Eleccións ao Consello Escolar

 

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS AO

CONSELLO ESCOLAR

 

Resolución do 26 de setembro de 2016

Este mes de novembro haberá eleccións ao consello escolar, ditas eleccións afectan a todos os estamentos: profesorado, nais, pais, persoal non docente e alumnado.

Recordamos a importancia que ten este Organo de Goberno e as súas competencias á hora de tomar decisións que afectan ao centro polo que deben estar cubertas todas as prazas. O Consello Escolar dun centro de ensino é o corazón que regula o seu funcionamento e representa a toda a comunidade educativa: ao equipo directivo, ao profesorado, aos pais e nais, ao alumnado, ao persoal administrativo e de servizos e ao Concello. Todos teñen voz e a poden facer escoitar. Dito doutra forma, o Consello Escolar é un dos protagonistas da vida na escola.

A presentación de candidaturas deberá facerse nas oficinas do centro donde os censos electorais estarán expostos para a súa comprobación.

Número de prazas a cubrir:

Pais/nais:    2

Alumnado:   2

Profesorado:  6

Persoal non docente: 1

 

 CALENDARIO DO PROCESO ELECTORAL 

Tendo en conta o Decreto 92/1988, do 28 de abril modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril e a resolución do 26 de setembro de 2016 (DOG do 4 de outubro) pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros do Consello Escolar:

 

DATAS

 

 

ACTUACIÓNS

27 outubro

(xoves)

  • Publicación no taboleiro de anuncios do Centro da data e hora no que se procederá ao sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral. (Artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1994; DOG do 9 de agosto)
  • Envío de circular aos pais e nais anunciando dito sorteo.

28 outubro

(venres)

  • Sorteo público, ás 12'25 horas, para a designación dos membros da Xunta Electoral (Titulares e Suplentes).
  • Segundo o resultado anterior, envío de citacións para a constitución da Xunta Electoral

4 novembro

(venres)

Primeira reunión da Xunta Electoral:

  • Acto da súa constitución
  • Aprobación do calendario de actuacións
  • Publicación nos taboleiros de anuncios:

             a) Das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos.

             b) Dos correspondentes censos electorais.

  • Escrito ao Concello e a ANPA solicitando a designación dos seus representantes.

Do 4 ao 11 novembro

  • Prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores na Secretaría do Centro.

8 novembro 

(martes)

  • Envío de convocatoria para a celebración da segunda reunión da Xunta Electoral
  • Envío de convocatoria de Claustro informativo para o día 16 (Art. 35 do Decreto 92/1988)

14 novembro

(luns)

Segunda reunión da Xunta Electoral:

  • Admisión, proclamación e publicación de candidaturas.
  • Aprobación dos censos electorais e de modelo de papeletas, sobres...
  • Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais. 

15 novembro

(martes)

  • Comezo das distintas campañas electorais.
  • Envío de:
    • Convocatoria de Claustro extraordinario a celebrar o día 25.
    •  Citacións para a constitución das distintas mesas electorais.
    • Convocatoria para a terceira e última reunión da Xunta Electoral

16 novembro

(mércores)

  • Reunión de Claustro de Profesores (lectura de normas, relación de candidaturas, acordo de convocatoria de Claustro extraordinario para o día 25)

 

23 novembro

(mércores)

  • Alumnado: de 12 a 12:30 horas (recreo)
  • Pais, nais e titores legais: de 12:00 a 14:45 horas
  • Persoal de Servizos Xerais: de 12:30 a 13:00 horas

25 novembro 

(venres)

  • Reunión de Claustro de Profesores VOTACIÓNS

28 novembro

(luns)

 Terceira e última reunión da Xunta Electoral:

  • Proclamación e publicación de candidatos electos.
  • Traslado  das actas das mesas electorais ao titular da delegación provincial.

Envío de convocatoria de reunión para a constitución do novo Consello Escolar.  (Artigo 52 do Decreto 92/1988, DOG do 29 de abril)

7 decembro

(mércores)

Celebración de reunión do novo Consello Escolar:

  • Constitución do Consello..
  • Designación dos membros que van a constituír a Comisión Económica.
  • Constitución do Observatorio da Convivencia Escolar.

Antes do 20 de decembro

Envío ao xefe territorial do formulario que se publica como anexo I e anexo II á Resolución do 26 de setembro de 2016 (DOG do 4 de outubro de 2016).