I Feira de Educación, Formación e Emprego

O noso centro participa nesta primeira edición da Feira de Educación, Formación e Emprego, organizada pola organizada pola Dirección Xeral de FP da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Fundación de Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, e ten como obxectivo proporcionar asesoramento e información ao alumnado e familias para a toma de decisións sobre o seu futuro.

A feira é unha oportunidade para que as familias acudan, cos seus fillos e fillas, a coñecer ás posibilidades da educación, formación e emprego que existen na provincia de Lugo, pois poderán ver, entre outros, a oferta formativa de FP de 15 centros da provincia.

Ademais, o xoves pola tarde, tamén haberá charlas cada 30 minutos sobre distintas temáticas: orientación, ciberseguridade, adicción a videoxogos, acoso, ciberacoso e formación no exército; e a tarde do venres, de orientación e de formación no exército.

Días: xoves 23 e venres 24 de maio.
Horas: mañás de 9:30 a 14:30, tardes de 16:30 a 20:30.
Lugar: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Graduación 2024

 

Os alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato tiveron o súa graduación o pasado 15 de maio.

Xornadas de Orientación e Talento

Hoxe organizamos no noso pavillón a segunda edición das Xornadas de Orientación e Talento, que serviron de escaparate para a nosa oferta formativa e máis a dos seguintes centros da nosa contorna:

IES PERDOURO
CIFP PORTA DA AUGA
IES MARQUÉS DE SARGADELOS
IES FOZ
IES MONTE CASTELO
IES ENRIQUE MURUAIS
IES LOIS PEÑA NOVO

A actividade, eminentemente práctica e funcional, estivo dirixida a 4º ESO e Bacharelato, pero todos os demais grupos tamén puideron achegarse no recreo a coñecela.

Agardamos que fose de proveito para todas e todos.

 

Participación en FP Innova 24

O noso centro participa na Feira de FP Innova 2024 coa nosa miniempresa Biomondo Benestar Vexetal, cun proxecto de cultivo de fungos comestibles que permite realizar o ciclo completo de produción.

Este ano a feira suma a súa edición, converténdose nun referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender.

Tamén hoxe o alumnado de 4º ESO aproveitará para ver toda a exposición, situada na Cidade da Cultura, e visitar outros puntos singulares da cidade de Santiago de Compostela.

Os alumnos de primeiro gañan o premio Otero Pedrayo para estudantes de ESO

Fundación Ramón Otero Pedrayo

 

 Entrega dos galardóns Otero Pedrayo. Foto. Xesús Fariñas publicada en Premio aos escolares de Ourense na honra de Otero Pedrayo (laregion.es)

 

Un videoxogo realizado con scratch polo alumnado de 1º de ESO do IES San Rosendo de Mondoñedo titulado “Galeguízate con Otero” resultou gañador do premio Otero Pedrayo para estudantes de ESO e Bacharelato 2023/2024, na categoría de ESO. O xurado destacou o “excelente traballo coas novas tecnoloxías para difundir a vida e obra de Otero Pedrayo e animar á población a coñecer a Casa Grande de Cima de Vila”. O premio foi entregado o mércores 10 de abril de 2024 na Casa Grande de Cima de Vila, en Trasalba.

Fundación Ramón Otero Pedrayo

Sementando a memoria de Otero Pedrayo nas novas xeracións (lavozdegalicia.es)

  

 

 

Distribuir contido