Mondoñedo é Poesía cos alumnos e alumnas do IES San Rosendo

 

O programa Proxecto Neo adica o seu programa 227 ao encontro Mondoñedo é Poesía. Inicialmente, entrevista a Xulio Rodríguez Leiras, que fixo de cronista do encontro e que nos leva da man polas rúas e prazas mindonienses e nos presenta as actividades realizadas en cada unha das paradas. Na parte central do programa conversa con tres poetas que son ou foron alumnos e alumnas do IES San Rosendo: Chema Merino, Iria Rivas e Carmen PavónCoas palabras de Antonio Reigosa, Cronista Oficial de Mondoñedo, despídese esta entrega de Proxecto Neo.

 

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde en Radio Burela.