Curso 2019/20

PROBAS ABAU 2020 - MODELOS DE EXAMES

A CIUG ven de facer público os modelos de exame de probas ABAU para o presente ano.  Pódense consultar no seguinte enlace:

https://ciug.gal/gal/abau/modelos

   

PROBAS ABAU 2020 - MODELOS DE EXAME

A CIUG ven de facer público os modelos de exame de probas ABAU para o presente ano.  Pódense consultar no seguinte enlace:

https://ciug.gal/gal/abau/modelos

   
 

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR

IMPORTANTE: AXUDAS COMEDOR ESCOLAR

As familias con fillos/as que dispoñen de servizo de comedor gratuíto ou que pagan 1€, teñen dereito a axudas económicas para este período de crise, financiadas pola Xunta de Galicia.

PRAZO de solicitude, do 31 de marzo ao 6 de abril, ambos incluídos.

Instrucións aquí

Dous equipos de 1º de Bacharelato na final nacional do “Young Business Talents”

Durante o presente curso escolar 2019/2020, alumnado de Bacharelato do IES Río Cabe estivo participando no concurso educativo “Young Business Talents” (https://www.youngbusinesstalents.com/)

 

Trátase dunha simulación empresarial na que participaron 11.166 estudantes de 447 centros educativos de toda España e unicamente os 100 mellores equipos lograron acceder á final, que se celebrará o día 27 de marzo de 2020. Á provincia de Lugo correspóndenlle 2 equipos na final nacional e os dous serán do IES Río Cabe de Monforte de Lemos:

 

TRIPRRIMOS: Formado polos alumnos Iván Aira Morillo, Alejandro da Silva Rodríguez e Álvaro Elcoso Rodríguez.

 

BULLANDBEAR: Formado polos alumnos Luis Buitrón Amaro, Iván Castro Álvarez, Breixo Fernández Le Yondre e Antón Ramos González.

 

Cada equipo de alumnado ten que facerse cargo dunha empresa virtual que se dedica á fabricación e venda de produtos lácteos, competindo nun mercado ficticio contra outras 4 empresas rivais. Deben tomar decisións como: número de unidades producidas de cada produto, prezos de venda, publicidade, recursos humanos, solicitude de préstamos, inversións financeiras, marxe de beneficio, etc…

 

A competición divídese en diferentes fases, cambiando os escenarios e as empresas contra as que compiten, resultando gañador o equipo que consigue un maior beneficio ao remate de cada unha das fases. Na final nacional repartiranse mais de 14.000 euros en premios entre os mellores equipos e para o IES Río Cabe xa é un gran logro ter acadado as 2 prazas que corresponden á provincia de Lugo nesta final nacional.

 

Grazas ao esforzo e dedicación do alumnado, este curso escolar acadaron resultados fantásticos e 7 dos 10 primeiros equipos clasificados da provincia de Lugo foron do IES Río Cabe.

Charla de Jose Durán

O próximo luns, 9 de marzo ás 19:30 h terá lugar na biblioteca do noso centro unha charla por parte de Jose Durán, actual  entrenador do equipo de fútbol Polvorín e ex-entrenador do C.D. Lugo.

  A charla, aberta ao público en xeral, tratará sobre a "Planificación táctica  dun  equipo de fútbol" e está organizada polo Departamento de Educación Física do instituto.

Xornadas de Portas Abertas

Durante o presente mes levaremos a cabo unhas xornadas de portas abertas para que as familias que o desexen poidan coñecer o centro. Estas xornadas serán os luns 9 e 16 de marzo ás 17:30h e os venres 6 e  17 ás 18:00h.  Recoméndase chamar con antelación.

 

Aviso importante sobre o Intercambio a Francia

Comunicámoslles que o Ministerio de Educación francés anulou temporalmente as viaxes escolares a países estranxeiros polo que o intercambio con Francia queda suspendido polo de agora. 

Proximamente convocaremos ás familias a unha reunión informativa.

 

Axudas para a formación en linguas estranxeiras no ano 2020

No DOG do día 26 de febreiro publicase a Orde do 10 de febreiro de 2020, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 27 de febreiro e remata o día 26 de marzo.

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atópase na seguinte páxina web:

http://www.edu.xunta.es/axudasle 

Probas de Acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte 2020

Convocatoria das Probas de Aptitude Física para o acceso aos estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física para o curso académico 2020-2021 na Universidade de Vigo e A Coruña:

Convocadas probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e superior - 2020

O venres 7 de febreiro publicouse a Orde do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020.

Prazo de inscrición nas probas de acceso:

  • Ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 2 ao 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.
  • Ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 10 ao 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos.

Pódese obter máis información ou exames de convocatorias anteriores na seguinte páxina web:

Distribuir contido