Skip to Content

Teatro

Monólogo de Hamlet, Príncipe de Dinamarca (de Shakespeare). Retrincos Teatrais 2021

TEATRO FILMADO: MONÓLOGO DE HAMLET, DE SHAKESPEARE

Retrincos teatrais 2021 para o 23 de abril - Día do Libro

Monólogo de Shylock

Interpretado polo alumno Nicolás Freiría Casal (1ºESO-A). Alegato antirracista incluído na obra O mercador de Venecia, de W. Shakespeare.

 

O moucho aburrido

Monólogo da alumna Miriam Vila Fernández (2º BACH.-B). Trátase dunha creación de Paula Carballeira na que se narra un fermoso conto de animais.


 

Contos para a hora da cama

Monólogo do alumno Samuel Barros Ferreira (2ºBACH.-B), a partir dunha creación de Quico Cadaval, na que se fai unha divertida e enxeñosa aproximación crítica ao conto tradicional.


 

Decameron, historias para tempos ruíns

Monólogo do alumno Antonio García Torres (2º BACH.-A). É unha adaptación teatral de Cándido Pazó da obra narrativa de Giovanni Boccaccio, xurdida esta nun contexto tamén de pandemia (o da peste bubónica medieval).

 

Monólogos teatrais para o Día Internacional da Muller

Aí van 10 monólogos teatrais nos que as nosas estudantes asumen o papel dalgunhas mulleres sobranceiras da historia:

 






 

 

 

Preséntase ‘A cámara escura’ gañadora do III Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño

O venres 12 de febreiro de 2021 presentouse nunha rolda de prensa no Salón de Plenos do Concello do Porriño Porriño o libro gañador da terceira edición do premio de teatro Roberto Vidal Bolaño 2020 e que recibiu José Luis Baños de Cos pola súa obra  HYPERLINK "https://editorialgalaxia.gal/produto/a-camara-escura/" A cámara escura. 

O gañador, estivo acompañado por Lourdes Moure, concelleira de Educación, Juana Muñoz, directora do IES Ribeira de Louro, a dramaturga Raquel Castro, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, representado ás tres entidades convocantes dos premios. No transcurso da conferencia o autor  deu a coñecer que no terceiro trimestre se achegará ao Ribera do Louro para levar a cabo unha lectura dramatizada da obra que acaba de saír do prelo.

Unha historia acaroada ás vivencias da adolescencia actual

José Luis Baños de Cos preséntanos nesta peza un texto actual ao que se lle pode sentir o pulso da escena con diálogos áxiles a través dun rexistro de lingua próximo á mocidade. Porén, non faltan en A cámara escura referencias ao teatro clásico, como a figura do coro, transformado en grupo de WhatsApp, personaxe colectivo que revolve conciencias e nos deixa ao descuberto ante a sociedade.

 

A protagonista, Alicia, comparte unha foto súa co seu crush. Con dezaseis anos hai moitos motivos que te obrigan a “compartir”. A presión social pode ser moi forte. Hai que ser aceptada polo grupo. Tal como Alicia no país das marabillas, esta Alicia, entra no tobo do coello e xa non hai escapatoria. E  Alicia entra no móbil, no grupo e xa deixa de ser ela, xa é de todos, dese coro que se cre co dereito de xulgarte.

 

Dramaturxia galega inzada de recoñecementos

José Luís Baños de Cos, aínda que é natural de Jerez de la Frontera, fala un galego fluído. Fálao e temén o escribe. Mostra diso son os xa varios premios que acadou na nosa lingua ata o de hoxe. Leva anos dedicándose ao teatro. Proba diso son premios anteriores como o I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle convocado pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, coa obra O círculo en 2018, ou o Premio Abrente de Textos Teatrais, convocado pola MIT Ribadavia coa peza Asfixia en 2019.

José Luís é Licenciado en Dereito e Antropoloxía social e quizais foron estes últimos estudos os que o levaron a estudar tamén, teatro social e comunitario en Honduras e Perú e foi xa en Galicia onde comeza a traballar como dramaturgo escribindo a ópera prima da compañía Ó Cubo Teatro, O faiado. Actualmente combina a docencia teatral en Compostela coa escrita dramática.

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut