteiro de Samos. Non só traballaron nunha aprendizaxe activa , tamén houbo tempo de partillar, gozar e rir. Esperamos repetir o curso vindeiro despois dunha experiencia tan positiva para alumnado e profesorado. Mil grazas a todos e todas por facela posible , e sobre todo a @Proxectoterra.
Nestes días estivo polo noso centro o alumnado do Lycée Fénelon o centro francés de Clermont Ferrand co que facemos o intercambio desde hai anos. O día da súa visita fixémoslles un recibimento no salón de actos cos discursos oficiais, a actuación de Candela acompañada por Maica ao piano (cantando Je vole de M. Sardou) e a actuación do alumnado de 2º ESO de primeira lingua francés interpretando Le coeur holiday de Mika e Soprano. Despois asistiron a dúas sesións de clases. No recreo gozaron dunha merenda cos seus "corres".
E o martes tocou a saída conxunta na que aproveitamos, como é tradición, para facer un anaco do camiño xuntos. Logo, nos achegamos a Compostela para visitar a cidade, a catedral e máis o seu pórtico da gloria.
Podemos dicir que un ano máis os 70 participantes no intercambio viviron una experiencia única que esperando poida renovarse ano tras ano.
O venres 28 de abril dous equipos do instituto competiron en Madrid na final nacional deste concurso escolar de xestión empresarial, na que tiñan logrado meterse entre os 100 mellores equipos de toda España. Un dos equipos estaba formado por Yago Dorgambide, Alba Durán e Clara Fontán, de 4º ESO e o outro por Daniela Álvarez, Emily Jiménez e Iago Lorenzo, de 1º de bacharelato.
Na final, ambos equipos conseguiron ganar ás súas respectivas competicións de 5 finalistas, alcanzado dous dos 20 premios de Gañador de grupo. Parabéns ós nosos alumnos polo seu éxito!
O alumnado do IES San Tomé de Freixeiro gañador de dous premios da Competición de Robots organizada pola UVIGO. Ao longo de toda a mañá do venres, 21 de abril, o alumnado participou nas probas, acompañado polo profesorado, José Antonio López García e Luisa Alonso Costoya, que estiveron traballando nos últimos meses nas aulas cos grupos participantes. Velocikar, de primeiro /segundo da ESO gañou o segundo premio na categoría BeRobot, e o grupo TukiTuki levouse o premio STEM. Parabéns! Máis fotos no enlace enlace
O equipo TukiTuki integrado por rapazas Equipo Velocikar 2º premio
Cun día de retraso celebramos o luns 24 de abril o día do libro no instituto. Poidemos disfrutar coas recomendacións do BOOKFLIX creado pola profe Soraya e o seu alumnado. Ademais houbo libros de balde para levar ou agasallar (tivemos papel de regalo)!!
Esta vez o grupo de doce docentes participantes no seminario “Propostas para unha adecuada saúde mental na adolescencia” recibe formación impartida por José Eduardo Rodríguez Otero, psicólogo da unidade de prevención do suicidio (UPS) do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Coordina a profesora Silvia Barja Fernández do departamento de bioloxía-xeoloxía e do departamento de orientación.
Segundo o último censo, ten 5.766 veciños. Antiguamente, a zona estaba atravesada polos catro principais viais que tiña a cidade a comezos do XX: Regueiro, Pozo Peinado, Os Anxeles e Seara. A realización da Gran Vía, que discorre a través de boa parte da parroquia, supuxo o gran proxecto municipal de mediados do século pasado,reflectindo o vertixinoso crecemento económico e social deses anos. Formando xa case parte do entramado das Travesas podemos observar o magnífico Pazo da Pastora ou Santhomé do século XIV. Chamouse antigamente Torre de Busteu e foi o seu señor Pedro Álvarez de Soutomaior, aculmado Pedro Madruga. Construcción rectangular con dúas torres ás beiras que, ó igual có Pazo de Castrelos, non presenta a tradicional escaleira exterior.
Moi próximo tópase o Museo Liste constituído o 15 de xuño do 1999, froito dun convenio entre o Concello de Vigo e D. Olimpio Liste Regueiro. Ten a súa sede nunha vivenda unifamiliar de mediados do século XX, con finca circundante, propiedade do concello.
O instituto de ensino medio leva o nome da parroquia, San Tomé de Freixeiro, e tamén hai rexistradas varias organizacións cidadás, dúas asociacións de veciños ou a Asociación Freixeiro de Axuda ao Necesitado.
Situado na Gran Vía, dende 1962 o IES San Tomé de Freixeiro desenvolveu actividade educativa ata a actualidade. Antigamente coñecido como “Nuestra señora da Guia”, exclusivo para mulleres.
No año 1981 convirtiuse en instituto mixto e adoptou o nome de “instituto de bacharerato Santo Tomé do Freixeiro”. Nun intento de darlle unha denominación axustada o centro pasou a chamarse “ IES San Tome do Freixeiro”.
O instituto tal como o coñecemos hoxe en día edificouse en duas etapas nun primer momento construiuse a parte orientada de cara a Gran Vía, coñecida como “parte vella”. Mais tarde, nos anos 1971-72, e para incrementar o número de aulas, construíuse a parte interior orientada hacia o centro polideportivo ”pavillón do Carme”
|
Copyright © 2003-2022 Proxecto Webs Dinámicas.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Aviso legal
|