Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Calendario escolar

Calendario escolar para o curso 2023-2024

 

Curso 2023-2024. Calendario de actividades lectivas

  • As actividades lectivas realizaranse desde o día 11 de setembro de 2023 ata o 21 de xuño de 2024, ambos inclusives.
    • Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva das clases rematará de acordo coas datas previstas para a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).
  • Vacacións escolares. Os períodos de vacacións escolares no curso académico serán os seguintes:
    • Nadal: desde o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024, ambos inclusive.
    • Entroido: os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.
    • Semana Santa: desde o día 23 de marzo ata o día 1 de abril de 2024, ambos inclusive.
  • Días non lectivos. Ademais das festas de ámbito estatal, son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, en exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, sobre regulación da xornada de traballo, xornadas especiais e descansos, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da devandita consellería.
    • Ademais dos anteriores establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo e que no curso 2023-2024 se celebrará o 7 de decembro de 2023.
  • O calendario escolar para o curso 2023-2024 foi publicado na orde do 3 de maio de 2023. Preme nesta seguinte ligazón para acceder a toda a información