Xornadas de Orientación e Talento

Hoxe organizamos no noso pavillón a segunda edición das Xornadas de Orientación e Talento, que serviron de escaparate para a nosa oferta formativa e máis a dos seguintes centros da nosa contorna:

IES PERDOURO
CIFP PORTA DA AUGA
IES MARQUÉS DE SARGADELOS
IES FOZ
IES MONTE CASTELO
IES ENRIQUE MURUAIS
IES LOIS PEÑA NOVO

A actividade, eminentemente práctica e funcional, estivo dirixida a 4º ESO e Bacharelato, pero todos os demais grupos tamén puideron achegarse no recreo a coñecela.

Agardamos que fose de proveito para todas e todos.

 

Participación en FP Innova 24

O noso centro participa na Feira de FP Innova 2024 coa nosa miniempresa Biomondo Benestar Vexetal, cun proxecto de cultivo de fungos comestibles que permite realizar o ciclo completo de produción.

Este ano a feira suma a súa edición, converténdose nun referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender.

Tamén hoxe o alumnado de 4º ESO aproveitará para ver toda a exposición, situada na Cidade da Cultura, e visitar outros puntos singulares da cidade de Santiago de Compostela.

Os alumnos de primeiro gañan o premio Otero Pedrayo para estudantes de ESO

Fundación Ramón Otero Pedrayo

 

 Entrega dos galardóns Otero Pedrayo. Foto. Xesús Fariñas publicada en Premio aos escolares de Ourense na honra de Otero Pedrayo (laregion.es)

 

Un videoxogo realizado con scratch polo alumnado de 1º de ESO do IES San Rosendo de Mondoñedo titulado “Galeguízate con Otero” resultou gañador do premio Otero Pedrayo para estudantes de ESO e Bacharelato 2023/2024, na categoría de ESO. O xurado destacou o “excelente traballo coas novas tecnoloxías para difundir a vida e obra de Otero Pedrayo e animar á población a coñecer a Casa Grande de Cima de Vila”. O premio foi entregado o mércores 10 de abril de 2024 na Casa Grande de Cima de Vila, en Trasalba.

Fundación Ramón Otero Pedrayo

Sementando a memoria de Otero Pedrayo nas novas xeracións (lavozdegalicia.es)

  

 

 

CAFETERÍA DO CENTRO

Informamos da publicación na Plataforma de Contratos de Galicia e no SILEX (ferramenta electrónica), a licitación de cafeterías de 33 centros educativos da provincia de Lugo, entre eles o noso, para os cursos 2024/2025-2025/2026 e posible prórroga 2026/2027-2027/2028.

Consulta da licitación en SILEX:

Referencia:   LU 1/2024 CSCAFETERIASCP

Lote: 18

O prazo de presentación de ofertas remata o día 30 de abril de 2024.

 

Día da Artesanía

Hoxe celebramos os Días Europeos da Artesanía con talleres de alfarería, fiado e estampación.

Ao longo de toda a xornada, o alumnado do centro puido coñecer o traballo e os proxectos desta representación da artesanía de Mondoñedo, que tivo a ben trasladarse por un día ás nosas aulas: Esquina Atlántica, Miratú Artesanías e Estudio Estampa.

Moitas grazas a todos pola vosa visita!

 

Bolsas MEC 2024-25

OPERACIÓN KILO 2024

                                                                                                                                               

Resultado de imaxes para Banco de alimentosOPERACIÓN KILO 2024   (Recollida de alimentos)

 

Coma todos os anos desde o Departamento de Relixión estamos a xuntar produtos non perecederos para donar ao Banco de alimentos de A Mariña (botes de legumes, latas de conservas, material de hixiene, galletas, leite,..). A caixa está na entrada do Instituto.

Recollemos os alimentos ata o 15 de abril.

Confiamos na vosa xenerosidade e superar os 30 quilos do ano pasado.

Grazas a todxs!!!.

 

 

Un pouco fai moito, colabora!!!!!!!

 

Distribuir contido