Falso positivo por COVID no centro.

Detectado un positivo por Covid nun dos alumnos do IES San Rosendo activouse o protocolo. Avisouse ao alumnado contacto directo e, sabiamente, outros optaron por autoconfinarse ao ter tido algún contacto co positivo.

Na segunda PCR feita, o resultado foi negativo. Tras ser realizada unha terceira proba PCR volveu a confirmarse o negativo do alumno e de toda a súa familia. Como consecuencia, confirmouse tamén  o desconfinamento de todo o alumnado que permanecía en corentena nos seus fogares por recomendación sanitaria.

Compartimos esta boa nova e insistimos na necesidade de que toda a comunidade educativa extreme as precaucións en todo momento e manteña o respeto ás normas de autoprotección.