Probas libres para a obtención de títulos de FP

 

Información e documentos de probas libres. Curso 2016-2017: http://www.edu.xunta.es/fp/informacion-documentos-probas-libres-2017

O calendario do proceso de admisión ás probas libres, o modelo de solicitude de inscrición, o modelo de certificado de actividades na empresa, a oferta de prazas por provincia e concello e a orde reguladora xúntanse en arquivos anexos.

 

- Calendario do proceso de admisión ás probas libres

- Impreso de solicitude de inscrición (Anexo I)

- Impreso para a certificación da experiencia laboral (Anexo II)

- Oferta de prazas por provincia e concello 

- ORDE do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

  

Este ano por primeira vez as modificacións introducidas na LOMCE afectan aos accesos para presentarse ás probas libres para a obtención de títulos de ciclos formativos de formación profesional de títulos LOE.

A orde do 5 de abril de 2013 pola que se regulan estas probas libres non recolle estas novas circunstancias polo que é necesario ter en conta:

  • As persoas que se inscriben deben utilizar o anexo I da orde do 5 de abril de 2013 como modelo de inscrición para ás probas e o anexo II para a xustificación de actividades desenvolvidas na empresa.
  • As solicitudes recibidas cargaranse, como ven sendo habitual, na aplicación “ciclosadmision” na pestana 5.1 “Alta de solicitudes ordinarias”.

  • Cando unha persoa alegue un dos novos requisitos de acceso a ciclos formativos recoñecidos na LOMCE para o acceso a ciclos superiores (BUP, ou título de grao medio de formación profesional) ou para grao medio (título de FP básica) deberá marcar no modelo de inscrición (anexo I) “Outros estudos declarados equivalentes” e indicar no espazo dispoñible o requisito polo que accede.
  • A resolución do 4 de agosto de 2016* no punto décimo sétimo, aclara o artigo 6.1 b) da orde do 5 de abril de 2013, indicando que de quedar prazas vacantes poderán matricularse (en prazas liberadas do 23 ao 31 de maio) nestas probas aquelas persoas que estean matriculadas polo réxime de persoas adultas para a superación dun máximo de tres módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre e cando non estean matriculadas neles no mesmo curso de realización da proba.