Latín

Viaxe a Santa Mariña de Augas Santas

O día 30 de abril de 2014, un grupo de alumnos do centro fixeron unha viaxe ata Santa María de Augas Santas, acompañados polos profesores dos Departamentos de Latín e Grego.

Tivemos moita sorte co tempo e o verde dos montes estaba espectacular. Deixámosvos algunhas fotos da viaxe:

Podedes tamén ver un vídeo neste enlace.

Obradoiro de moedas gregas e romanas

En 4º de ESO fixemos un Obradoiro de moedas gregas e romanas.

Podes ver as imaxes no seguinte enlace: Obradoiro de moedas gregas e romanas

Podes descarregar o caderno de actividades no arquivo adxunto.

TALLER DE ESCRITURA ROMANA EN LATÍN 4º DE ESO

 

AQUÍ podéis ver las fotos del taller que hicimos en clase.

 

 

Unha familia romana de Vigo da man de Xosé María Álvarez Blázquez

Con motivo do Día das Letras Galegas adicado este ano a Xosé María Álvarez Blázquez paga a pena recordar que foi quen atopou as estelas funerarias romanas que hoxe están no Museo "Quiñones de León". Agora mesmo hai no museo unha exposición sobre o noso autor na súa faceta de arqueólogo ata o 20 de xullo de 2008.

Podedes ver aquí as fotos da sala de Arqueoloxía e aquí unha historia visual moi boa sobre a romanización de Vicus.

En arquivo adxunto podes descargarte a historia dunha familia romana que podemos reconstruir a través dalgunhas das estelas e practicar o teu latín descifrándoas (son moi sinxelas).

El peplum: características de un género

Peplum é o nome que se lle da ao cine de romanos feito en Italia nos anos 50 e 60 cunhas características propias, algunas das cales perduraron en produccións dos nosos días. Nesta presentación ofrécense os trazos básicos do xénero con imaxes de carteis e fotogramas. Benvidos á unha Antigüidade de cartón-pedra!

CONTIDOS LINGÜÍSTICOS. 1º BACHARELATO

 

Visita o blog de J.M.Otero "O olmo dos falsos soños"atoparás todo o material visual para esta 1ª avaliación.



Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 5.7)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2011