Orientación
Servizo do Departamento de Orientación durante o coronavirus
Enviado por Admin o Mér, 18/03/2020 - 08:32
Durante estes días intensos, todo o profesorado, alumnado, país/nais/titores legais que o precisen, poden poñerse en contacto co departamento de orientación para calquera dúbida ou consulta no correo: lorenagarciabarrosa@edu.xunta.gal.
É preciso que indiquedes o nome do alumno ou alumna e o curso no que está actualmente escolarizado.
Mediante a páxina web tentaremos ir actualizando tódalas noticias relevantes que vaian xurdindo en relación ca orientación.
Actividades do programa Catuxa sobre a violencia de xénero
Enviado por Admin o Xov, 11/04/2019 - 07:13Os alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES San Rosendo participaron na actividade CATUXA “Achegándonos á violencia de xénero para desmontala”.
A finalidade desta actividade foi visibilizar a violencia de xénero para poder traballala desde o ámbito preventivo e así reducir o limiar de tolerancia cara ás violencias machistas a través de análises sobre o concepto da violencia de xénero, as causas e consecuencias.
A través do visionado de varios vídeos e diversas dinámicas nas que participaron de forma moi activa, a rapazada entendeu que é a violencia de xénero, como forma de exercer o poder e o control baixo o sistema patriarcal dun patrón cultural e social baseado na desigualdade. Tamén comprendeu onde está a súa orixe e como identificar os factores de aparición e perpetuadores de violencia, así como as súas consecuencias.
Conscientes de que a adolescencia é a etapa da vida na que os mozos e mozas aprenden as pautas de interacción que logo consolidan na vida adulta, resulta fundamental este tipo de actividades para identificar e frear os primeiros indicios de comportamentos abusivos nas relacións interpersoais, evitando que poidan derivar en condutas violentas de maior gravidade en posteriores relacións afectivas.
Está dispoñible o teléfono de atención da Unidade de Xénero para Adolescencia do Programa CATUXA: 604067520
http://amariñaxa.com/2019/04/13/as-actividades-do-programa-catuxa-chegaron-a-mondonedo/
Plan de consumo de froita nas escolas. Froita fresca nos recreos!
Enviado por Admin o Ven, 28/04/2017 - 14:17
Durante o mes de maio, a partir do vindeiro mércores 3, vaise repartir froita fresca nos recreos. A entrega farana os titores de cada grupo.
Por que froita nas escolas?
O alarmante incremento de cifras de obesidade infantil e enfermidades cardiovasculares en adultos levou á Comisión Europea a formular un plan para a promoción de hábitos saudables como o consumo de froita, desde idades temperás.
Orientación académica
Enviado por Admin o Dom, 13/09/2015 - 11:39Alumnos do IES San Rosendo participaron no seminario "Habilidades para o éxito" patrocinado por Alcoa.
Enviado por Admin o Xov, 23/04/2015 - 07:11Foto e nova en La Voz de Galicia. a Mariña
Un total de 161 alumnos dos los institutos de San Cibrao, Xove, Burela, Mondoñedo e Rábade participaron no seminario «Habilidades para o éxito», patrocinado pola Fundación Alcoa.
Actividades do plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos
Enviado por Admin o Mar, 17/03/2015 - 08:36