Concurso V Ciberliga Pre-Amateur
Enviado por jcarlosgb o Mér, 15/11/2023 - 07:55O noso equipo finalista da V Ciberliga de Ciberseguridade, modalidade Pre-Amateur xa está competindo en Aranjuez.
Moita sorte! E sobre todo gozade da experiencia!
![]() |
![]() |
Editado: Noraboa por ese 12º posto final, un gran mérito logo de competir desde o inicio con máis de 600 equipos!
Saída ás setas
Enviado por jcarlosgb o Lun, 13/11/2023 - 09:48Aínda que o tempo no mes de novembro non foi moi beneficioso para a aparición das setas, o alumnado de PDC, BAC e Ciclos aventurouse na busca dalgún exemplar para expoñer. E aínda algún trouxeron, como podemos ver nas fotos. Polo camiño tamén deron cunha posta de ovos de ra, dando maior valor didáctico á saída, aínda que esta si que quedou evolucionando na poza onde se atopou. | ||
![]() |
![]() |
![]() |
Magosto 2023
Enviado por jcarlosgb o Dom, 12/11/2023 - 20:00
Coma todos os anos este mes de novembro celebramos o Magosto degustando castañas asadas e compartindo uns bos momentos de compañeirismo e convivencia. |
|
Visita a unha base de helicópteros
Enviado por jcarlosgb o Xov, 09/11/2023 - 20:00O noso alumnado de CS Xestión Forestal e de CM de Aproveitamentos Forestais visitou a base de helicópteros de Marroxo en Monforte de Lemos para coñecer de primeira man esta parte do traballo das brigadas forestais na súa loita contra os incendios no medio natural.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Traballos de Samaín e Santos - 2º FPB
Enviado por jcarlosgb o Lun, 06/11/2023 - 07:25Noraboa polo voso traballo! Seguide traballando e aprendendo así de ben.
Visita ao Courel
Enviado por jcarlosgb o Mér, 25/10/2023 - 10:46Os días 24 e 25 de outubro o alumnado do CS de Xestión Forestal e do Medio Natural tiveron ocasión de visitar o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra - Xeoparque Montañas do Courel, acompañados polos profesores Alba Vázquez e Miguel Freire.
No centro de interpretación fixéronlles unha introdución dos valores naturais do parque e a súa xestión. Seguindo varios roteiros descubriron a Aciñeira Centenaria inscrita no Catálogo de Árbores Senlleiras, e tamén o pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós declarado Monumento Natural. Deu tempo tamén a visitar plantacións de oliveiras e as instalacións da empresa Aceiroga, dedicada á produción de aceite dentro do Parque. Ao día seguinte realizaron un roteiro por unha zona asolada por incendios forestais, oíndo a testemuña directa da veciñanza que participou na defensa das aldeas e a extincion do lume e visualizando os efectos dos métodos utilizados para a protección do solo e a recuperación da vexetación ao longo dun ano.
![]() |
![]() |
|
![]() |
Colaboración coa Oficina Rural de Mondoñedo
Enviado por jcarlosgb o Ven, 20/10/2023 - 15:21
![]() |
O noso centro colaborou entre o 25 e o 27 de setembro coa Oficina Rural Agraria de Mondoñedo cedendo as instalacións da Granxa para a realización do seu "Curso de Iniciación á Apicultura". Esta acción formativa de 20h estivo destinada a persoas relacionadas con este sector produtivo ou con interese de incorporación ao mesmo, especialmente no caso de mozas e mozos que, durante tres días, puideron asomarse á actualidade deste tipo de aproveitamento do medio natural. |
|
||
Xornada de emprendemento da Faba de Lourenzá
Enviado por jcarlosgb o Ven, 20/10/2023 - 05:12![]() |
O alumnado de 1º CS de Xestión Forestal do IES San Rosendo de Mondoñedo participou na xornada "Emprender innovando na faba de Lourenzá", organizada dende o Polo de emprendemento da Mariña na que se trataron temas como o estado actual do sector da faba, a necesidade dun incremento da profesionalidade e de aproveitamento da IXP e o fomento do cooperativismo; buscando e identificando novas oportunidades de negocio no sector. Actividade relacionada co módulo formativo do ciclo "Empresa e iniciativa emprendedora" que resultou moi interesante e proveitosa. | |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »
![IES Plurilingüe San Rosendo RSS Distribuir contido](/centros/iessanrosendo/misc/feed.png)