O IES San Rosendo foi distinguido cunha das condecoracións da Orde Civil de Alfonso X El Sabio

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou as condecoracións da Orde Civil de Alfonso X El Sabio concedidas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e que recoñeceron o IES San Rosendo de Mondoñedo (Lugo), cunha Placa de Honra.

A Orde Civil de Alfonso X El Sabio premia ás persoas físicas e xurídicas e ás Entidades, que se distinguiran polos méritos contraídos nos campos da educación, a ciencia, a cultura, a docencia e a investigación ou que prestaran servizos destacados en calquera deles, tanto en España como no estranxeiro. Estas condecoracións son Encomendas con placa, Encomendas, Cruces e Placas de Honra, e foron concedidas polo ministro de Educación, Cultura e Deporte, Íñigo Méndez de Vigo, con motivo da Festa Nacional do 12 de Outubro.