A biblioteca do IES San Rosendo

O IES San Rosendo de Mondoñedo conta cunha biblioteca que permanece aberta en horario lectivo de 9.30 da mañá a 15.00 da tarde; os luns abre tamén de 16.30 a 18.10.

Todos os recursos de que dispón (libros, material de reforzo e audiovisual, xogos…) están automatizados e pódese acceder a eles a través do OPAC MEIGA e dos blogs da biblioteca.

A biblioteca pertence ao Plambe V e oferta os servizos de empréstito, acceso á rede por medio de 6 ordenadores ao dispor dos usuarios, consulta en sala e asesoramento á comunidade educativa. Ademais coordina o club de lectura e organiza a hora de ler. 

 

Click to play this Smilebox slideshow
 Elaborado pola profesora Ana Rodríguez Ramos