O IES San Rosendo recibe a Placa de Honra da Orde Civil de Alfonso X O Sabio

A directora do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, María José Cuesta, acompañada de varios profesores e persoal do centro, recolleu o pasado 5 de abril en Madrid das mans do Ministro de Educación Íñigo Méndez de Vigo, no Auditorio Nacional de Música, a placa de honra concedida pola Orde Civil de Alfonso X O Sabio ao centro, en recoñecemento dos méritos contraídos durante a súa longa traxectoria no mundo da educación.

Entrega de la Condecoración de la Orden Civil de Alfonso X El Sabio en Madrid.