Probas de acreditación oficial en lingua inglesa

O mércores inícianse as probas para acreditación en lingua inglesa según convocatoria da Xunta que financia a certificación en lingua estranxeira de alumnado de 4º ESO e Bacharelato. O noso centro foi beneficiario destas axudas nos niveis de 4º ESO, PluriBach e 2º BAC.

As probas dos niveis B1, B2 e C1 nos que participa o noso alumnado terán dúas partes: o mércores o alumnado examinarase de Reading e Writing e os días 8 e 9 de febreiro terán lugar as probas de Speaking e Listening. 

O alumnado que as supere obterá un certificado oficial do correspondente nivel polo Trinity College de Londres. Estes certificados teñen recoñecemento internacional e non caducan.