Tendal das letras 2019
Unha primavera máis de poesía,
outro Tendal.
Polas Quendas, Mondoñedo é poesía.
E a nós fainos felices formar parte da marabillosa aventura de encher a cidade de palabras lúcidas, doces, doentes, asombrosas.
Somos a voz que vén vindo e que ten moito que contar...
A obra de artistas de por acó inspirou os textos que colgamos no Tendal das Letras deste ano e que aínda se poden ver
no Auditorio Municipal Pascual Veiga.