O proxecto dos alumnos de Bioloxía "O da la miuda", sobre o lobo no Xistral, participará no Galiciencia 2019

«O da lá miúda», un proxecto do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo de seguimento do lobo seleccionado para participar na feira científica Galiciencia, que se celebrará no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense, do 8 ao 10 de maio.

«Participan nel uns 15 alumnos de varios cursos, desde terceiro da ESO a segundo de Bacharelato», indica o profesor de Bioloxía Óscar Chao Penabad, que coordina a iniciativa.

Para localizar os animais utilizan distintos métodos: desde rastrexo de feces, rascaduras, pegadas ou pelos en sendeiros e camiños, a restos de depredacións. Todos os achádegos se xeolocalizan nun mapa. Ademais, con autorización da Consellería de Medio Ambiente, o grupo ten instaladas oito cámaras con sensor de movemento en Mondoñedo, Alfoz e Abadín. Por agora xa localizaron varias manadas, aínda que dar co lobo non é sinxelo.

https://i.avoz.es/sc/robKNkKZD5ld65WkwERjy-a54No=/600x/2019/04/23/001215... 600w, https://i.avoz.es/sc/ZdxGsHESJDL14AWnImnIo96Aowo=/900x/2019/04/23/001215... 900w" width="414" height="211">