Saída á Coruña
Enviado por jcarlosgb o Lun, 22/01/2024 - 20:00
O alumnado de 1º ESO viaxou o martes á Coruña para visitar o MUNCYT e o Aquarium Finisterrae. Na primeira visita realizaron un obradoiro de electricidade e fixeron unha visita guiada do museo. Despois de xantar deron un paseo dende a torre de Hércules ao acuario. Xa alí asistiron a unha pequena charla na sala Nautilus e visitaron as distintas zonas do museo científico. Remataron a visita vendo como alimentaban ás focas nas piscinas exteriores. Foi unha experiencia positiva e divertida que o alumnado desfrutou moito.
|
|
Presentación do libro "Flores de primavera do Valadouro"
Enviado por jcarlosgb o Lun, 22/01/2024 - 20:00
Hoxe pasou polo centro Pedro Rolle, ex-alumno do noso centro, a presentarnos o seu libro "Flores de primavera do Valadouro", acompañado de Carlos Cornide, que levou a cabo a parte fotográfica do mesmo. O alumnado de Ciclos tomou boa nota do proceso de elaboración do libro así como dos resultados que este nos ensina. Noraboa polo traballo!
|
|
Apalpador e Apalpadora 2023
Enviado por jcarlosgb o Mér, 20/12/2023 - 20:00Antes de marchar polas vacacións de Nadal pasaron polo centro a visitarnos o Apalpador e a Apalpadora, xunto co seu séquito de colaboradores e colaboradoras.
Bo Nadal!
Traballo de instalación de nova beirarrúa
Enviado por jcarlosgb o Mar, 19/12/2023 - 20:00O alumnado de 1º FPB non para de aprender. Aquí os vemos animados a acondicionar este paso frecuente de persoas e ferramenta. Noraboa polo voso traballo!
Visita ao Hospital San Pablo
Enviado por jcarlosgb o Mar, 19/12/2023 - 20:00
Hoxe o alumnado de Relixión de 1º BAC foi recibido no Hospital de San Pablo onde, ademais de coñecer ás persoas que alí viven, cantaron unhas panxoliñas de Nadal.
|
|
Visita de Eva Mejuto
Enviado por jcarlosgb o Dom, 17/12/2023 - 20:00
A escritora Eva Mejuto visitou o noso centro para falar co noso alumnado sobre dous dos seus libros: "Neko" e "22 segundos". As dúas horas que estivo aquí quedaron curtas para satisfacer a curiosidade dos rapaces e rapazas que gozaron lendo as súas obras. Rematada a entrevista, Eva concedeulles unha entrevista a tres voluntarios da Radio Escolar. Poderedes escoitar a entrevista na revista de fin de curso. |
|
Traballos navideños de floristería
Enviado por jcarlosgb o Xov, 14/12/2023 - 20:00
O noso alumnado de 2º FPB traballou arreo na elaboración de varias decoracións e adornos navideños que logo usaron para montar unha exposición. Quedaron e quedamos satisfeitos por todo o aprendido, que seguro será de proveito nun futuro próximo. |
||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »