Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Xuntanza de clubes de manga no IES de Valadares

A xuntanza foi no IES de Valadares, onde nos invitaron a outros catro clubes de manga doutros tantos institutos de Vigo a pasar a mañá facendo moreas de actividades relacionadas co manga, o anime e a cultura xaponesa. Houbo concursos, cuestionarios, obradoiros, charlas... E ó final, premios. Ficamos con ganas de máis.

Fotos

Inauguración do paseo da fama coa visita de Defreds

O Paseo da Fama (actividade promovida polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura)  inaugurouse o xoves 13 de abril coa visita de Defreds, quen deixou a súa pegada nas nosas baldosas da entrada e puido compartir momentos e sinatura de libros co alumnado de 2 BAC. Grazas pola visita! 


FOTOS

Formar ao profesorado en como xestionar as emocións é imprescindible

Un grupo de doce docentes participa no seminario “Propostas para unha adecuada saúde mental nos adolescentes” impartido por Olegaria Mosqueda Bueno, psicóloga educativa e membro do GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, e coordinado pola profesora Silvia Barja Fernández do departamento de bioloxía-xeoloxía e do departamento de orientación.

Concerto do sexteto da Imagine Jazz Orchestra no salón de actos do IES San Tomé

O venres 31 de marzo os alumnos de 3º ESO, 4º ESO e 1º Bach. que cursan a materia de música no noso instituto acudiron a un concerto do sexteto da Imagine Jazz Orchestra do conservatorio Mayeusis. Tamén asistiron alumnos do IES Santa Irene que foron invitados polo noso centro.

Fotos

2B ESO Gaña a 62ª edición do "Concurso de jóvenes talentos" de Coca-Cola

Non podemos estar máis orgullosos/as do noso alumnado. O grupo de 2B ESO resultou gañador da 62ª edición do Concurso de Jóvenes Talentos de Coca Cola, co escrito colectivo "O medo". Parabéns!. 

INFORMACIÓN E RELATO

POSTA A PUNTO DA HORTA SAN TOME!

O departamento de bioloxía e alumnado de 1ºESO pon a punto a horta realizando unha plantación de diferentes especies vexetais como plántulas de tomates, cebola, leituga e fresas. A finalidade do proxecto é concienciar ao alumnado na sostenibilidade, no coidado do medio ambiente, e na práctica de hábitos alimentarios saudables.

Fotos

VISITA UVIGO

O Departamento de Orientación organizou á visita á Unversidade de Vigo. O alumnado percorreu as facultades de Filoloxía, Traducción  e Interpretación, Económicas, Dereito e as Enxeñerías de Minas eTelecomunicacións.

Ver fotos

O IES San Tomé co medio ambiente e a xestión sostible de residuos!

Alumnado de 1ºESO colocando o composteiro e contenedores para a separación dos residuos.

Ver máis fotos

Concurso Cambiemos o Conto

As alumnas Nerea Silva Lorenzo de 1º Bacharelato  e Nadía-Lía Fernández de 2ª Bacharelato gañaron o 1º e o 2º premio de Bacharelato do concurso  “Cambiemos o conto”. 

O concurso celebrouse en xaneiro co obxectivo de incentivar entre a mocidade o pensamento crítico, sensibilizala na igualdade e na loita contra as violencias machistas e fomentar a súa creatividade. 

A recollida dos premios foi no Pazo da Deputación, o día 14 de marzo en Pontevedra, día no que acudiron acompañadas dos seus compañeiros.

Fotos