Skip to Content

Día de Rosalía de Castro

Un ano máis o IES Ribeira do Louro homenaxea a Rosalía de Castro no seu día, o 24 de febreiro. Xa era tradición en anos anteriores celebrar a “Ruada Rosaliana”: un grupo de alumnos e alumnas, de todos os cursos, saían cantar os poemas rosalianos pola contorna a ritmo de alalá, valse, muiñeira, xota ou rap. Visitabamos o Centro de día, ACEESCA, o CPI Ribeira e mesmo cantabamos no Froiz, mentres a xente facía a compra, mais este ano, por razóns por todos e todas coñecidas, non puidemos facer esta andaina musical e decidimos gravar uns vídeos coas imaxes de anos anteriores e coa voz fresquiña deste ano. Ademais do Departamento de galego colaboraron coa celebración África do Departamento de música, Noa de PROA e Víctor cos alumnos e alumnas do Obradoiro de danza de 1º de ESO.

Aquí tedes os enlaces:

https://www.youtube.com/watch?v=QcaOK3qKsQg&t=11s

https://www.youtube.com/watch?v=m6oS0IJCvtg&t=5s

Fixemos, tamén, unha exposición na entrada do IES cos traballos do alumnado que foron convocados a participar baixo o lema “Un verso, unha imaxe”, onde cadaquén fixo seu un verso ou un poema de Rosalía e ilustrouno coa imaxe que lle suxería. E todos aqueles e aquelas que se achegaban a deixar os seus versos ilustrados non marchaban coas mans baleiras, porque os agasallabamos cuns versos da autora para que os fixese seus e os espallase cos demais “Rosalízate” foi a chamada que lanzamos este ano onde Rosalía, sempre con nós, fixo xa 184 anos e está máis viva ca nunca.

 

Iniciar sesión

  Biblioteca           



blog | by Dr. Radut