try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Secretaría

CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA DO IES RIBEIRA DO LOURO PARA O CURSO 2016/2017

As propostas presentaranse no rexistro do IES Ribeira do Louro nun prazo non superior a 15 días naturais dende a publicación no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro, sendo o día 20 de xuño de 2016

 

Data finalización: 8 de xullo de 2016

 

Ver arquivo anexo

PROBAS LIBRES ESO MAIORES DE 18 ANOS

Os exames da 1ª convocatoria da proba libre da ESO para maiores de 18 anos terán lugar o vindeiro venres, 27 de maio de 2016, nas instalacións do IES RIBEIRA DO LOURO (Ribeira, s/n, Torneiros, O Porriño).

 

O chamamento comezará ás 8:30 horas.

LISTAXES PROVISIONAIS ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2016/2017

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido  para o curso escolar 2016/2017 no IES Ribeira do Louro.

Admisión para:

 

PROBAS DE ACCESO A CS: PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS E CENTROS

O 11 de abril publicouse as listaxes definitivas de inscriciónsexencións, proba adaptada e dos centros públicos onde se realizarán as probas cos centros de adscripción que teñen adscritos.

Mais información: Aquí

 

 

ABERTO O PRAZO PARA A INSCRICIÓN ÁS PROBAS DE ACCESO A CICLO MEDIO

Está aberto o prazo para inscrición ás probas de acceso a ciclos medios dende o 04 ata o 15 de abril de 2016.

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAS PROBAS ACCESO A CICLO SUPERIOR

Publicacións das listaxes provisionais da proba de acceso a ciclos superiores de formación profesional.

Prazo de reclamación: 15 - 17 de marzo

Mais información aquí

Convocatoria probas libres ESO para maiores de 18 anos 2016

Hoxe abrese o prazo de matrícula para presentarse ás probas libres da ESO para maiores de 18 anos.

Prazo de matrícula: 07/03/2016 ata 18/03/2016

Mais información aquí

ABERTO O PRAZO PARA A INSCRICIÓN ÁS PROBAS DE ACCESO A CICLO SUPERIOR

Dende o 15 ao 26 de febreiro de 2016, ás 13 horas, está aberto o prazo para inscribirse nas probas de acceso ao ciclo superior de formación profesional para o ano 2016.

Mais información aquí

PROCEDEMENTO ADMISIÓN E RESERVA CURSO 2016/2017

NOTA INFORMATIVA:

 

GARANTÍA DE PERMANENCIA NO CENTRO DOCENTE:

 

  • O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel nos termos establecidos no artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.
  • Sen prexuízo da garantía de permanencia, nais, pais ou representantes legais do alumnado poderán presentar solicitude de admisión noutro centro educativo na forma e dentro do prazo establecidos na orde do 12 de marzo de 2013, da CCEOU, e, ao mesmo tempo, deberán remitir ao centro de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo centro.

     

    PROCEDEMENTO ORDINARIO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

 

  • PRAZO: 1 ao 20 de marzo (Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte)

  • Cada alumna/o só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia a reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

LISTAXE PROVISIONAL DE APROBADOS NAS PROBAS LIBRES ESA

Publicación das listas provisionais de aprobados nas probas libres para a obtención do título da ESO, realizadas no centro o pasado 9 de setembro de 2015.

 

Prazo de reclamacións: 5 días hábiles 

 

Distribuir contido