Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

O paseo da fama do IES San Tomé ten saido na prensa

O noso Paseo da Fama ten unha reseña no diario Atlántico. Aquí tedes o enlace

ABAU 2024. A CIUG informa.

Comisión Interuniversitaria de Galicia CIUG - YouTube

Dadas as numerosas consultas actualizamos este texto na páxina web:

"Na ABAU de 2024, os currículos estarán determinados, salvo instrución noutro sentido, pola Lei de Educación 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio de Educación (LOMLOE), así como polo Real Decreto 423/2022, de 5 de abril, polo que se estabelecen a ordenación e as ensinanzas mínimas de bacharelato e o Decreto 157/2022, de 15 de setembro, polo que se estabelecen a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 26 de setembro de 2022).

Na actualidade estamos a recibir numerosas consultas sobre o formato das probas e as materias que entrarán nas probas de 2024 que non podemos resolver. Continuamos á espera de que o Ministerio publique o Real Decreto que permita resolver esas dúbidas. Manteremos informados aos centros, estudantes e familias das novidades que teñamos, e lembramos que os pasos son Ministerio, Xunta de Galicia e Universidades."

Curso 23-24. Exencións de Lingua Galega e Validacións de Música

☞ As datas límites para solicitar as exencións de Lingua Galega son o 5 de outubro, para ESO, e o 20 de outubro, para Bacharelato. ⚠️ Lémbrase que é preciso solicitar a exención cada curso académico e ata un máximo de 2 anos. 

☞ As validacións de Música poden tramitarse ata o 29 de setembro.

23-24 Horarios de grupos

Organización do horario particular do alumno

 

  • Na listaxe publicada na cortiza da aula figuran as materias optativas e subgrupos nas/nos que estás matriculado.
  • No arquivo que se achega podes ver o horario do teu grupo
  • Confecciona o teu horario particular prestando atención especial ás horas nas que hai desdobles ☞ Non esquezas anotar a aula

Premios de lectura en voz alta en francés

O pasado 20 de xuño fíxose entrega dos premios de lectura en voz alta en francés convocado polas profesoras de francés de 2º da ESO entre o seu alumnado. O concurso consistíu na gravación da lectura en voz alta de obras en francés en dúas fases. Na primeira fase leron a fábula de La Fontaine Le corbau et le renard. Na segunda enfrentáronse á lectura do poema de Jacques Prévert Déjeuner du matin. A gañadora resultou ser Helena pero o concurso estivo reñido e ao final tiveron tamén premio Gael, Nuria, Xián e Mauro. Parabéns!!!

O IES San Tomé apuntouse a non beber

O alumnado de 1ºESO C celebrou no Aquapark de Cerceda o premio acadado co deseño dunha campaña de contrapublicidade que procura concienciar á mocidade do risco no consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas. O alumnado desta clase creou unha campaña de contrapublicidade denominada “Red Bull te corta las alas. Por un consumo responsable” dentro do Plan Proxecta Apuntámonos a non beber!, ao longo do cal leváronse a cabo charlas formativas por parte dunha psicóloga do Departamento de Prevención e Conductas Aditivas do Servizo Galego de Saúde e máis unha sesión formativa dirixida ás familias. O resultado do seu traballo foi unha xornada festiva entre tobogáns e piscinas que gozaron a modo de fin de festa do presente curso. Parabéns, rapazada!