Mellores expedientes do 2016

http://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2016/07/expdietns-sanrose.jpg

 Dúas alumnas do IES San Rosendo de Mondoñedo obtiveron máis de 9 na nota media entre o bacharelato e a fase xeral das probas de acceso á universidade (PAAU). Foron Laura Fraga Gómez e Ana Losada Lombardía, que participaron na entrega de premios da USC aos mellores expedientes. O acto contou coa intervención de María José Cuesta Fernández, directora do IES San Rosendo de Mondoñedo, en representación dos centros de Ensino Medio.

A nova en Cronica 3.com

 

Acto de entrega dos mellores expedientes 2016. Intervención da directora do Instituto de Educación Secundaria San Rosendo de Mondoñedo María José Cuesta Fernández en representación dos centros de Ensino Medio. Comeza falando da súa profesión e vocación, do orgullo de estar aquí falando a todos os alumnos de Galicia. Fala da crise de valores e do reto destas novas xeracións para arranxar a realidade actual.

Entrega dos diplomas aos mellores expedientes: http://tv.usc.es/mmobj/index/id/3143