try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Música

Día Internacional do Pobo Xitano

22/05/2018 19:16
Europe/Madrid

O pasado día 9 de abril celebramos no noso centro o Día Internacional do Pobo Xitano. Para conmemorar este evento o alumnado xitano do instituto representaron diferentes propostas artísticas: poemas dramatizados, recitados e actuacións musicais. 

Aquí tedes unha mostra das fotos tomadas nesta celebración. 

 

Preme aquí para acceder ao álbum. 

Este é o video que gravamos os días previos para mostrar durante a celebración. Parabéns a todos os protagonistas polo seu esforzo e pola súa arte!

 

Concerto didáctico "As Lollipops"

O pasado día 24 de xaneiro de 2018, os alumnos de 4ºESO e 1º Bacharelato, fixemos unha saída a Santiago de Compostela para asistir a un concerto didáctico chamado “As Lollipops”.

Collemos o autobús a primeira hora e cando chegamos a Santiago paramos no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA). Neste museo móstranse aulas de diferentes época da nosa recente historia, dende a República ata os anos 80. Deste xeito, podeimos aprezar as grandes diferencias no mobiliario, materiais escolares, xogos, etc. coas nosas aulas actuáis.

De seguido, nos desprazamos ao Auditorio de Galicia para asistir ao concerto de “As Lollipops”. Lollipop (piruleta en inglés) é unha famosa canción do grupo vocal americano dos anos 50 chamado “The chordettes”. Neste caso era un grupo de tres cantantes galegas que cantaban a tres voces (soprano, mezzosoprano e contralto) e acompañadas por un pianista que facía ás veces de presentador do espectáculo.  Antes de cantar, dramatizaban con algo de humor o que ían interpretar, explicando conceptos como “a capella”, os estilos “doo wop”, “blues” e “gospel”.

O concerto acabou cunha multitudinaria interpretación a dúas voces por parte de todo o auditorio (uns 600 alumnos e alumnas de toda Galicia) do coñecidísimo spiritual “Oh, happy day!”

Por alumnado de 4ºESO

Visita ao "Pergamiño Vindel"

O pasado 2 de marzo alumnado do noso centro visitou o "Pergamiño Vindel", onde se conservan as sete cantigas de amigo que Martín Codax escribiu a finais do século XIII. Esta xoia da literatura medieval galego-portuguesa mostrouse ata o 4 de marzo de 2018 no Museo do Mar en Vigo.

Pergameo Vindel

Preme sobre a foto para ver o álbum

Logo da visita ao museo, e desafiando o mal tempo climatolóxico, fixemos unha excursión en barco á illa de San Simón. Esta illa é un lugar emblemático da ría de Vigo, referente para poetas medievais e testigo dunha intensa historia: foi mosteiro, lazareto, cárcere e fogar para nenos orfos.

Como homenaxe aos artistas que se inspiraron na nosa ría recitamos cantigas medievais e cantamos a cantiga V do pergamiño.  Así mesmo, lemos un fragmento do "Lapis do carpinteiro" como lembranza do terrible pasado da illa.

 

 Podes descargar o noso arranxo dende aquí

Musiqueando 2017

O pasado 27 de abril celebramos o Musiqueando 2017. Na praza do Cristo do Porriño xuntámonos 120 alumnos e alumnas do IES Pino Manso, CPI Ribeira e IES Ribeira do Louro para mostrar as nosas habilidades musicais. Para a consecución deste acto contamos coa colaboración do Concello de O Porriño e a inestimable axuda como técnico de son de Fernando, conserxe no IES Pino Manso.

Musiqueando

Preme aquí para acceder ao álbum de fotos.

Distribuir contido