O proxecto do IES San Rosendo "O da la miúda", sobre o lobo ibérico gaña un premio a nivel europeo
Enviado por Admin o Sáb, 28/09/2019 - 09:37
Na XXXI edición dos Premios EUCYS (European Union Contest of Young Scientists) para os mellores proxectos científicos en todas as áreas do coñecemento levados a cabo por xóvenes preuniversitarios, celebrado en Sofia (Bulgaria), o proxecto "O da la miúda: distribución, etología y fenología del lobo ibérico", do alumnado do IES San Rosendo de Mondoñedo (Lugo) representado por María Bouso Posada, Xiana Rego Fernández e Ana Rubal Sánchez, e titorizado polo profesor Óscar Chao Penabad, foi recoñecido con un Premio especial do Joint Research Centre, o servizo interno de ciencia da Comisión Europea.
- http://www.ciencia.gob.es/portal/site/MICINN/menuitem.edc7f2029a2be27d7010721001432ea0/?vgnextoid=7d8e8b67aaf3d610VgnVCM1000001d04140aRCRD&vgnextchannel=4346846085f90210VgnVCM1000001034e20aRCRD&lang_choosen=gl
- https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/mondonedo/2019/09/27/premian-europa-alumnos-ies-san-rosendo-mondonedo-proyecto-sobre-lobo/0003_201909G27P24991.htm
- http://www.cronica3.com/2019/09/o-ies-san-rosendo-de-mondonedo-esta-a-representar-a-toda-espana-na-31-eucys-european-union-contest-for-young-scientists-en-sofia-bulgaria/
- http://www.injuve.es/conocenos/noticia/cinco-estudiantes-espanolas-participan-en-eucys-el-certamen-europeo-de-jovenes-investigadores
- http://www.educacionyfp.gob.es/prensa/fotonoticias/2019/09/20190919-eucys.html
- http://divulgauned.es/eucys2019/
O Proxecto Rebinxe do IES San Rosendo gañador dos III Premios Fundación Endesa á Ecoinnovación Educativa na categoría 3: Como mellorarías o teu entorno?
Enviado por Admin o Sáb, 22/06/2019 - 14:38O proxecto dos alumnos de Bioloxía do IES San Rosendo sobre o lobo ibérico gaña un premio a nivel nacional!
Enviado por Admin o Xov, 20/06/2019 - 14:28O proxecto dos alumnos de Bioloxía O da la miúda, para o estudo do lobo ibérico na comarca, gañou un dos seis primeiros premios aos mellores proxectos científicos do XXXI Certamen Jóvenes Investigadores outorgados polo Instituto da Xuventude (Injuve) e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
Tres alumnas –María Bouso Posada, Xiana Rego Fernández e Ana Rubal Sánchez– foron as encargadas de presentar o proxecto, que estuda a distribución, a etoloxía e a fenoloxía desta especie nas proximidades do centro educativo, baixo a coordinación do profesor Óscar Chao Penabad.
Os alumnos do IES San Rosendo no II Torneo de Robótica da Escola Universitaria Politécnica da Universidade da Coruña.
Enviado por Admin o Xov, 28/03/2019 - 10:58Este xoves 28 de marzo máis de 170 estudantes de ESO, Bacharelato e FP participaron no II Torneo de Robótica que organiza Escola Universitaria Politécnica (EUP) da Universidade da Coruña. Nesta segunda edición, participou alumnado do IES Cabo Ortegal, de Cariño; dos IES Eduardo Blanco Amor e Rego da Trabe, de Culleredo; dos IES Ferrol Vello, Sofía Casanova e Catabois, de Ferrol; do IES San Rosendo, de Mondoñedo; do IES Ortigueira, de Ortigueira; do CPI de Atios, de Valdoviño; e mais do CIFP Ferrolterra.
Divididos en 39 equipos, os estudantes tiveron que superar tres retos: un sigue liñas con obstáculos, a proba do “Barrendeiro” e unha competición de sumo. No sigue liñas, o robot tivo que seguir unha traxectoria impresa e salvar aqueles obstáculos que se interpoñían no seu camiño. Na proba do “Barrendeiro”, empregaron algoritmos similares aos que utilizan as aspiradoras ou as máquinas de cortar o céspede para barrer todos os obxectos do taboleiro. Por último, na competición de sumo, os equipos mediron as súas forzas nun cara a cara no que debían expulsar ao robot contrario do taboleiro de xogo. Os equipos do IES San Rosendo quedaron segundos na proba do “Barrendeiro”e primeiros na competición de sumo.
https://codigocero.com/Centros-de-Betanzos-Mondonedo-e-Ferrol-conseguen-os-premios-do-II-Torneo-de
O Proxecto Rebinxe dos alumnos de 1º e 2º de BAC do IES San Rosendo gañador do 1º premio EXPORECERCA Xove e do premio Ciencia en Acción
Enviado por Admin o Xov, 07/03/2019 - 08:43O Proxecto Rebinxe dos alumnos de 1º e 2º de BAC do IES San Rosendo gañou o 1º premio da súa categoría no certame nacional de investigación escolar EXPORECERCA Xove , a maior feira cintífica para mozos de España, e o premio Ciencia en Acción.
O IES San Rosendo de Mondoñedo alzouse este sábado co primeiro premio do certame de investigación escolar Exporecerca’19 Jove, que se celebrou o pasado fin de semana en Hospitalet de Llobregat, Barcelona, grazas ao proxecto denominado Rebinxe (Recuperación da Biodiversidade na Xeografía Rural). O equipo de oito estudantes viaxara á Exporecerca como premio por gañar a Galiciencia 2018 con ese proxecto.
Competían na maior feira científica de España con máis dun centenar de proxectos de toda España, e outros países como Arxentina, Brasil, Bélxica ou Turquía. Grazas ao primeiro premio conseguido, o ano que vén estarán en Abu Dabi, nos Emiratos Árabes, competindo nunha feira internacional de mozos investigadores. Ademais, o proxecto conseguiu outro premio especial, Ciencia en Acción, que consiste na participación noutra feira en Alacante.
Carmén Pavón Souto Premio Extraordinario de Bacharelato !!!!!!
Enviado por Admin o Xov, 04/10/2018 - 08:17A alumna do IES San Rosendo Carmen Pavón Souto obtivo un dos Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2017-18
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20181004_premios_bach.pdf
@s alumn@s do IES San Rosendo obtiveron a mellor nota media na ABAU de todos os institutos de Galicia
Enviado por Admin o Sáb, 21/07/2018 - 14:36
Carmen Pavón, alumna de 2º de Bacharelato, obtivo un 13,64 na ABAU e está entre as notas máis altas de Galicia
Enviado por Admin o Dom, 08/07/2018 - 12:22
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- seguinte ›
- última »
![IES Plurilingüe San Rosendo RSS Distribuir contido](/centros/iessanrosendo/misc/feed.png)