Axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2014/15

 

  AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2014/15

1º, 2º, 3º e 4º ESO

 (DOG Nº 102 venres, 30 de maio de 2014)

 
 
 
INFORMACIÓN:
 
   Principais novidades da convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto – Curso escolar 2014-2015:
 
1. A finalidade das axudas é a adquisición exclusivamente de libros de texto (non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario). Non obstante, o alumnado matriculado en educación especial, así como aquel que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% poderá adquirir os libros, material didáctico e complementario que o centro docente determine en cada caso.

2.  O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2014/2015 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros). Exclúese desta obriga ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria, así como o de educación especial e aquel cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, nos casos en que o material adquirido con cargo á axuda non poida ser reutilizado.

 
   Presentarase unha solicitude por cada alumno/a matriculado, de xeito que, se un solicitante ten varios fillos/as matriculados deberá presentar unha solicitude para cada un  deles.

1.       REQUISITOS:

1.1.      RENDA PER CÁPITA FAMILIAR  DO ANO 2012 NON SUPERIOR A 9.000,00 €: a renda per cápita familiar é a renda familiar dividida entre o número de membros computables da unidade familiar (contarán por dous os membros da unidade familiar que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33%, que acrediten unha pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez ou teñan reconhecida a condición de pensionista de clases passivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo).

·                  OBTENCIÓN RENDA FAMILIAR [1]: para a súa obtención terase en conta o exercicio fiscal 2012 e a situación familiar e persoal a 31 de decembro de 2012.

Ésta será a suma das rendas de cada un dos membros computables que obteñan ingresos de calquera natureza (contarán por dous os membros da unidade familiar que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33%). Se se presentou declaración do imposto da renda do 2012, a renda será o resultado da seguinte operación:

 

casiña 455 + casiña 465 / Nº membros unidade familiar

 Se non se presenta declaración, teranse en conta os ingresos netos de todos os membros computables da familia.

UNIDADE FAMILIAR, considérase que a conforman:

  •  Pais non separados legalmente – se non existe vínculo matrimonial,  a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e deberase entregar xustificante de empadroamento/convivencia.
  •  Fillos/as menores idade, con excepción dos fillos/as emancipados.
  • Fillos/as maiores de idade con discapacidade ou incapacitados xudicialmente.
  • Fillos/as solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar.
  • Se a unidade familiar non está formada polos membros indicados nos apartados anteriores, deberá achegarse xustificante de empadroamento/convivencia.

 1.2    NON REPETIR CURSO.

2.       PRAZO PRESENTACIÓN:

2.1.      PRAZO ORDINARIO: 25 XUÑO / 28 XULLO, ambos inclusive.

2.2.      PRAZO EXTRAORDINARIO: 2 SETEMBRO / 2 OUTUBRO, ambos inclusive.

3.       DOCUMENTACIÓN [2]: presentarase orixinal e copia da seguinte documentación:

3.1.      LIBRO DE FAMILIA:

No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar a 31 de decembro de 2011  non coincide coa exposta no libro de familia, presentarase algún dos seguintes documentos:

Certificado de convivencia.

Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador.

Informe dos Servizos sociais que acredite a situación familiar.

3.2.      No caso de DISCAPACIDADE igual ou superior ao 33% dalgún membro da unidade familiar, presentarase certificado do grao de minusvalidez ou resolución emitida pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez.

3.3.      No caso de SEPARACIÓN OU DIVORCIO, ésta acreditarase mediante sentenza xudicial ou convenio regulador. No caso de separación con custodia compartida computan as rendas de ambos proxenitores.

3.4.      No caso de FALECEMENTO DALGÚN DOS PROXENITORES que convivan co alumno/a, acreditarase mediante un certificado de defunción.

4.       CONTÍA DAS AXUDAS:

4.1.      FAMILIAS MONOPARENTAIS:

RENDA PER CÁPITA FAMILIAR ATA 6.000,00 € : 180 €

RENDA PER CÁPITA FAMILIAR DENDE 6.000,01 ATA 9.000,00 €: 104 €

4.2.      RESTO DAS FAMILIAS:

RENDA PER CÁPITA FAMILIAR ATA 5.400,00 € : 180 €

RENDA PER CÁPITA FAMILIAR DENDE 5.400,01 ATA 9.000,00 €: 104 €

5.       NOVIDADES:

5.1.      se poderán adquirir LIBROS DE TEXTO, á súa libre escolla e polo importe máximo do vale; non obstante, o alumnado que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% poderá adquirir os libros, material didáctico e complementário que o centro determine en cada caso.

5.2.      Conservar en bo estado os libros de texto adquiridos con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2014/15 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un banco de libros que se constituirá no centro e que permita a súa reutilización nos seguintes cursos académicos.

 
 

[1]  A presentación da solicitude comportará a autorización ao órgano xestor para comprobar a través da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Consellería de Facenda a veracidade dos datos de carácter tributario declarados na solicitude. A tal fin deberán asinar o anexo I e indicar o seu NIF/NIE.

 

[2] Se a solicitude non está debidamente cuberta ou non achegan os documentos obrigatorios, requerirase á persoa interesada para que nun prazo de 10 días, emende as faltas ou remita os documentos preceptivos. En caso contrario, arquivarase a solicitude sen máis.

AdxuntoTamaño
IMPRESO PARA A SOLICITUDE DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO.pdf683.7 KB