O IES San Rosendo colabora na elaboración dunha unidade didáctica sobre as Covas do Rei Cintolo

Nova e foto de La Voz de Galicia. A Mariña

Concello de Mondoñedo, IES San Rosendo e Diputación Provincial de Lugo xuntaron os seus esforzos para a elaboración dunha unidade didáctica na que tratan da ubicación, dimensións e características xeolóxicas da cova, do tipo de formacións que pode atoparse dentro, da fauna que habita no seu interior, das especies vexetais que crecen no seu entorno e dos restos arqueolóxicos atopados na cavidade. O obxectivo, promocionar as visitas a un enclave único e incluilas como unha actividade extraescolar de alto interés académico.

Neste traballo colaboraron os profesores do instituto mindoniense María del Carmen Cerviño Gómez, Óscar Engroba Sal e Xosé Ramón Pavón López; as áreas de Cultura e Turismo e Medio Ambente de Mondoñedo e o arqueólogo municipal Abel Vigo, así como Vicepresidencia da Diputación.