O IES San Rosendo gañou un dos premios dos Polos Creativos da Xunta

O IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, gañou na categoría de Secundaria na provincia de Lugo o Premio ao Mellor recurso de comunicación cultural/social, con un traballo feito polo alumnado de 1º da ESO. Este traballo pon en valor a cultura tradicional e a comunicación interxeracional coa recreación de xogos tradicionais empregando material de refugallo.