Skip to Content

Blogues

A orixe da Filosofía

Vellos temas, máxima actualidade

Idiota, de Jordi Casanovas -Retrincos teatrais XI (2022) - Versión curta

IDIOTA, DE JORDI CASANOVAS (TEATRO FILMADO)- RETRINCOS TEATRAIS XI (2022)

Cadernos de Teatro 2023

Un novo número da nosa revista teatral

Actividades complementarias do terceiro trimestre do curso 22-23

Este terceiro trimestre realizamos varias saídas didácticas:

1. O 11 de abril o estudantado de 3eiro da ESO da materia Proxecto Competencial visitou en Allariz dúas instalacións de agricultura ecolóxica. Unha delas a horta e proxecto vital Mima e outro, Carabuñas, que se centra no aproveitamento do sabugueiro. Foi unha experiencia moi interesante de reivindicación do agro e de dar como posibilidade esta vía como opción vital.

 

2. O 25 de abril o estudantado de 3eiro da ESO visitou Celanova. Esta é unha saída didáctica organizada en coordinación co departamento de Música. Visitamos a Casa-Museo de Curros Enríquez, o Mosteiro e catedral (órgano e tellados)... 

 

3. Ese mesmo 25 de abril, o estudantado de 1eiro de Bacharelato foi a Ourense a facer un roteiro literario que toca boa parte da historia da nosa literatura. De seguido, visitamos a Casa-Museo de Otero Pedrayo. Finalmente, pechamos a xornada en Ribadavia, espazo fundamental para a reorganización do sistema teatral galego tralo parón brutal da ditadura.

 

4. O 9 de maio o estudantado de 2º da ESO visita Santiago de Compostela. Esta visita coordínase co departamento de Xeografía e Historia. A saída transcorre na catedral e os seus tellados e cun roteiro literario pola cidade.

 

5. O 18 de maio o estudantado de 2º da ESO achégase ó Festival de Cans, un festival de cine do noso concello xa con fama mundial.

 

6. O 6 de xuño o estudantado de 1eiro da ESO visita, xunto co departamento de Xeografía e Historia, a cidade de Pontevedra. Pola mañá imos a Campo Lameiro, onde se realiza un taller de caza prehistórcia; pola tarde, realizan un roteiro pola cidade centrado na figura de Castelao e unha visita guiada polo Museo Provincial, un percorrido pola nosa cultura e literatura.

 

7. O 16 de xuño o mesmo estudantado de 1eiro da ESO  visita, en colaboración co departamento de Bioloxía, Vila Nova de Cerveira. O Aquamuseo e a cidade. un emblema da acción cultural no norte de Portugal, son o centro desta saída.

 

Ademais, tivemos numerosas actividades culturais:

1. Dende o 26 de abril comezaron as representacións do Grupo de Teatro do noso centro coordinado polo profesor do noso departamento Delio. A obra é Xente idiota, un novo éxito deste grupo.

 

2. O 16 de maio o estudantado de 3eiro da ESO asise no noso centro a un recital musicado dun poeta do Porriño: Samuel Merino.

 

3. A semana das letras.

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut